martes, 29 de marzo de 2016

PLENARIO QUEREMOS GALEGO

Prezad@s amig@s:

Segundo acordo da Comisión Xestora de Queremos Galego convócase plenario para o día 1 de abril ás 18.00 no Centro Socio-Cultural das Fontiñas en Santiago de Compostela coa seguinte

ORDE DE TRABALLOS

- Mobilizacións pola sentenza do TSXG contra a ordenanza de uso do galego en Lugo.
- Organización da manifestación nacional do 17 de maio.
- Varios.


Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016

Plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO

        queremosgalego@gmail.com

           www.queremosgalego.org

MATERIAIS SOBRE MANUEL MARÍA

Estimados/as amigos/as,
Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o polifacético escritor Manuel María Fernández Teixeiro: http://coordinadoraendl.org/letras2016/.
Neste sitio web, que iremos actualizando constantemente, partillamos recursos didácticos que foron elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo dos centros escolares, institucións, asociacións, etc. Dende a CGENDL pretendemos novamente facilitar o voso labor nas aulas; por iso, agardamos que nos deades a coñecer os vosos materiais, propostas e experiencias a través de: correo@coordinadoraendl.org. Temos, ademais, un pedimento concreto: gustaríanos saber se nalgún centro estades traballando a obra teatral Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela.
Por outra banda, a Coordinadora Galega de ENDL colabora, un ano máis, na organización dunha nova edición dos XVIII Encontros para a Normalización Lingüística, que terán lugar os días 14 e 15 de abril de 2016 no Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela). Neles, teremos a oportunidade de coñecer as últimas investigacións sobre os comportamentos lingüísticos da mocidade e os recursos dixitais xerados para a promoción do uso do galego. Nas seguintes ligazóns podedes consultar o programa e facer a vosa inscrición nos Encontros, que se cubrirá por orde de solicitude.

Ademais, igual ca na edición anterior, tanto como se vos inscribides como se non, a XVIII edición dos Encontros abre de novo a participación a través de dous grupos de Facebook: Encontros XVIII: Mocidade e Lingua e Encontros XVIII: recursos para a normalización. Neles poderedes tomar parte activa na reflexión e nas propostas de acción e nós, como Coordinadora de ENDL, animámosvos a achegar o voso gran de area e introducir todas as cuestións que desde o ámbito do ensino non universitario vos parece que se deben debater. Isto cobra sentido e pode dar resultados só coas achegas de toda a xente que se move no ámbito da normalización da lingua  galega, por iso vos animamos a participar.

Saúdos normalizadores
Consello Directivo en funcións
CGENDL

OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN TEATRAL

A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, de 21 horas.
O teatro e a vida non están tan afastados como semella. Todos os días empregamos distintos recursos expresivos e amosamos aspectos da nosa personalidade diferente en función do contexto no que nos atopemos. Somos, dalgún xeito, actrices e actores das nosas vidas. Neste obradoiro tomaremos consciencia desta semellanza, trasladando eses recursos que utilizamos na nosa vida cotiá a un espazo ficcional. Atopando tamén nesa viaxe unha serie de principios propios do teatro. Bases específicas das artes
escénicas, que traballaremos dende un punto de vista eminentemente lúdico.
Por outra banda, empregaremos a creatividade teatral como recurso para fomentar a normalización da oralidade en galego como lingua de cultura e de ocio, para o que contemplamos dúas liñas de accións:
➢ Incorporación de textos da literatura dramática galega contemporánea
➢ Emprego da lingua como pauta nos xogos teatrais e nas improvisacións
O obradoiro será fundamentalmente práctico. Calquera concepto teórico desenvolverase a partir das problemáticas prácticas que xurdan no desenvolvemento das clases.
Este obradoiro está destinado a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas.
O obradoiro terá lugar os días 12, 19, 26 de abril; 3, 10, 24, 26 de maio, de 17:00 a
20:00, no Instituto Municipal de Educación (Camiño do Chouzo, 2).
Para se inscribir deben enviar un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org, co seu nome completo e teléfono.
Normalización Lingüística / Praza do Rei

PASEO POLO VIGO LITERARIO

A Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan este paseo polo Vigo literario O Vigo de "Cabalos e lobos"
Hora de saída: 11:30
Sábado, 9 de abril, paseo guiado por Fran P. Lorenzo
Saída da rúa Privada Moderna
Duración do paseo: 1 hora e 45 minutos
Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org, a partir do día 2 de abril (inclusive) dende ás 10:00
Inscrición por orde de chegada do correo. Prazas limitadas: 50
O roteiro ten no seu epicentro o edificio de Gran Vía n.º2, auténtico protagonista da novela Cabalos e
lobos, de Fran P. Lorenzo, Premio Blanco Amor 2014. O paseo, que atravesa os lugares desa ficción pero
que tamén pretende dialogar coa magoada memoria da cidade e dos seus espazos perdidos, partirá da
Privada Moderna, unha singular rúa, moi preto do Calvario, no vello límite do concello de Vigo e
Lavadores.
Desde aí, en menos de dez minutos, e cun alto previo no muro de Vía Norte, chegarémonos a Gran Vía
n.º 2, o fogar da familia Beckmann, os protagonistas de Cabalos e lobos, cabo da cicatriz invisíbel do
Scalextric. O arquitecto dese edificio, Francisco Castro Represas, e a súa obra racionalista serán tamén
algúns dos fitos deste paseo que atravesa por entre vellos cafés que non existen xa, refuxios
antiaéreos, teatros pantasma, cinematógrafos, polas rúas Urzaiz, con parada no vello Derby, a entrada
de Príncipe, Colón, Cine Fraga, a vella redacción do Faro de Vigo, Policarpo Sanz (Cable Inglés, Café
Colón), Casa Sanchón, a Porta do Sol no horizonte, o Teatro García Barbón, o Teatro Rosalía, Marqués de
Valladares, a Alameda (Editorial Galaxia) e As Avenidas, cabo do Bar Comercio, o Navy Bar de Manuel
Antonio.
Alí fronte ao Náutico e ao pé da Estación Marítima, fronteira do alén, remata o paseo de Cabalos e lobos.

CURSO DE ESCRITURA CREATIVA PARA ADULTOS

Obradoiro literario “Aliteraclara”
Organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística e impartido pola escritora Clara do Roxo
· Coñeceremos os elementos para dar forma ao texto.
· Utilizaremos pequenos textos de autoras e autores de estilos
diferentes para facer unha lectura crítica sobre eles.
· Elaboraremos textos literarios propios en cada sesión.
· Aprenderemos a crear personaxes e situacións literarias.
· Faremos un exercicio de síntese, aprenderemos a desprendernos do que sobra no texto unha e outra vez ate atopar a verdadeira esencia da escrita.
Información en 696 15 42 03
DATAS: nivel 1: 25 de abril; 2, 9, 23 de maio de 2016
nivel 2: 30 de maio; 6, 13, 20 de xuño de 2016 (para
facer o nivel 2, é obrigatorio ter feito o nivel 1)
HORARIO: de 18:30 a 21:00
LUGAR: Centro Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa Oliva, 12)
{Espazo cedido gratuitamente polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellaría de Participación Cidadá}
Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo, teléfono, DNI e datas nas que fixo o nivel 1) ao correo electrónico claradoroxo@gmail.com

venres, 18 de marzo de 2016

OBRADOIRO DE FORMACIÓN PARA O PROFESORADO DE EDUCACIÓN INFANTIL


Organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística de Vigo
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22728933/formacion%203%20a%206%20anos.pdf

MATERIAL SOBRE MANUEL MARÍA NOS FONDOS PENZOL

Compartimos o Boletín NOVAS PENZOL nº 13,  referido  ao escritor Manuel María, a quen a Real Academia Galega dedica este ano o Día das Letras Galegas. Queremos contribuir desta maneira a homenaxear a esta importante figura da nosa cultura, dando a coñecer os fondos  bibliográficos e documentais  relacionados coa súa obra que se custodian nas nosas instalacións.

Confiamos que esta información resulte de utilidade para un mellor coñecemento do poeta da Terra Chá.

Atentamente,



Francisco Domínguez
Director da Fundación Penzol

-- 
Casa Galega da Cultura
Praza da Princesa, 2 (36202-VIGO)
Tlf.: 986 226 459
- - -


PODEDES ACCEDER PINCHANDO NO ENLACE

https://dl.dropboxusercontent.com/u/22728933/NOVAS%20PENZOL%2013_MANUEL%20MARIA.pdf

MOBILIZACIÓNS CONTRA A SENTENZA DO TSXG QUE LIMITA O USO DO GALEGO NOS CONCELLOS

 Queremos Galego
Centos de persoas cooncentráronse diante do concello de Lugo a favor da ordenanza de uso do galego e contra a sentenza do TSXG que impón graves restricións ao uso do noso idioma.
“A sentenza do TSXG sobre a ordenanza de uso do galego en Lugo é ideolóxica e supremacista e pretende negar o dereito a atención en galego nos servizos públicos”  “É preciso modificar as leis para avanzarmos en dereitos e evitar interpretacións...
Plataforma cidadá Queremos Galego. Avenida de Lugo 2A, entresollado A, 15702, Santiago de Compostela. tlf: 981563885. queremosgalego@queremosgalego.org

AS MATEMÁTICAS EN GALEGO

Deixámosvos un enlace con información para traballardes 
as matemáticas en galego que pode servos de utilidade 
 
 
http://www.gciencia.com/perspectivas
 
Até o 22 de abril podedes tomar parte nun concurso 
de vídeos para explicar as matemáticas
 
Na propia páxina www.gciencia.com tendes información 
sobre ciencias para aproveitardes como recursos
 
 

 

xoves, 10 de marzo de 2016

AXUDAS PARA O FOMENTO DO GALEGO NOS CENTROS PRIVADOS

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/convocatoria_0004/axudas-para-fomento-galego-nos-centros-ensino-privados-para-curso-2015-2016

Queremos Galego convoca unha concentración contra a sentenza do TSXG contra o galego en Lugo

Ao coidado de todas as entidades adheridas a Queremos Galego
#QueremosGalego na administración pública: concentración o 16 de marzo ás 11.30 diante do concello de Lugo
O primeiro acto contra a sentenza que limita o uso do galego polo concello de Lugo terá lugar o mércores 16 ás 11.30 diante do Concello A plataforma cidadá advirte dos intentos de suprimir por vía xudicial os acordos comúns e...
Convocatoria de plenario de Queremos Galego
Para valorar a sentenza do TSXG contra a ordenanza de uso do galego no Concello de Lugo, definir máis accións despois da concentración convocado para o 16 de marzo, e organizar a convocatoria do 17 de maio, convócase plenario nacional de Queremos Galego para o 1 de abril ás 18.00 en Santiago (informarase do lugar). 
Plataforma cidadá Queremos Galego. Avenida de Lugo 2A, entresollado A, 15702, Santiago de Compostela. tlf: 981563885. queremosgalego@queremosgalego.org

BOLETÍN DO CORRELINGUA 2016


http://us9.campaign-archive1.com/?u=728ce83cb4e97cc908a3c0028&id=58a7ad50e2&e=47312509ab

PRESENTACIÓN DA NOVELA AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA



A librería Librouro e a Editorial Galaxia comprácense en convidalo/a á presentación da novela de Raquel Castro
AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA
O vindeiro venres 11 de marzo, ás 20,00 horas, en Librouro (Eduardo Iglesias, 12 - Vigo).
A autora estará acompañada polo editor Francisco Castro.
Estaremos encantados de contar coa súa presenza.



 

xoves, 3 de marzo de 2016

Concurso-Exposición Letras Galegas 2016

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0026/concurso-exposicion-letras-galegas-2016
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2016, Manuel María Fernández Teixeiro, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu. Finalizado o prazo de presentación de orixinais e reunido o xurado, que lle comunicou o seu ditame á Secretaría, faise pública a resolución da dita convocatoria.

BIBLIOTECAS VIVENTES: GRANDES TESOUROS


A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de
Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Bibliotecas Viventes “Grandes tesouros”
Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son persoas; persoas con
historias singulares, coñecementos e experiencias sobranceiras en determinados
campos. A intención desta actividade, desta Biblioteca Vivente, é evidenciar a existencia
de prexuízos lingüísticos para poder rachar con eles, dignificar a nosa lingua e fomentar
o seu uso entre a mocidade. O catálogo de libros-persoa está artellado en tres
apartados: neofalantes, galegos/as convencidos/as e tesouros vivos.
Datas: 30 (mércores) e 31 (xoves) de marzo
Horario: hai que escoller un horario, 1 sesión por centro de ensino
de 10:00 a 11:40
de 12:00 a 13:40
Dirixido a: alumnado 4.º ESO e Bacharelato
Número de participantes: máximo 72 en cada sesión
Lugar de realización da actividade: no Verbum (avda. Samil, 17).
O transporte do alumnado ao Verbum vai pola conta do centro escolar
Os datos que se van pedir cando chamen por teléfono para solicitar a actividade son:
1.- número exacto de alumnos/as
2.- centro escolar
3.- persoa de contacto para esta actividade e correo electrónico desta persoa de
contacto
4.- teléfono de contacto. Por mor da premura nas datas, por favor se se pode dar un
tfno. persoal e non do centro, agradecémolo. Así evitamos chamadas aos centros e
axilizamos a reserva das “lecturas”
Para solicitar a actividade é necesario que chamen ao
teléfono 986 81 02 81 os días 10 (xoves), 11 (venres) de marzo
de 13:00 a 14:00

X Proxecto Didáctico Antonio Fraguas

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0031/proxecto-didactico-antonio-fraguas

A Fundación Antonio Fraguas Fraguas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a décima edición do proxecto didáctico encamiñado á realización dun programa de pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico do contorno inmediato entre os centros escolares de Galicia.
O prazo de presentación de proxectos remata o 31 de maio de 2016