sábado, 2 de maio de 2015

PASEOS POLO VIGO LITERARIO

PASEOS POLO VIGO LITERARIO

A Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan 3 “Paseos polo Vigo literario”

Horario: todos os paseos teñen a saída ás 11:30

1.-Sábado, 9 de maio, roteiro guiado por Pedro Feijoo. Saída desde a oliveira do Paseo de Afonso XII

2.-Sábado, 16 de maio, roteiro guiado por María Reimóndez. Saída, informarase do lugar de saída uns días antes do sábado

3.-Sábado, 23 de maio, roteiro guiado por Francisco Castro. Saída da praza da Constitución

Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben indicar a cal/es paseo/s irán).
Inscrición por orde de chegada do correo. Prazas limitadas: 50

ESTAMOS NO VERÁN!

- Estamos no verán!!!

Este espectáculo está configurado a partir da novela-CD, editada por Galaxia, que nos conta a historia duns amigos que no verán, queren formar un grupo de música.
As músicas deste disco de Xoán Curiel, e a súa banda Son+d2, serven de fío condutor para unha divertida historia narrada por Charo Pita, acompañada das fermosas ilustracións de Iván R.
Estilos como o funk, o rock ou a bossa nova atópanse nun álbum para nenos e nenas entre sete e doce anos.
Este é un espectáculo musical participativo onde se mergulla aos rapaces e rapazas nunha divertida festa e nun soño de verán.

Partindo desta base, Xoán Curiel quere achegar de primeira man, esta novela disco aos centros, a partir da propia historia do libro, intercalando diferentes músicas sobre as que comentará tamén o proceso de creación e os seus estilos musicais, co prisma de traballar de forma máis amena a cultura musical. Estamos no verán!!!, é un espectáculo orixinal, vital e musicalmente enriquecedor, que está a cautivar aos máis novos/as!.
Actualmente Estamos no verán!!! foi nominado aos VII Premios de la Música Independiente na categoría de Mejor Álbum en Lengua Gallega.

Duración: 40 minutos
Dirixido a: alumnado de primaria (5.ºe 6.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino

Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Ania Piñeiro 616 76 37 21 / 658 26 31 99

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 11 de maio ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 11 de maio a partir das 9:30 e até as 14:00

Na reunión de equipos de dinamización e normalización lingüística que tivo lugar o pasado martes 13 de xaneiro de 2015, acordouse o seguinte verbo da adxudicación das actividades programadas polo SNL.
"Os centros que asisten ás xuntanzas de coordinación e solicitan as actividades conforme co horario establecido o primeiro día de solicitude, terán PREFERENCIA sobre o resto dos centros á hora de se adxudicaren as actividades".





Solicitude de participación na actividade:
Estamos no verán!!! para primaira (5.º e 6.º)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 11 de maio a partir das 9:30 e até as 14:00
Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 60

Indicar a preferencia (de 1 a 20) para a participación na actividade:

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

_____ 21 maio (xoves), ás 9:30                            _____ 29 maio (venres), ás 9:30
_____ 21 maio (xoves), ás 12:30                          _____ 29 maio (venres), ás 12:30
_____ 25 maio (luns), ás 9:30                               _____ 1 xuño (luns), ás 9:30
_____ 25 maio (luns), ás 12:30                             _____ 1 xuño (luns), ás 12:30
_____ 26 maio (martes), ás 9:30                           _____ 2 xuño (martes), ás 9:30
_____ 26 maio (martes), ás 12:30                        _____ 2 xuño (martes), ás 12:30
_____ 27 maio (mércores), ás 9:30                      _____ 3 xuño (mércores), ás 9:30
_____ 27 maio (mércores), ás 12:30                    _____ 3 xuño (mércores), ás 12:30
_____ 28 maio (xoves), ás 9:30                            _____ 4 xuño (xoves), ás 9:30
_____ 28 maio (xoves), ás 12:30                          _____ 4 xuño (xoves), ás 12:30

Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

QUEREMOS GALEGO: Vigo martes 5 de maio ás 20.15 h local da CIG

Prezada compañeira, prezado compañeiro:
Pola presente convocamos a unha xuntanza de Queremos Galego – Vigo que terá lugar o vindeiro MARTES 5 ABRIL ás 20.15 horas na sede da CIG en Vigo (r/ Gregorio Espino 47, entresollado)  para preparar a mobilización do 17 de maio nesta comarca.

Agradezo confirmación de asistencia.

Elsa Quintas Alborés
Coord. Queremos Galego – Vigo

628.483.277