mércores, 14 de xaneiro de 2015
PRESUMO DO GALEGO!
Prezados/as
amigos/as,
Comezamos o novo ano dando conta de diversas liñas de traballo que a CGENDL mantén no presente curso e solicitando a vosa colaboración para avanzarmos no proceso de normalización lingüística no ensino e na sociedade:
Presume de GalegoComezamos o novo ano dando conta de diversas liñas de traballo que a CGENDL mantén no presente curso e solicitando a vosa colaboración para avanzarmos no proceso de normalización lingüística no ensino e na sociedade:
Como xa informamos no seu día, a Coordinadora está a planificar unha campaña para poñer en valor ante a sociedade o coñecemento e uso que fan da lingua no día a día os e as galegofalantes máis novos. Aínda que está en proceso o deseño da campaña, xa programamos unha acción (Presume de Galego) que queremos testar con todos e todas vós e que consiste en realizar gravacións de menos de 1 minuto seguindo as instrucións que atoparedes en http://coordinadoraendl.org/presume_de_galego/.
Repositorio
de recursos didácticos para os ENDL e para as aulas
Conscientes
da precariedade na que se desenvolve habitualmente o noso traballo cotián, unha
das liñas de traballo prioritarias da CGENDL é poñer á vosa disposición
recursos e propostas para os Equipos e para traballar determinadas áreas,
competencias e temáticas en galego. Entre todos e todas podemos contribuír a
dotar de material o apartado de recursos que hai na nosa páxina web e que xa
chega aos 250 recursos: http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_rec.php.
Ademais de consultar e empregar este amplo abano de propostas, podedes achegar
a través deste formulario
aqueles materiais que consideredes para compartir. Se tedes calquera dúbida ou
problema á hora de cumprimentar o formulario e enviar os recursos, escribide a correo@coordinadoraendl.org.
Nesta ocasión, facemos especial fincapé nas seguintes áreas:
- Alumnado con necesidades educativas especiais e
materiais do Departamento de Orientación.
- Adquisición e desenvolvemento da lectoescritura.
- O entroido (monográfico especial en http://coordinadoraendl.org/entroido/index.php)
- Día da Paz.
Por
último, informamos que a Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de
convocar as axudas aos ENDL para desenvolver os proxectos de fomento do
galego nos centros de esino non universitario, tanto públicos como
privados, así como os premios aos Proxectos de Innovación en Dinamización
Lingüística. Tedes toda a información sobre estas convocatorias en http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_subvencions.
Saúdos normalizadores
Consello Directivo
CGENDL
Consello Directivo
CGENDL
Acordo sobre a adxudicación das actividades programadas polo SNL
Na
reunión de equipos de dinamización e normalización lingüística que tivo lugar o
pasado martes 13 de xaneiro de 2015, acordouse o seguinte verbo da adxudicación
das actividades programadas polo SNL.
"Os centros que asisten ás xuntanzas de coordinación e solicitan as actividades conforme co horario establecido o primeiro día de solicitude, terán PREFERENCIA sobre o resto dos centros á hora de se adxudicaren as actividades".
Acordo que se fai efectivo dende o día de hoxe, 14 de xaneiro de 2015.
Marta Souto González
Técnica de Normalización Lingüística
"Os centros que asisten ás xuntanzas de coordinación e solicitan as actividades conforme co horario establecido o primeiro día de solicitude, terán PREFERENCIA sobre o resto dos centros á hora de se adxudicaren as actividades".
Acordo que se fai efectivo dende o día de hoxe, 14 de xaneiro de 2015.
Marta Souto González
Técnica de Normalización Lingüística
mércores, 7 de xaneiro de 2015
REUNIÓN DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN DE VIGO E BISBARRA E A CONCELLERÍA DE NORMALIZACIÓN
MARTES 13 DE XANEIRO ÁS 18/30 NO SALÓN DE ACTOS DO IME, CAMIÑO DO CHOUZO 2, VIGO
LUDOTECA LINGÜÍSTICA
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Ludoteca lingüística
A Ludoteca
Lingüística é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na
recuperación de xogos populares, a disposición de xogos novos e diferentes, e
xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito
eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua
Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces/zas terán que ir superando as
distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao
mesmo tempo.
Achegaremos,
xunto coa actividade, "Bota e rebota e cae na túa boca". É un manual
dirixido ao profesorado de Educación Física co obxectivo de incorporaren
actividades de dinamización lingüística e do fomento do galego nas súas
programacións didácticas.
"Bota
e rebota..." achega propostas eminentemente prácticas relacionadas cos
bloques de contidos das áreas de E.F. e Lingua e Literatura Galegas.
Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de primaria (5.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino (obrigatoriamente nas instalacións deportivas do centro) para
calquera dúbida sobre este tema poden consultar con Nerea Couselo 649 70 21 94)
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 19 de xaneiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 19 de xaneiro a partir das 9:30 e até as 14:00
Importante:
os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos
que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.
Solicitude de
participación na actividade:
Ludoteca lingüística para
primaria (5.º)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 19 de xaneiro
a partir das 9:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 50
Indicar a preferencia (de 1 a 12) para a participación na
actividade:
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
_____ 26 xaneiro (luns), ás 10:00 _____ 29 xaneiro
(xoves), ás 10:00
_____ 26 xaneiro (luns), ás 12:30 _____ 29 xaneiro
(xoves), ás 12:30
_____ 27 xaneiro (martes), ás 10:00 _____ 2 febreiro (luns), ás
10:00
_____ 27 xaneiro (martes), ás 12:30 _____ 2 febreiro (luns), ás
12:30
_____ 28 xaneiro (mércores), ás
10:00 _____ 3 febreiro
(martes), ás 10:00
_____ 28 xaneiro (mércores), ás
12:30 _____ 3 febreiro
(martes), ás 12:30
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)