mércores, 17 de febreiro de 2016

I MARCHA SOLIDARIA COLEXIO NS ESPERANZA


OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN TEATRAL


A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de
improvisación teatral, de 21 horas.
O teatro e a vida non están tan afastados como semella. Todos os días empregamos
distintos recursos expresivos e amosamos aspectos da nosa personalidade diferente en
función do contexto no que nos atopemos. Somos, dalgún xeito, actrices e actores das
nosas vidas. Neste obradoiro tomaremos consciencia desta semellanza, trasladando
eses recursos que utilizamos na nosa vida cotiá e un espazo ficcional.
Este obradoiro está destinado a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no
eido das artes escénicas.
Haberá dúas charlas explicativas (co mesmo asunto), previas ao obradoiro; nas que
se achegarán os contidos e as dinámicas de traballo aos potenciais participantes do
obradoiro:
- 23 de febreiro (martes) de 18:30 a 20:30 na Casa da Xuventude (r/ López
Mora, 31)
- 3 de marzo (mércores) de 18:30 a 20:30 na Oficina Municipal de Distrito do
Casco Vello (r/ Oliva, 12)
Non é necesaria inscrición previa para asistir ás charlas.
Desenvolvemento das charlas explicativas previas:
1. Introdución ao obradoiro
➔ Ligazóns entre a vida cotiá e o teatro
➔ O teatro como recurso expresivo no entorno social
➔ Nacemento do teatro e das fábulas como ferramenta de aprendizaxe e
achegamento ao sobrenatural
➔ O teatro na historia, dende o teatro ritual, traxedias gregas, teatro isabelino,
corrais de comedia, commedia dell'Arte, teatro relixioso, e a súa repercusión
social
➔ Explicación dos contidos do obradoiro
2. Xogos de dinámica grupal cos asistentes á charla
➔ Xogos de presentación
➔ Xogos de acción-reacción
➔ Xogos de equilibrio espacial
➔ Amebas
3. Pequenas impros sinxelas de carácter cómico nas que poidan participar varios
dos asistentes
O obradoiro terá lugar os días 12, 19, 26 de abril; 3, 10, 24, 26 de maio, de 17:00 a
20:00, no Instituto Municipal de Educación (Camiño do Chouzo, 2)
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego

OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA

Obradoiro de Escrita Creativa.-

A idea do obradoiro de Escrita Creativa é achegar aos mozos e mozas á literatura, tanto á escrita como á lectura, a través de pequenos exercicios que van dende  xogos de escrita creativa ata intervencións de inspiración artística con base na literatura, pasando pola elaboración de textos propios e a creación en diversos formatos / audio, vídeo) relacionados con libros ou de creación propia.
A través destas actividades buscase que a relación coa literatura sexa unha experiencia singular, que os emocione e sorprenda. A literatura pode cambiar o noso mundo porque con ela podemos cambiar o que nos rodea: podemos lanzar o noso propio xornal,crear poemas visuais, regalar anacos de novelas, etc. Este é un obradoiro para espertar o amor pola literatura.

Datas: 4,11,12 de marzo
Horario: 17:30 -20:30 h
Idades: a partir de 13 anos

Lugar: Casa da Xuventude