domingo, 29 de abril de 2012

TELEXORNAL: VALENTÍN PAZ ANDRADE

http://charcalibros.blogspot.com.es/

CURTAMETRAXES.

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Curtametraxes "Contos do mundo"
O sultán e os ratos (árabe)
A cousa que máis doe do mundo (Costa de Marfil)
Bebé bigotes (Mongolia)
Día 14 de maio, luns
Día 15 de maio, martes (posibilidade de ter intérprete de lingua de signos)1

- Curtametraxes "Contos de sempre"
Tres osos
Os 7 cabritos
Tres desexos
Día 23 de maio, mércores
Día 24 de maio, xoves (posibilidade de ter intérprete de lingua de signos)1 Cronograma
10:00 h Chegada ao cine (prégase puntualidade)
10:15 h Inicio proxeccións até ás 11:00 h
(Entre cada curta, que dura ± 10 min, hai unha pequena actividade)
11:00 h Conta e canta
11:45 h Saída do cine

Dirixido a: alumnado de infantil

Lugar de realización da actividade: Yelmo cines (Centro comercial Travesía, Travesía
de Vigo, 204).
As actividades de animación serán realizadas por Barafunda, S.L.
A inscrición nesta actividade será por estrita orde de chamada ao teléfono 986 81 02 81 os días 7, 8 e 9 de maio, de 13:00 a 14:00.
É necesario indicar o número do alumnado e o número do profesorado que vai asistir.
Para conseguir unha maior difusión da actividade cada grupo só poderá participar nunha soa sesión. Un centro non poderá exceder da metade do aforo (300 butacas).

Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org/
1 De precisar este servizo, en calquera dos días, solicitámoslle que nolo indiquen no momento da inscrición

LETRAS GALEGAS 2012


Comunicámosvos que a Secretaría Xeral de Política Lingüística está enviando aos centros educativos os materiais do Concurso-Exposición Letras Galegas 2012. Advertimos de que nalgunhas cartas que acompañan o material figura, indebidamente, como autor do traballo “Colleita do 1898” o IES Ánxel Fole, cando a autoría corresponde ao IES Xoán Montes.

Nos vindeiros días poñeremos tamén á vosa disposición no web da Secretaría os carteis e guías gañadores, así como outros recursos e materiais elaborados por diferentes centros educativos.

Achegamos, ademais,  información de dous concursos:

·        Información xeral e bases de Lingua de namorar, concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de entre 14 e 35 anos, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude con motivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas. Achegamos información e bases.
·        Bases da nova edición do Certame de Cinema escolar OUFF Escola que a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ourense, o Consorcio do Festival de Cine e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, organizan por cuarto ano consecutivo.

AQUÍ VOS DEIXO OS ENLACES AOS CARTACES E ÁS BASES DOS CONCURSOS.

sábado, 28 de abril de 2012

XVIII PONTE.... NAS ONDAS!


CONTAMOS NO MUNDO
XORNADA DE FORMACIÓN DE CONTADORES/AS
Ponte...nas ondas! organiza o 25 de maio unha xornada de difusión do conto popular no marco da XVIII edición que ten como lema PONTE...A CONTAR!
Trátase dunha actividade destinada, na parte matinal, ao alumnado de escolas galegas e portuguesas. Pretendemos sensibilizar as e os xoves na importancia do relato oral e
axudar a mellorar a súa competencia lingüística.
Na xornada participarán narradores e narradoras profesionais como Avelino González, Celso Sanmartín, Clara Haddad ou Lisete Coelho, persoas que se dedican
profesionalmente a contar, a transmitir a palabra oral. Elas serán as encargadas de transmitirlle ao alumnado o gusto e as habilidades da narración oral. Os participantes
poderán desenvolver as súas capacidades comunicativas nun ambiente lúdico e participativo no que aprenderán as formas de contar os contos e as historias.
Ao mesmo tempo, queremos convidar a que os grupos incorporen a alumnado estranxeiro para que compartan un conto ou unha historia do seu país de orixe.
PROGRAMA MATINAL - de 10:30 h a 13:30 h
- Sesión de apertura
- Introdución á narración oral. Como contamos ?
- Obradoiros prácticos con pequenos grupos
- Contamos no mundo. Relatos de todos os países de orixe do alumnado
* Dado o limitado do aforo, solicitamos que nos confirmen o número de asistentes e se
participa alumnado estranxeiro que nos indiquen país(es) de orixe.
e-mail: ondas@pontenasondas.org Tf: 635 499 900
SESIÓN DE TARDE – 19:00 h
Sesión aberta ao público e recomendada a todo o profesorado interesado na mellora
da expresión oral e da competencia lingüística do alumnado
Esta actividade conta coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do
Concello de Vigo e do Museo Verbum.

sábado, 21 de abril de 2012

RESOLUCIÓN PROXECTOS FOMENTO E USO DO GALEGO DOS CENTROS PÚBLICOS

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou onte, 17 de abril, a listaxe coa puntuación provisional das axudas concedidas  aos proxectos de fomento de uso do galego para os centros de titularidade pública.

Podedes consultar a proposta de resolución provisional de adxudicación (admitidos e excluídos) no seguinte enderezo:

Lembrade que esta fase do procedemento aparece descrita na base 13 da convocatoria que foi publicada no DOG do 25 de xaneiro de 2012 (Orde do 20 de xaneiro de 2012).

QUE PLURILINGUISMO QUEREMOS?

Estimados/as amigos/as:
Presentámosvos un argumentario para que poidades coñecer a  postura da Coordinadora Galega de ENDL a respecto dos centros plurilingües que está a implantar a Consellería de Educación  desde o curso pasado. Pensamos que este material pode ser moi interesante para distribuír entre o profesorado dos centros, que nestes días terán claustros e consellos escolares para debater e/ou votar sobre o tema.
A implantación de centros plurilingües é a aplicación concreta do decreto do 79/2010 , que, como ben sabedes, persegue a marxinalidade do galego no sistema educativo. Aínda que poida parecer inocente e insignificante que se implante un centro plurilingüe cunha soa materia en inglés, iso é o comezo para desenvolver plenamente o decreto e implantar até o 33 % das materias nesa lingua, reducindo aínda máis o espazo para o galego. Unha vez que se implanta nin os Equipos Directivos, nin os claustros, nin os consellos escolares, poden impedir o seu avance, só é preciso que haxa profesorado con B2 en inglés que o demande para logo acceder ao concurso paralelo privilixiado, para que tal ou cal materia até o 33% poida impartirse en inglés. Unha vez que un centro se converte en plurilingüe está a aceptar os principios establecidos no decreto 79/2010 e a súa aplicación. Así pois, que non avance este plano de marxinalización da nosa lingua depende de todos e todas nós.
Tamén vos achegamos cal sería para a CGENDL unha posible alternativa a estes centros plurilingües:  o Tratamento Integrado de Linguas (TIL) . Tedes toda a información resumida no documento que vos achegamos como anexo e máis información na seguinte ligazón:  http://www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo/index.html
Recibide un cordial saúdo
Coordinadora Galega de ENDL

TEXTO http://dl.dropbox.com/u/22728933/QUE%20PLURILING%C3%9CISMO%20QUEREMOS.pdf

domingo, 15 de abril de 2012

PREMIO LEIXAPRÉN

A CGENDL convoca o  premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega , unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino.
Nas bases que enviamos no documento anexo e que podedes consultar en  http://www.coordinadoraendl.org/premioleixapren , establécese que os destinatarios do premio serán persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega en diferentes ámbitos de actuación. O Comité de Selección orientou o galardón nesta edición cara ao Ámbito Económico e Empresarial en consonancia co perfil profesional de Valentín Paz-Andrade e coa iniciativa "Empresa en Galego" que lanzou a CGENDL:  http://www.coordinadoraendl.org/empresaengalego . As candidaturas preseleccionadas son:
Na páxina referida podedes acceder ao perfil destas empresas. O prazo de votación remata o 17 de maio e farase a través de  http://www.coordinadoraendl.org/premioleixapren/  e da persoa que coordine o Equipo do voso centro, que deberá utilizar o enderezo electrónico que deu para adscribirse á CGENDL. Para resolver calquera problema ou facer as vosas consultas podedes dirixirvos a  correo@coordinadoraendl.org .
Dende a CGENGL animámosvos a participar nesta iniciativa proactiva que procura apoiar publicamente a aposta decidida que polo idioma fan día a día persoas, institucións, colectivos e empresas no seo da sociedade.
Saúdos normalizadores
CGENDL

ACTIVIDADE: CONTOS DO MEDIO.

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Contos do medio

Ao comezo da actividade haberá un pequeno preámbulo cuxos contidos serán os contos, a lingua e o medio.
A temáticas dos contos céntrase nos bosques, nos ríos, no mar, nas árbores, na fauna e na flora; así, aproximarémonos a estes ecosistemas na procura de os coñecermos un pouco mellor, fomentarmos a visibilidade da súa diversidade, entendermos a nosa relación e as obrigas de todas e todos nós con eles.
Interpretaremos un ou dous contos cuxa base será a oralidade.
Ao cabo, tiraremos conclusións. Aprenderán a nomear certas árbores, animais e plantas da costa e do interior; ríos, illas, cuxos exemplos terán perto pois necesitan saber que aquilo que se nomea é ou pode ser coñecido no seu territorio; procuraremos, así afastármonos da idea de que o medio se atopa lonxe de nós.
Pechará a actividade o traballo coas láminas. Atendendo a que esta parte, por si propia, tería contido abondo para se desenvolver nun espazo dunha hora, explicaremos como se realiza e como poderán seguir traballando con elas, o profesorado e alumnado, posteriormente.
Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de infantil, 4 e 5 anos
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 20 de abril.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 20 de abril.
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org/

ACTIVIDADE: OS MAIOS.

Os Maios

Realizarase un obradoiro no que:
➢ se presentará a actividade
➢ se explicarán as orixes da festa, dos cantares, dos personaxes...
➢ se verá un vídeo (± 12 min)
➢ se aprenderá a danza
Duración: 60 minutos
Dirixido a: alumnado de 2.º e 3.º de primaria
Número máximo de participantes nun grupo: 60
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino.
Necesítase:
➔ un aula dotada con medios audiovisuais e suficiente espazo para realizar a danza, ou ben,
➔ un aula con medios audiovisuais e, para a danza, un espazo como un ximnasio, salón de recreos, patio...
Necesidades audiovisuais:
(para calquera aclaración contactar con Fiz Axeitos 650 428 095 de 17:00 h a 20:00 h)
- canón de vídeo ou proxector
- ordenador
- pantalla
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 19 de abril.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o 19 de abril.
Marta Souto González
Técnica do SNL mc/
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org/

XABARIN 18

AQUÍ VOS DEIXO O TRABALLO REALIZADO POL@S COMPAÑEIR@S DO EEI MONTE DA GUÍA.

http://www.wix.com/eeimontedaguia/xabarin18

luns, 9 de abril de 2012

XAN DAS ONDAS


Xan é un rapaz que lle gusta moito o mar. Unha mañá descobre que o mar non ten ondas e parece que
está moi enfermo. Así que Xan, emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos
océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá
os habitantes dos mares. Conseguirá Xan salvar o mar da súa doenza?...

A Concellería de Normalización Lingüística organiza este contacontos o domingo 22de abril, ás 18:00 horas no Verbum (avda. Samil, 17) para público familiar.
Entrada de balde.
Apertura de portas ás 17:45 h ata completar o aforo limitado a 120 persoas
Idade mínima: 3 anos