A Concellería de NL, a través do Servizo de
Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade
dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- As maimiñas
“Unha viaxe
polo mundo” conta a historia de como As Maimiñas decidimos ir unha tarde de
paseo. Sen nos decatar, chegamos a distintos países. En cada un deles amósanse
cancións e danzas típicas (creadas por nós). Aproveitamos para nos vestir coa
roupa ou complementos que caracterizan cada un dos países visitados.
O método
de realización da actividade será a música, o xogo e o movemento. Tanto as e os
nenos como as persoas maiores participan en todo momento de xeito activo.
Duración: 1 hora
Dirixido a:
alumnado de infantil (3 e 4 anos)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Necesidades técnicas da actividade: tomas de corrente e espazo para bailar co alumnado
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento
da actividade poden consultar con Lucía
(Mai) 670 21 62 94 ou Irene (Miña) 657 53 23 41
Para solicitar a actividade é necesario enviar
cuberta, a solicitude que se achega, o día 11 de marzo ao correo electrónico
actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico,
atenderanse por estrita orde de chegada o día 11 de marzo a partir das 09:30 e
até as 14:00
Solicitude
de participación na actividade:
As maimiñas para infantil (3 e 4 anos)
Cubrirase unha
ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir
a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 11 de marzo
a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se
aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio
cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea
presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 50 (poderíase aumentar o
número de participantes se o centro de ensino ten a infraestrutura apropiada,
consultar isto con Lucía (Mai) 670 21 62 94 ou Irene (Miña) 657 53 23 41)
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para
a participación na actividade.
Non
marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle
outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.
_____ 19 marzo
(mércores), ás 09:30 _____
24 marzo (luns), ás 09:30
_____ 19 marzo
(mércores), ás 12:30 _____
24 marzo (luns), ás 12:30
_____ 20 marzo
(xoves), ás 09:30 _____
25 marzo (martes), ás 09:30
_____ 20 marzo
(xoves), ás 12:30 _____
25 marzo (martes), ás 12:30
_____ 21 marzo
(venres), ás 09:30
_____ 21 marzo
(venres), ás 12:30
Importante: a
Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a
cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora
adxudicado/s.