luns, 19 de febreiro de 2018

PASEO LITERARIO POLO VIGO DE ROSALÍA

En Santiago de Compostela, no Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro), nacía o 24 de febreiro de 1837 María Rosalía Rita, figura sobranceira das nosas letras, do noso renacer como pobo, feminista, intelectual e defensora da terra e lingua de noso.
O Concello de Vigo proclamou o 24 de febreiro como Día de Rosalía na nosa cidade (na que viviu e publicou "Cantares Gallegos").
A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un paseo literario Polo Vigo de Rosalía, guiado por Xurxo Martínez González:
Día: 24 de febreiro (sábado)
Punto de encontro/saída: oliveira do Paseo de Alfonso XII ás 11 horas
Non é necesaria inscrición previa.
Vigo da man de Rosalía de Castro polo Casco Vello de Vigo levaranos a coñecer a cidade no século XIX, os cambios sociais e políticos producidos tras a Reconquista.
Valoraremos o esforzo dunha elite intelectual viguesa que se ofreceu á cultura; descubriremos os lugares concretos das persoas que tiveron relación directa coa publicación de "Cantares gallegos".
Pasearemos polas prazas do Peñasco e da Constitución, polas rúas Chao, Real, Oliva... Deterémonos diante da imprenta de Compañel, da biblioteca pública, da imprenta do Faro de Vigo, da sede do goberno provincial...
Un paseo polo Vigo dos nosos devanceiros que nos axudará a completar o relato de cidade traballadora e industrial xa que Vigo tamén foi, e é, cidade cultural.
PERCORRIDO DO PASEO LITERARIO: POLO VIGO DE ROSALÍA 
Non cómpre inscrición previa Vigo da man de Rosalía de Castro polo Casco Vello de Vigo levaranos a coñecer a cidade no século XIX, os cambios sociais e políticos producidos tras a Reconquista; valorar o esforzo dunha elite intelectual viguesa que se ofreceu á cultura; descubrir os lugares concretos das persoas que tiveron relación directa coa publicación de Cantares gallegos; saber que na rúa Real Juan Compañel mantiña a imprenta do Rexurdimento... 
Un paseo polo Vigo dos nosos devanceiros que nos axudará a completar o relato de cidade traballadora e industrial xa que Vigo tamén foi, e é, cidade cultural. 
PUNTOS DE INTERESE: OLIVEIRA PRAZA DO PEÑASCO: falaremos sobre a importancia do movemento industrial; o desenvolvemento da burguesía, os cambios arquitectónicos que se ían producindo daquela... 
RÚA CHAO: darase a coñecer a relación da familia Chao con Vigo e con Rosalía de Castro. A importancia dos irmáns Chao, sobre maneira de Alejandro Chao... 
RÚA REAL: faremos dúas paradas; unha diante do que foi a sede da provincia de Vigo. O que nos levará a falar sobre o significado que tivo sermos provincia e a súa relación coa chegada a Vigo da imprenta. E xa daquela, da relevancia cultural do Vigo do momento. A seguinte será diante da imprenta de Compañel, onde falaremos da Rosalía dos Cantares. 
RÚA OLIVA: fronte onde estaba a imprenta de Faro de Vigo, local de Ángel Lema. 
BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL, sede do antigo Casino de Vigo. A importancia do seu presidente, mecenas de Rosalía de Castro, por ter posto os cartos para que houbese a imprenta de Compañel en Vigo. Relevancia do Casino. 
PRAZA DA CONSTITUCIÓN, onde estaba a botica de José María Chao. Sobre o movemento cultural, social e político que se producía na rebotica. 

CONCURSO: " O OLLO DE VIDRO"


Xa está aberto o prazo para participar no III concurso "O Ollo de Vidro" 
Se che gusta ler e queres recomendar un libro ou animar a lectura en xeral, participa neste concurso organizado pola Bibiloteca Municipal Xosé Neira Vilas e os equipos de Dinamización lingüística do IES Castelao e da EOI de Vigo. 
 Colaboran no proxecto a Asociación de Veciños do Calvario e o Mercado do Calvario. 

Como novidade este ano contamos coa participación no Festival de Curtas de Cans.

Anímate!!! Podes gañar un destes fantásticos premios:

  • A. Premio do xurado.
    Dotación económica de 400€, escultura conmemorativa e un lote de libros.
  • B. Premio do público.
    Dotación económica de 250€ e un lote de libros.
  • C. Premio Festival de Cans.
    Hotel para dúas persoas (noite de venres 25 e sábado 26 de maio), dúas entradas para acceder ás curtametraxes a concurso do Festival de Cans, placa conmemorativa e un lote de libros.
Para máis información: 



martes, 6 de febreiro de 2018

CURSO DE AUGA DOCE


O curso dos ríos, vertebradores desde sempre do noso territorio e da nosa relación co espazo, empregados como fonte de recurso e incorporados ao noso patrimonio inmaterial na elaboración de lendas, mitos, léxico ou fraseoloxía, atesouran unha grande riqueza lingüística e cultural que é de todas e de todos, de aí a importancia de dala a coñecer e facilitar o acceso a ela.
Neste curso profundaremos no coñecemento dalgúns aspectos da lingua galega seguíndomos os cursos dos nosos ríos e regatos, e de todo canto medrou e medra ao longo das súas bacias e máis da historia que os acompaña, ese outro río.
O curso remata cunha saída a uns muíños vigueses e a un bosque de ribeira.
O curso é de balde e está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística.

DATAS: 20, 22, 27 de febreiro e 1, 6, 8, 13, 15, 20, 22 de marzo de 2018

HORARIO: de 18:30 a 20:30 LUGAR: Oficina Municipal de Distrito de Bouzas-Casa Patín (Eduardo Cabello, 36)
DURACIÓN DO CURSO: 20 horas ( + saída de 2 horas a muíños)
Para inscribirse deben enviar os seus datos (nome completo, teléfono e DNI) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org {poñer no asunto: curso de auga doce} A Oficina Municipal de Distrito de Bouzas é un espazo cedido gratuitamente polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellaría de Participación Cidadá Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81

LUDOTECA LINGÜÍSTICA: FORZA 3


A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Ludoteca lingüística: Forza 3

A Ludoteca Lingüística é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos populares, a disposición de xogos novos e diferentes, e xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces/zas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.

Achegaremos, xunto coa actividade, "Bota e rebota e cae na túa boca". É un manual dirixido ao profesorado de Educación Física co obxectivo de incorporaren actividades de dinamización lingüística e do fomento do galego nas súas programacións didácticas.
"Bota e rebota..." achega propostas eminentemente prácticas relacionadas cos bloques de contidos das áreas de E.F. e Lingua e Literatura Galegas.


Duración: 1 hora e 30 minutos

Dirixido a: alumnado de primaria (5.º)


Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (obrigatoriamente nas instalacións deportivas do centro) para calquera dúbida sobre este tema poden consultar con Nerea Couselo 649 70 21 94)


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 5 de marzo ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 5 de marzo a partir das 9:30 e até as 14:00 (deben poñer no asunto: ludoteca lingüística)

Os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.

Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81
Solicitude de participación na actividade:
Ludoteca lingüística para primaria (5.º)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir esta solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 5 de marzo a partir das 9:30 e até as 14:00 (deben poñer no asunto: ludoteca lingüística)

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 50


Indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade.


Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.


_____ 15 marzo (xoves), ás 10:00                      _____ 20 marzo (martes), ás 10:00
_____ 15 marzo (xoves), ás 12:30                      _____ 20 marzo (martes), ás 12:30
_____ 16 marzo (venres), ás 10:00                     _____ 21 marzo (mércores), ás 10:00
_____ 16 marzo (venres), ás 12:30                     _____ 21 marzo (mércores), ás 12:30
_____ 19 marzo (luns), ás 10:00
_____ 19 marzo (luns), ás 12:30


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.