sábado, 23 de febreiro de 2013

CORRELINGUA 2013, VIGO

Con motivo do Correlingua 2013 que terá lugar en Vigo o 15 de maio,convocámosvos a unha reunión que terá lugar o xoves 28 de febreiro ás 19.00 no IES San Tomé de Freixeiro coa seguinte orde do día:

- Valoración do Correlingua 2012.
- Lugar de celebración do Correlingua 2013.
- Suxestións para o Correlingua 2013.
- Actividades Correlingua 2013.

Agardando a túa presenza , recibe un cordial saúdo.




mércores, 20 de febreiro de 2013

CELEBRACIÓN NOS CENTROS DE ENSINO DE VIGO

Convidámosvos a que o vindeiro venres día 22 ás 12/00 celebremos conxuntamente en tódolos centros de Vigo unha lectura dalgún poema de Rosalía co gallo do aniversario do seu nacemento o día 24. Esperamos a vosa participación e que compartades estas experiencias connosco que serán publicadas nesta páxina. Así mesmo lembrámosvos que outra das propostas para ese día é o agasallo dunha flor e dun libro, que o disfrutedes!

CONVOCATORIA PROXECTOS DE FOMENTO E USO DO GALEGO PARA CENTROS DE TITULARIDADE PRIVADA

O 18 de febreiro, publicouse no DOG a orde pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de "Proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de titularidade privada de Galicia" para o curso escolar 2012-2013. Podedes acceder dende o seguinte enlace ou pinchando no título do blog. Tendes un mes a partires do día 18.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130218/AnuncioG0164-120213-0003_gl .pdf

luns, 18 de febreiro de 2013

150 ANOS CON ROSALÍA



Arredor do 24 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro, véñense realizando diversos actos en conmemoración da nosa Poeta fundacional. Queremos subliñar o singular da figura de Rosalía, único caso onde é unha muller ten o carácter de pioneira e fundadora, ao carón de grandes figuras da literatura universal como Yeats, Petőfi, Andrić, Sienkiewicz ou Lönnrot.
En 2013 esta celebración ten especial transcendencia ao cumprírense 150 anos da publicación de Cantares gallegos, o primeiro libro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. A fortuna quixo que esta publicación acontecese entre as rúas da nosa cidade, no que hoxe é a rúa Real.
A Asociación Cultural O Castro de Vigo recibiu o convite para participar nos actos organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Así mesmo, tamén recibimos a petición de colaborarmos na difusión destas actividades.
·         Nesta ligazón podes ver a programación completa para os días 22, 23 e 24 de febreiro.
·         En Vigo,  haberá unha Lectura pública da obra de Rosalía o sábado 23 de febreiro, ás 19.00 horas no Marco (r/ Príncipe, 54)
·         Finalmente, o domingo 24, ás 12:00, no Panteón de Galegos Ilustres, terá lugar un acto nacional onde serán lidos poemas de Cantares gallegos, ademais da realización dunha ofrenda floral. 
 

xoves, 14 de febreiro de 2013

ACCESO Á NORMATIVA

A Consellería acaba de habilitar unha páxina na que podemos acceder á normativa vixente. A partir de agora podedes consultar esta páxina tamén no noso blogue na pestana de ferramentas ou en " busca"
.http://www.edu.xunta.es/web/normativa

LUDOTECA LINGÜÍSTICA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Ludoteca lingüística

A Ludoteca Lingüística é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes, e xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces/zas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.
Achegaremos, xunto coa actividade, "Bota e rebota e cae na túa boca". É un manual dirixido ao profesorado de Educación Física co obxectivo de incorporaren actividades de dinamización lingüística e do fomento do galego nas súas programacións didácticas.
"Bota e rebota..." achega propostas eminentemente prácticas vencelladas cos bloques de contidos das áreas de E.F. e Lingua e Literatura Galegas.
Duración:
1 hora e 30 minutos
Dirixido a:
alumnado de primaria (4.º, 5.º e 6.º)
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino (obrigatoriamente nas instalacións deportivas do centro) para calquera dúbida sobre este tema poden
consultar con Nerea Couselo 649 702 194)

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 25 de febreiro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 25 de febreiro a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.

Solicitude de participación na actividade:
Ludoteca lingüística
para primaria (4.º, 5.º e 6.º)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 25 de febreiro a partir das 9:00
h e ata as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 50
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 20) para a participación na actividade:
______ 4 marzo (luns), ás 10:00 h ______ 11 marzo (luns), ás 10:00 h
______ 4 marzo (luns), ás 12:30 h ______ 11 marzo (luns), ás 12:30 h
______ 5 marzo (martes), ás 10:00 h ______ 12 marzo (martes), ás 10:00 h
______ 5 marzo (martes), ás 12:30 h ______ 12 marzo (martes), ás 12:30 h
______ 6 marzo (mércores), ás 10:00 h ______ 13 marzo (mércores), ás 10:00 h
______ 6 marzo (mércores), ás 12:30 h ______ 13 marzo (mércores), ás 12:30 h
______ 7 marzo (xoves), ás 10:00 h ______ 14 marzo (xoves), ás 10:00 h
______ 7 marzo (xoves), ás 12:30 h ______ 14 marzo (xoves), ás 12:30 h
______ 8 marzo (venres), ás 10:00 h ______ 15 marzo (venres), ás 10:00 h
______ 8 marzo (venres), ás 12:30 h ______ 15 marzo (venres), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________

martes, 12 de febreiro de 2013

XORNADAS DE FORMACIÓN E INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA




A CDEDLG de Vigo, conxuntamente co SNL do Concello de Vigo, convídanvos a participar nunhas xornadas de Formación e Intercambio de experiencias de Dinamización e Normalización lingüística que terán lugar no IME entre os meses de Abril e Maio ( as datas están por concretar, mais será antes do 17 de maio) cunha duración de 8 horas e homologado pola CEOU 
( Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).

A tal fin, podedes acceder pinchando no título do post a un boletín de preinscrición no que debedes precisar a vosa participación como asistentes ou poñentes, habida conta de que se trata dun intercambio de experiencias sería moi interesante contar coa vosa participación coma poñentes e que poideramos partillar esas experiencias fantásticas que levamos a cabo nos centros educativos.

 En base á preinscrición vos iremos informando puntualmente dos contidos das xornadas e máis adiante das datas, horas e lugar concretos onde se realizarán as xornadas.

Coma sempre contamos convosco para o bon desenvolvemento desta actividade.
ENLACE:https://docs.google.com/forms/d/1B-t-JD2HB_JsM9rcWtgXrVimVAiwFqkX73esXSkIYCw/viewform 



                                       
XORNADA DE INTERCAMBIO ENDLS DE VIGO E BISBARRA
FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN

Centro de ensino :
Nome da persoa que enche este formulario:
Forma de contacto (pref. enderezo electrónico) :
Número de persoas que manifestan interese en participar:
            • 1
            • 2
•Outr@s:

FORMA DE PARTICIPACIÓN: 

• SI, estou/amos en disposición de participar como asistente/s.
Etapa(s) educativas e áreas no seu caso
-           Infantil
-          Primaria
-          ESO
-          Bacharelato
-          FP
-          Outras:
• SI, estou/amos en disposición de presentar/partillar unha experiencia sobre:
-          TÍTULO:
-          ETAPA:
-          MEDIOS REQUERIDOS:
• Outros:
OBSERVACIÓNS:









Nº 4 DE OLLOS DE AULA

Presentámosvos o nº 4 de  Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. A introdución das linguas estranxeiras a idades temperás, as sentenzas sobre o Decreto para o Plurilingüismo ou o dilema "aprender ou aprobar" son algúns dos contidos que atoparedes nesta entrega. Coma sempre, agardamos as vosas suxestións, consultas e colaboracións no enderezo  ollosdeaula@gmail.com
Podedes descargala en:
Así mesmo, presentámosvos o nº 2 da revista A letra miúda, a revista de sociolingüística para o ensino, que abre o trimestre xaneiro-marzo con dous traballos centrados na planificación lingüística nos centros de ensino e a dinamización do contorno dos centros. Ademais, non deixedes de consultar as "Recomendacións", onde a través de artigos, recensións e ligazóns atoparedes materiais orientados cara a outros focos de interese deste número como a promoción da oralidade ou a acollida do alumnado inmigrante.
CGENDL

CÉ, ORQUESTRA PANTASMA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Cé orquestra pantasma

Benvidos ao marabilloso mundo do home orquestra das terras do Val do Fragoso, no lugar de Freixo, sitio real e imaxinario ao un tempo... Cé orquestra Pantasma achéganos as máis curiosas historias dos seus veciños e veciñas: a Vella e o Vello que mercan un queixo que pouco lles dura; o Pepiño, quen monta unha granxa cos animais que lle son regalados; o Sr. Galo e Sra. Galiña cos seus pitiños perdidos; a vaquiña Manuela, unha vaca moi pavera; o Xan de Outeiro e o seu can; a Señora Dona Anica no seu xardín musical ou as cousas que lle acontecen á nena Rosalía cada vez que vai ao seu sitio preferido, a beira do mar.

ESTRUTURA DO ESPECTÁCULO
A actuación comeza cunha introdución na que se fai a presentación da persoa que desenvolve a actividade, o seu oficio e os instrumentos que emprega para levar adiante o espectáculo. Logo dase a coñecer de onde ven e a relación dese lugar coas cancións.
Cada canción ten unha pequena introdución a xeito de conto que serve como elemento motivador. O espectáculo é de tipo participativo, procurando a máxima implicación dos nenos/as, con opción a que as súas propostas enriquezan a actuación e tratando de facer que as cantigas se convertan nun xogo para eles. As cancións son acumulativas, de xestos e de imitación, con moita improvisación e bailes sinxelos nos que os nenos darán renda solta a todo o seu corpo.
Duración da actividade:
45 minutos
Tempo de montaxe da actividade: 30 minutos
Tempo de desmontaxe da actividade: 30 minutos
Dirixido a:
alumnado de infantil (de 4 a 6 anos) e primaria (1.º e 2.º)

Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino (preferiblemente debería ser cos nenos/as á altura e preto da persoa que desenvolve a actividade, sen escenarios nin diferentes alturas e coa posibilidade de sentarse no chan)
para calquera dúbida sobre este tema poden consultar con César 653 025 708

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 19 de febreiro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 19 de febreiro a partir das 9:00 h e ata as 14:00

Solicitude de participación na actividade:
Cé, orquestra Pantasma
para infantil (de 4 a 6 anos) e primaria (1.º e 2.º)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 19 de febreiro a partir das 9:00 h e ata as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 50
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade:
______ 25 febreiro (luns), ás 10:00 h
______ 25 febreiro (luns), ás 12:30 h
______ 26 febreiro (martes), ás 10:00 h
______ 26 febreiro (martes), ás 12:30 h
______ 27 febreiro (mércores), ás 10:00 h
______ 27 febreiro (mércores), ás 12:30 h
______ 28 febreiro (xoves), ás 10:00 h
______ 28 febreiro (xoves), ás 12:30 h
______ 1 marzo (venres), ás 10:00 h
______ 1 marzo (venres), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________

luns, 4 de febreiro de 2013

A EDITORIAL GALAXIA PROPÓNNOS UNHA VIAXE POLO TEATRO GALEGO



QUE EMPECE A FUNCIÓN!

UNHA VIAXE NO TEMPO POLO TEATRO GALEGO



Presentamos unha interesante montaxe teatral a cargo de Teatro da Esmorga que nos permite viaxar, a través de fragmentos escollidos, pola historia do teatro galego dende o Rexurdimento ata os nosos días.
O espectáculo de 55 minutos de duración funciona a partir de sketchs independentes (total 6) con entidade propia cada un deles e enfiados por un narrador que irá dotando de sentido ó que contemplamos e que servirá de guía nunha viaxe no tempo dramaticamente singular.
Deste xeito imos achegarnos máis ás obras de Castelao, Manuel María, Roberto Salgueiro e ata o mesmo Vidal Bolaño, a quen se lle dedican as letras galegas 2013.

Contemplamos un prezo de asistencia de 5 euros por alumno ó que lle imos regalar un libro de literatura xuvenil procurando que sexa o mesmo para todos os da mesma clase e, deste xeito sexa aproveitado para traballar na aula.
Este prezo pode ser reducido en proporción a unha compra de libros a PVP por parte do centro. Para este extremo consultar con Fernando:

fernando@editorialgalaxia.com       teléfono 629 849791