martes, 21 de decembro de 2010

EXERCICIOS DE REPASO PARA O NADAL.

http://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_l%C3%A9xico_en_lingua_galega

POSTAL DE NADAL. CPR NS ESPERANZA.



Todas e todos os que formamos a Comunidade Educativa NS Esperanza
desexámosvos unhas Felices Festas e que o ano vindeiro, e os que lle seguen,
vexades cumpridas tódalas vosas esperanzas e desexos, persoais e profesionais.

BO NADAL! e FELIZ 2011!!!


                                                 

domingo, 19 de decembro de 2010

ANTÓN E O APALPADOR.

XA ESTÁ A PIQUES DE CHEGAR, CASTAÑAS VÉN DE APAÑAR!

       Vaite logo, meu meniño
        (miña meniña)
        marcha agora
        para a camiña
       Que vai vir o Apalpador
       a apalparche a barriguiña
       Xa chegou o día grande
       día do noso Señor.
       Xa chegou o día grande
       e virá o Apalpador.
       Mañá é dia de cachela,
       que haberá gran nevarada
       e há vir o Apalpador
       cunha mega de castañas.
                                                                                         Por aquela cemba
                                                                                         xa ven relumbrando
                                                                                         o señor Apalpador
                                                                                         para darvos o aguinaldo.
cachela=plancha furada para asar as castañas
mega=cesta para apañar castañas e outros froitos secos
cemba
=parte elevada dunha montaña ou camiño


CALENDARIO. CEIP ILLAS CÍES.

POSTAL DE NADAL CEIP ILLAS CÍES

venres, 17 de decembro de 2010

POSTAL DE NADAL. COLEXIO ANDERSEN.



O COLEXIO ANDERSEN CUMPRE 24 ANOS.
 PARABÉNS!

Booktráiler.

No blog de Xerais podedes ver un novo booktráiler de promoción. Trátase do booktráiler da novela Periferia de Iolanda Zúñiga (Premio Xerais de Novela 2010). 
A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez.
http://xerais.blogaliza.org/2010/12/16/«periferia«-de-iolanda-zuni

xoves, 16 de decembro de 2010

OBRAS DE TEATRO PARA REPRESENTAR NAS AULAS

CONCURSO DE SMS DE FELICITACIÓN

A iniciativa procura dinamizar o galego nun ámbito do que o noso alumnado é coñecedor e usuario, o das novas tecnoloxías, nunhas datas nas que os SMS van encher os móbiles dos mozos e mozas con felicitacións preelaboradas que saltan de aparello en aparello. Para que a lingua tamén navegue pola rede e chegue a todo o mundo a través da creación de SMS, animámosvos a que difundades, en tan só 5 minutos, entre o voso alumnado esta proposta (anexamos o cartaz da actividade). Como poden participar?
  • Trátase de recoller e difundir na páxina da coordinadora os SMS que cree o noso alumnado para felicitar o Nadal e o Aninovo.
  • Procurarase que as mensaxes SMS, ademais de seren en galego, sexan orixinais e creativas, que a innovación e o enxeño conquisten os móbiles e a rede.
  • O alumnado cumprimentará o formulario (sobrenome/nick, idade, centro educativo, localidade, provincia, e-mail e o espazo reservado para o seu SMS).
  • Na páxina disporán dun dicionario galego de SMS, ao que poderán achegar novos termos SMS co seu significado, contribuíndo así a enriquecer esta ferramenta.
  • Para dinamizar a actividade, os usuarios da páxina poderán votar as súas mensaxes preferidas ata o 2 de xaneiro. Os 3 SMS máis votados recibirán cadanseu lote de agasallos.
Agardamos que estas propostas sexan do voso interese e pedímosvos a vosa colaboración para achegar novos recursos e difundir as actividades nos vosos centros (aulas, taboleiros, blogues, redes sociais, etc.).

martes, 14 de decembro de 2010

POSTAL COLECTIVA DO CEIP SOBREIRA-VALADARES

REGUEIFÁNDOLLE E RAPEÁNDOLLE AO NADAL

Habilidade, enxeño: humor, ironía.
Controversia, quebracabezas de palabras.
Desafío, réplicas.
Ritmo, rima, construción poética...
Apúntate!!

Achégate este Nadal á improvisación oral.
Vén regueifar e rapear á Casa da Xuventude.

DATAS:
27, 28, 29 e 30 de decembro

HORARIOS:
A (de 14 a 18 anos): de 17:00 h a 18:30 h
B (a partir dos 18 anos): de 19:00 h a 20:30 h
http://snl.vigo.org e
www.xuventudevigo.org
ORGANIZAN SNL DE VIGO E CASA DA XUVENTUDE
.vigo.org e
www.xuventudevigo

luns, 13 de decembro de 2010

PRESENTACIÓN EN VIGO DO LIBRO: "EN CASTELLANO NO HAY PROBLEMA"

CONVITE.- O 15 de decembro en Vigo presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

Día: cuarta feira (mércores) 15 de decembro.

Hora: 20 h.

Lugar: Local da Mesa en Vigo (Abeleira Menéndez, 28, baixo as oficinas da Policía Local).

Participan:

  • Elsa Quintas, coordinadora da Mesa en Vigo.

  • Xosé Manuel Moo, pola editora Xerais.

  • Carlos Callón, presidente da Mesa e autor da obra.

  • venres, 10 de decembro de 2010

    MERCA LIBROS, MERCA NADAL

    O día 17 de Decembro, no Centro comercial Praza Elíptica en Vigo


    PROGRAMA
    Actividades

    09:30h Inauguración da Xornada
    Sorteo dun paquete de libros cada hora..
    10.00 h Pizarra interactiva de IR INDO, “Aprender e xogar coas novas tecnoloxías”.
    11.00 h “Os Barbanzóns” con Pepe Carreiro, de Editorial Toxosoutos, unha nova entrega desta popular tira cómica..
    12.00 h A Odisea contada para os pequenos", Editorial Rodeira -EDEBE. Volvendo ao mundo dos clásicos.
    17.00 h Actualidade Internacional contada dende Galicia.
    Presentación de "TEMPO EXTERIOR" do Igadi: OS ESTADOS TABÚ: unha realidade internacional da que non se fala.
    18.10 Alimentación - Medicina natural - Nutrición: A Saúde en xogo
    Presentación da Editorial Amyris e a Revista saber Alternativo.
    19.00 h Faladoiro co escritor Francisco Castro: "SIMBAD, MARCO POLO... A LITERATURA É PARA VIAXAR".

    20.00 h "Noente Paradise", da Editora Através
    Presentación do Libro-Disco de Ugia Pedreira acompañada de Marina Oural

    TEATRO XOANIÑA:" A CABEZA DO DRAGÓN"

    O Grupo de Teatro de Xoaniña ( integrado por nais, pais e profes de Xoaniña) ten o pracer de anunciar a súa próxima función.
    Será o vindeiro Sábado 18 de Decembro ás 6 da tarde no Auditorio de Salceda, con
    “A CABEZA DO DRAGÓN",  unha adaptación da obra do mesmo título de Ramón María del  Valle-Inclán, e que dirixe Irene Moreira.
    Toda a recadación obtida coa venda de entradas será doada íntegramente a  Shanga India, unha ONG que traballa e leva a cabo varios proxectos na India http://www.shangaindia.org/
    O precio será de 2 euros para os adultos  e 1 euro para os nenos/as.
    Unha  agradable tarde de teatro e  risas polo Nadal cos máis pequenos  (pero tamén avós, tíos, curmáns, amigos….)
    Pero sobre todo unha pequena contribución a este proxecto que  ten como obxectivo a escolarización dos nenos dunha rexión da India que está illada e non conta con ningún tipo de axuda.

    xoves, 9 de decembro de 2010

    RECURSOS DE NADAL PARA TRABALLAR NAS AULAS



    Escolma de recursos sobre o Nadal elaborados por docentes, institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, etc.

    Agardamos que este proxecto vos sexa de axuda e pedímosvos a vosa colaboración para achegar novos recursos para compartir cos Equipos de Normalización e a comunidade educativa en xeral.

    Consello Directivo
    Coordinadora Galega de ENDL

    Felicitemos o Nadal en galego coas postais do noso alumnado

    A Coordinadora Galega de ENDL puxo en marcha unha modesta iniciativa co fin de levar tamén a lingua a un ámbito, as felicitacións de Nadal, no que ocupa un lugar secundario, especialmente no terreo comercial. Esta actividade procura espallar -a través da rede por todo o mundo- as felicitacións de nadal que elabora o alumnado dos centros escolares.
    Como podedes participar?
    · Trátase de recoller nesta páxina as postais que elaboran os alumnos e alumnas para os concursos escolares ou para as aulas. Neste espazo disponse da posibilidade de enviar algunhas destas imaxes para felicitar o Nadal e o Aninovo, de xeito dixital, a través delas. Seleccionarase unha mostra significativa e o usuario que se achegue á páxina poderá engadir o texto que considere e enviar as súas felicitacións por medio da rede.
    · Para seleccionar as postais, terase en conta a presenza de texto en galego e mesmo lemas de fomento de uso da lingua. Os traballos non seleccionados ficarían igualmente expostos no espazo habilitado no web.
    · Nas postais figurará o nome do/a alumno/a que a deseñou e o centro ao que pertence.
    · Cada centro só poderá enviar un máximo de 4 traballos, un por cada ciclo educativo no caso dos centros de Infantil e Primaria.
    · É preciso que acompañades a postal dun permiso expreso (por parte dos pais do alumno/a e tamén do centro) que autorice á CGENDL a usala e difundila.
    Ata cando?
    · O prazo de recepción de postais rematará o venres 17 de decembro.
    Poden participar persoas que non sexan docentes ou alumnos/as?
    · Se tes un deseño ou unha proposta que partillar con nós, coa comunidade educativa e con todo o mundo podes dirixirte a correo@coordinadoraendl.org
    Saúdos normalizadores
    Consello Directivo
    Coordinadora Galega de ENDL

    sábado, 4 de decembro de 2010

    GALEGO.ORG

    RECURSOS PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

    RECURSOS EDUCATIVOS

    MANUAIS DE GALEGO

    CONCURSO DE NADAL 2010

    PROGRAMA BOCABERTA.SXPLG.

    XOGOS NA REDE. SXPLG.

    PREMIO BARBANTIA PARA A COORDINADORA DE EQUIPOS DE NORMALIZACION DO BARBANZA

    http://equiposndlbarbanza.blogspot.com/

    http://www.coordinadoraendl.org/doc/que_e_a_CGENDL.pdf

    xoves, 25 de novembro de 2010

    DECÁLOGO PARA SER LINGÜISTICAMENTE SUSTENTABLE.


    No mundo fálanse entre 4.000 e 6.000 linguas, delas, segundo as estimacións máis optimistas, o 50% corren perigo de extinguirse nos próximos cen anos e o 96% fálanas só o 4% da poboación mundial.
    O número de falantes é un factor importante, pero non sempre é un bo indicador da saúde dunha lingua. As condicións óptimas que aseguran a vitalidade dunha lingua son complexas. O apoio institucional, a utilidade da lingua na esfera económica do país, a utilización nos medios de comunicación globais, o sentimento de fidelidade dos falantes cara á propia lingua e a consideración que estes teñen dela como símbolo identitario son factores tan ou máis esenciais.
    O estudante lingüisticamente sustentable valora ás persoas e por iso non espera que se subordinen. Valora a diversidade, porque é unha persoa libre e sabe que a liberdade implica non renunciar a ser quen es. Valora o coñecemento, porque o fai máis libre e humano. O estudante lingüisticamente sustentable é consecuente, e por iso, o seu comportamento lingüístico vai a prol das persoas , da diversidade e do coñecemento.
    Sé lingüisticamente sustentable: aposta pola diversidade.

    1.- Sé respectuoso con todas as linguas.
    Cando dis que unha lingua non che gusta, ou que non é útil ou importante, sen decatarte, estás a aplicar estes prexuízos ás persoas que a falan. Todas as linguas son iguais e todas son distintas.
    2.- Observa e escoita: interésate polas linguas que te rodean.
    Ás veces preto de ti fálanse linguas que nin sospeitas, que non sabes nin como se chaman. Moitas veces saber o nome destas linguas ou algunha palabra nelas é abondo para demostrares que aprecias a quen te rodea, que non che resulta indiferente. Di grazas a alguén na súa lingua e seguro que lle arrincarás un sorriso.
    3.- Non teñas medo a aprenderes novas linguas, sempre serán as túas aliadas.  
    Moita xente pensa que unha lingua ou se fala ou non se fala, e que non hai termo medio, ou que para facer entrar unha lingua na cabeza antes debe saír outra. Aprender, pouco ou moito, unha lingua non significa esquecer outra, nin falala peor. Unha soa palabra pódeche resultar útil, e chegues ata onde chegues, un pouco é mellor que nada. Sempre gañarás.
    4.- As linguas ábrenche novas perspectivas: non renuncies ás fontes de coñecemento que che ofrecen as distintas linguas.
    Todas as linguas conteñen coñecemento e producen novo saber; non te limites ao inglés. Non ignores o que está escrito en linguas próximas. A miúdo descubrirás que as poder ler e entender moito máis do que cres, e que as boas ideas non teñen lingua, ou que todas as linguas teñen boas ideas. As distintas linguas expresan miradas distintas sobre a realidade. Aprender linguas distintas axudarache a ensanchar as túas miras.
    5.- Dá voz aos minoritarios e escóitaos.
    Entre todos os minoritarios constituímos unha maioría. Non contribúas a acentuar o desequilibrio lingüístico, non trates as linguas con poucos falantes como non che gusta que te traten a ti. Se podes elixir, dá prioridade a quen conta con menos altofalantes. Axúdaos a chegar a todas as partes  e eles hanche axudar a ti.
    6.- Non impoñas linguas dominantes, replanta linguas ameazadas.
    Non fagas só de difusor das grandes linguas en detrimento das que teñen menos falantes. Procura interesarte pola lingua que pode extinguirse, verás que é útil e necesaria, e contribuirás con iso á reforestación lingüística.
    7.- Un pequeno mercado pode ser unha gran porta.    
    É importante non confundires á audiencia potencial con real. Escribires ou falares nunha lingua de moitos falantes non é ningunha garantía de ser escoitado. En cambio, falares como quen temos máis preto faiche máis doado que che escoiten. O importante non é a cantidade de xente que podería entenderte, senón as persoas a quen de verdade lles dis algo. Cando Shakespeare  escribía ós anglófonos non chegaban a seis millóns.
    8.- Practica a diversidade lingüística cando te movas polo mundo.
    Aproveita toda a riqueza e diversidade que o mundo che ofrece se o escoitas. Non vaias a Gales ou a Malta só a aprender inglés. Tenta falar as linguas dos lugares que visitas: canto menos agardan os teus interlocutores sentirche dicir cousas na súa lingua máis se alegrarán diso.
    9.- Preserva o teu espazo de liberdade: a lingua non cha poden quitar se ti non queres.
    As linguas non son cousas, non se estorban entre elas: non te deixes convencer do contrario. Seguramente ao longo da vida non sempre poderás falar na primeira lingua que aprendiches, pero sempre poderás mantela, é un coñecemento que che axudará a coñecer outras linguas. Non o esquezas: cantas máis linguas sabes, máis sabes da túa lingua e do mundo.   
    10.- Non exclúas a ninguén dunha lingua.
    As linguas, sobre todo as pouco faladas ou pouco estendidas, crean vínculos invisibles, son sinais de benvida, transforman un estraño nun veciño. Non prives aos demais de aprenderen e de usaren a túa lingua. Non lles digas coa lingua que non son dos teus. En Galicia, por exemplo, anímaos sempre a que che falen tamén en galego: non os deixes ficar fóra. O galego é un pasaporte que non caduca, é para sempre.                 

    USC. FACULTADE DE DEREITO

    mércores, 24 de novembro de 2010

    DICCIONARIOS E ENCICLOPEDIAS. XERAIS. MEDICINA.

    RECURSOS PARA CORRECTORES.UNIÓN DE CORRECTORES.

    BABEL 2.0. RECURSOS EN REDE.

    RECURSOS EN REDE. UNIVERSIDADE DE VIGO.

    DICCIONARIOS. BUSCADORES. GRAMÁTICAS...

    UNHA RECOMENDACIÓN PARA DEPURA-LO USO DA NOSA LINGUA

    ENSAIO

    Xosé Ramón Freixeiro Mato propón unha 'lingua de calidade' para hoxe e para o futuro

    30.01.2010 Xosé Ramón Freixeiro Mato, 'Lingua de calidade', Edicións Xerais de Galicia, 2010, 184 páxs.

    Nun momento tan decisivo como o actual no que o debate en torno ao uso do galego está en pleno apoxeo e a Real Academia Galega acaba de empezar, coa renovación da súa xunta directiva, unha nova andaina con ambiciosos obxectivos respecto da nosa lingua, o libro Lingua de calidade, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, aparece no mercado, publicado por Edicións Xeráis de Galicia, como unha nova e decisiva achega á loita conxunta por conseguir que o idioma galego, tanto a nivel oral como escrito, transfórmese, aínda máis, en vínculo de unión nacional e orgullo do noso pobo. Freixeiro Mato, doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesor titular da Universidade da Coruña na Facultade de Filoloxía, é capaz de combinar con agudeza e mestría neste texto tanto profundos análises lingüístico-gramaticales como agudas reflexións sociolóxicas e do ámbito do pensamento, que fan que a súa achega sexa aínda máis suxestiva. Reflexións sobre o momento actual do galego, sobre a súa proxección futura, sobre o seu proceso histórico de xestación e os elementos que afectan e limitan a súa evolución ao longo da historia, etc., combínanse con estudos rigorosos do ámbito da fonética, a sintaxe, a morfoloxía ou o léxico. / José Manuel Estévez-Saá

    Tomado de EL CORREO GALLEGO.ES

    Enlaces: revistas.ucm.es, páxs. 212-213
    http://revistas.ucm.es/fll/11389664/articulos/MADR1010110209A.PDF
    http://www.libreriaproteo.com/editorial/978-84-9782/16/edicions-xerais-de-galicia-s.html

    luns, 22 de novembro de 2010

    TRÍPTICO DA BIBLIOTECA CEIP ILLAS CÍES

    O tríptico que podedes ver neste artigo foi elaborado polos Equipos de Normalización e da Biblioteca do Ceip " Illas Cíes", e enviado ás familias para promover a lectura como agasallo no Nadal do 2008. Pode servir de referente para que outros centros animemos esta actividade neste Nadal.


    CEIP ILLAS CÍES

    O presente tríptico ten como finalidade presentarvos as novas do trimestre e ofrecervos una escolma dos títulos que ben por ser novidades o por ter éxito contrastado co  alumnado poderían aparecer nas vosas cartas de Reis.

    ¡¡¡Seguro que as súas Maxestades compraceralles especialmente atender as peticións de libros!!!

    Feliz 2009 a tod@s dende a Biblioteca dos Mil Mundos, e neste ano …

    ¡¡¡ Futuro con libros!!!

    Novas:
    Visitade as webs das Bibliotecas galegas  www.rbgalicia.org , a nosa biblioteca en www.opacmeiga.rbgalicia.org e a  páxina web do colexio http://centros.edu.xunta.es/ceipeijogaray/biblioteca08.htm

    Estamos no PLAMBE por terceiro ano consecutivo e queremos informarvos:
    • Todas as aulas  nun espazo semanal  visitan a biblioteca para facer empréstito de libros e tamén adicamos un tempo diario a lectura.
    • Cada alumn@ posue un carné de biblioteca e o empréstito está informatizado co Programa Meiga.
    • O horario de apertura polas tardes e de 4 a 5 os luns, mércores e xoves.
    • O alumnado debe ser responsable no uso dos libros e evitar o seu deterioro.

    Este trimestre desenvolvemos as seguintes actividades coa axuda da mascota Crocus:
    ·         Día da Biblioteca Escolar (24/10/2008): Fomos escritores de libros do futuro por primeira vez. Realizamos unha exposición de contos do “Medo”, con aportacións dos nen@s e da biblioteca.
    ·         Semana da tradición oral: recopilamos contos, ditos, lendas, … do Samaín e Halloween. Tivemos un contacontos para 2º e 3º ciclo.
    ·         Traballamos o tema do espacio e do futuro nas nosas lecturas e aumentamos o fondo con novas adquisicións.
    ·         Enviamos as novas mochilas viaxeiras da animación a lectura en familia.

    ¡¡¡LEMBRADE QUE UN LIBRO E SEMPRE UN BO AGASALLO E QUE NON TEN IDADE!!!

    Para os pais e nais podemos recomendar:
    ·               Ficción:
    o    Los hombres que no amaban.. Stieg Larsson. Destino
    o    Un hombre en la oscuridad. Paul Auster. Anagrama
    ·                Non ficción:
    o    1.000 sitios que ver antes de morir, P Shultz.Martinez Roca
    o    El poder del ahora. Eckhart Tolle. Gaia
    ·               Lingua Galega:
    o    Os grouchos. Manuel Rivas. Xerais


    ¡¡¡ Futuro con libros!!!

    CEIP Illas Cíes

    Biblioteca dos Mil Mundos.

    Feliz Nadal 2008

    Crocus recomenda en Nadal:

    De 3 a 6 anos

    Metro y medio de esqueleto. S.M.
    Fuera de aquí horrible monstruo verde.      Océano-Travesía.
    Lúa. Kalandraka.
    Paco.Kalandraka

    De 6 a 8 anos

    Una jirafa de otoño. Andrés Guerrero. Anaya
    Caballeros y Castillos. Colección Mini Larousse. Larousse.
    Nela y el Ratón Pérez. Alejandra Vallejo-Najera. Alfaguara
    O abrigo misterioso. Jannette. Factoría K.
    O Pirata Metepata. Toño Núñez/J. Tomás. Baía Edicions.
    Vamos todos a viajar. Catarina Cardoso. Everest
    León de biblioteca.Michelle Knudsen. Ekaré.

    De 8 a 10 anos

    Misterio en el campamento. José Luis Navajo. Noufront
    El misterio del Goya robado. Jordi Sierra. Edebé.
    Un cartero simpático. Janet y Allan Ahlberg. Destino.
    A marela Tarabela. X. Neira Vilas. Galaxia
    ¡Me como esa coma! J. A. Millán. Serres.
    Hay un chico en el baño de las chicas. Louis Sachar. S.M.
    Ke-Tumba-Ke-Tamba. Xerardo Quintiá. Galaxia
    El extraño caso de la noche de Halloween. Stilton Gerónimo. Planeta.

    De 10 a 12 anos
                           
    Carmen e a súa amiga Barbi .Nacho Pérez. Tambre-Edelvives.
    O tesouro de Saida.Eva Peydró. Planeta-Oxford.
    Xenaro e o misterio da mochila verde. Mar Guerra.. Xerais.
    El fantasma de Mozart. Inés Gregori-Javier Gregori.Edebé.
    Os megatoxos.Anxo Fariña.A Nosa Terra.
    La memoria de los árboles.X.A.Neira Cruz.Kalandraka
    O soño de Xela.Alexandre Honrado.Oqo Editora.




    Co agasallo dun libro estás
    regalando……
    un soño, unha historia, unha
    viaxe, unhas risas, un tempo
    para gozar,un……..

    PRESENTACIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL " O CASTRO " DE VIGO

    AS NOVAS LITERATAS

    HOXE

    E

    PRESENTACIÓN PÚBLICA DA

    ASOCIACIÓN CULTURAL O CASTRO

    MARTES 23 DE NOVEMBRO

    20.00 horas

    Auditorio do Areal - Vigo

     Rúa  do Areal núm. 46

    (Paraninfo do antigo Reitorado)





    Aínda que as poboacións son a creación humana por excelencia, as modernas cidades convertéronse en espazos deshumanizados, hostís, difíciles. Vigo é unha pequena destas grandes urbes. A cultura é unha ferramenta para recuperala, para facela máis habitábel,  para rehumanizala non abonda con grandes beirarrúas.
    Ao longo dos últimos decenios e quitando honrosas excepcións, o que chamamos cultura foi inducido, transportado, como se fose o contido dunha lata de conservas. Tratouse dun negocio calquera.
    Nacemos como un grupo de persoas que aspira a mudar esta situación.
    Asumimos o compromiso de recuperar a nosa cidade para un universo cultural galego. Queremos desenvolver a nosa propia cultura sen interferencias nin ambigüidades.
    Queremos apoiar e desenvolver unha cultura de base, asentada no noso tempo, na nosa realidade e na nosa lingua; promover a creación cultural. Queremos redescubrir a nosa historia e recoñecer a nosa realidade.
    Trátase de refundar a cidade, máis con outras claves, por iso recuperamos o noso principio, o Castro.
     http://gl-es.facebook.com/people/O-Castro-Vigo/100001899246751

    sábado, 20 de novembro de 2010

    Por que o Decreto para o plurilingüismo é ilegal?

    O pasado venres 5 de novembro na Casa Galega da Cultura tivo lugar o acto de presentación en Vigo do libro ESTUDOS XURÍDICOS SOBRE O DECRETO PARA O PLURILINGÜISMO (Laiovento, 2010) coordinado por Luís Villares Naveira, Xuíz de Primeira Instancia e Instrución de A Fonsagrada e portavoz en Galiza de Xuíces para a Democracia.

    O acto estivo organizado por Queremos Galego , a MESA pola Normalización Lingüística , o Área de NL da Universidade de Vigo , a Coordinadora de EDLG de Vigo e bisbarra e Edicións Laiovento. Na antedita presentación participaron tamén Alba Nogueira ( profesora de Dereito Administrativo da USC) e Héctor López de Castro ( avogado).
    Os dicentes explicaron a ilegalidade do Decreto e argumentaron a súa explicación situando as políticas de normalización lingüística no marco lexislativo actual, sinalando, como a xurisprudencia existente xustifica o ensino en lingua galega, así mesmo, demostran que o Decreto para o Plurilingüismo é contrario a leis e tratados de ámbito internacional, estatal e autonómico, fundamentalmente, a Carta Europea da Linguas Rexionais e Minoritarias e a Lei de Normalización Lingüísitica, sen esquecer a Lei Orgánica da Educación, o Estatuto de Autonomía e a Constitución Española, normas de rango superior que se deben cumprir.
    Para máis información premer no título do artigo.

    mércores, 17 de novembro de 2010

    MATERIAIS DIDÁCTICOS: MUSEO DO POBO GALEGO

    http://www.museodopobo.es/deac-materiais.php?lang=es

    TRADUTOR VIRTUAL

    http://webs.uvigo.es/sli/virtual/titulo.htm

    Seminario de Lingüística Informática | sli.uvigo.es

    http://webs.uvigo.es/sli/recursos.html

    Suxestión de lecturas da CENLG do Barbanza.

    Título: O Barbanza nas nosas letras (capa e contracapa)
    Centro: Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística da Barbanza (ENDL de catorce centros dos concellos de Ribeira, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo) (A Coruña)
    Ano académico: 2007-08
    Descrición: Folleto divulgativo de lecturas suxestivas para o período vacacional do nadal, convertidas en atraentes agasallos tamén para @s máis nov@s, onde sobrancean títulos de autores da comarca do Barbanza ou argumentos literarios creados nela.

    http://www.xunta.es/linguagalega/o_barbanza_nas_nosas_letras

    luns, 8 de novembro de 2010

    FICHAS DE LECTURA

    http://www.editorialgalaxia.com/ensinantes/fichas_galaxia.php?idioma=gl

    Comentario de Galaxia

    http://www.editorialgalaxia.com/ensinantes/?idioma=gl&cat=31&post=24

    Un interesantísimo blog da Coordenadora de EDLG de Vigo


    08 de novembro de 2010

    Un blog para reflexionar sobre a lingua


    É o caso do blog da CEDLG de Vigo e bisbarra, un espazo internáutico para reflexionar arredor da lingua e a súa problemática. Pero tamén inzado de interesantes propostas de traballo arredor dela.
    Sabemos que é moi utilizado polos profesores e profesoras da cidade olívica. Dende aquí, queremos axudar a espallar o seu coñecemento para que chegue a cantos máis mellor.

    Listado de enlaces

    EDITORIAL GALAXIA

    http://www.editorialgalaxia.com/
    http://www.editorialgalaxia.com/weblog/

    domingo, 7 de novembro de 2010

    O CASTIÑEIRO E AS CASTAÑAS

    GALIPEDIA: O MAGOSTO

    http://gl.wikipedia.org/wiki/Magosto

    BLOG DO IES BEADE

    http://iesbeadetv.wordpress.com/

    ORGULLO DE SER GALEGOS

    En defensa da lingua galega

    As 12 probas de Astérix 1/8

    Asterix e Obelix-A Sorpresa do César 1/8

    DICCIONARIOS DE GALEGO

    http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index.html

    CORRECTOR ORTOGRÁFICO

    http://sli.uvigo.es/corrector/

    TRADUTOR Ó GALEGO

    http://sli.uvigo.es/tradutor/

    LEXISLACIÓN EDUCATIVA. ONOSOLAR.COM

    http://www.onosolar.net/le.html

    galicola_com_o_apalpador.mp4

    O APALPADOR. ( O Papá Noel galego en recuperación)

    http://www.pglingua.org/images/stories/pdfs/2008/20061231_o_apalpador_jose_andre_lopez.pdf

    LENDAS GALEGAS POPULARES

    http://www.galiciaencantada.com/

    REFRANEIRO GALEGO

    http://www.cirp.es/pub/docs/cfg02.pdf

    RECURSOS EDNL

    http://www.siteo.org/recursosednl

    ANUNCIOS

    http://www.edu.xunta.es/web/taxonomy/term/66%2C230/all

    O RECANTO DE MIK. CEIP MESTRES GOLDAR, VIGO.

    http://www.blogoteca.com/orecantodemik/

    RECURSOS ESCOLARES DE UTILIDADE

    http://www.blogoteca.com/orincondoneno/index.php

    LEXISLACIÓN SOBRE A LINGUA GALEGA

    http://www.xunta.es/linguagalega/lexislacion_0

    LEXISLACIÓN BÁSICA

    http://www.edu.xunta.es/portal/contenido?comando=ContenidoDinamicoComando&accion=verRecurso&lID=gl&trID=6feef521-c0a8fd03-006e7a5b-20451b33&pwID=1ceb9eea-453431ca-001fceed-2a4f0519&rID=715e03c7-45321682-00e1ff2f-0c0bc0e8