A Concellería de NL,
a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta
unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Ludoteca
lingüística: Forza 3
A Ludoteca
Lingüística é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na
recuperación de xogos populares, a disposición de xogos novos e diferentes, e
xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito
eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua
Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces/zas terán que ir superando as
distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao
mesmo tempo.
Achegaremos,
xunto coa actividade, "Bota e rebota e cae na túa boca". É un manual
dirixido ao profesorado de Educación Física co obxectivo de incorporaren
actividades de dinamización lingüística e do fomento do galego nas súas
programacións didácticas.
"Bota
e rebota..." achega propostas eminentemente prácticas relacionadas cos
bloques de contidos das áreas de E.F. e Lingua e Literatura Galegas.
Duración: 1 hora e
30 minutos
Dirixido a:
alumnado de primaria (5.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (obrigatoriamente nas instalacións
deportivas do centro) para calquera dúbida sobre este tema poden consultar
con Nerea Couselo 649 70 21 94)
Para solicitar a actividade é necesario enviar
cuberta, a solicitude que se achega, o día 5 de marzo ao correo electrónico
actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico,
atenderanse por estrita orde de chegada o día 5 de marzo a partir das 9:30 e
até as 14:00 (deben poñer no asunto: ludoteca lingüística)
Os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos
centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso
escolar.
Solicitude
de participación na actividade:
Ludoteca lingüística para primaria (5.º)
Cubrirase unha
ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese
remitir esta solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 5
de marzo a partir das 9:30 e até as 14:00 (deben poñer no asunto: ludoteca lingüística)
Importante: non se
aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio
cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea
presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 50
Indicar a preferencia (de 1 a 10) para a
participación na actividade.
Non
marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle
outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.
_____ 15 marzo
(xoves), ás 10:00 _____
20 marzo (martes), ás 10:00
_____ 15 marzo
(xoves), ás 12:30 _____
20 marzo (martes), ás 12:30
_____ 16 marzo
(venres), ás 10:00 _____
21 marzo (mércores), ás 10:00
_____ 16 marzo
(venres), ás 12:30 _____
21 marzo (mércores), ás 12:30
_____ 19 marzo
(luns), ás 10:00
_____ 19 marzo
(luns), ás 12:30
Importante: a
Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a
cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.