domingo, 18 de outubro de 2015

ACTIVIDADE 1º E 2º DE PRIMARIA: O SOÑO DE ESTHER

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- O soño de Esther
Baixo a idea de que os contos están para vivilos, Miguel Ángel Alonso Diz, achéganos esta e outras historias coas que poderemos aprender dun xeito divertido as vogais, puntos cardinais, os números e o amor pola nosa lingua.
A actividade leva asociado un taller de “pintar con luz ou lightpainting”, coa que, facendo uso da imaxinación e a creatividade, o alumnado poderá trazar no aire vogais, letras e mesmo facer debuxos.

Duración: 1 hora e 30 minutos

Dirixido a: alumnado de primaria (1.º e 2.º)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino

Necesidades técnicas da actividade: dispor dun espazo que poida quedar a escuras para poder realizar a actividade

Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Miguel Ángel Alonso Diz 678 78 77 11

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 16 de outubro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 16 de outubro a partir das 9:30 e até as 14:00

Na reunión de equipos de dinamización e normalización lingüística que tivo lugar o pasado martes 29 de setembro de 2015, acordouse o seguinte verbo da adxudicación das actividades programadas polo SNL.
"Os centros que asisten ás xuntanzas de coordinación e solicitan as actividades conforme co horario establecido na solicitude, terán PREFERENCIA sobre o resto dos centros á hora de se adxudicaren as actividades".


Amais: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.

Solicitude de participación na actividade:
O soño de Esther para primaria (1.º e 2.º)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 16 de outubro a partir das 9:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 25

Hai que indicar a preferencia (de 1 a 20) para a participación na actividade.

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

_____ 23 outubro (venres), ás 9:30                      _____ 3 novembro (martes), ás 9:30
_____ 23 outubro (venres), ás 12:30                   _____ 3 novembro (martes), ás 12:30
_____ 26 outubro (luns), ás 9:30                          _____ 4 novembro (mércores), ás 9:30
_____ 26 outubro (luns), ás 12:30                        _____ 4 novembro (mércores), ás 12:30
_____ 27 outubro (martes), ás 9:30                      _____ 5 novembro (xoves), ás 9:30
_____ 27 outubro (martes), ás 12:30                   _____ 5 novembro (xoves), ás 12:30
_____ 28 outubro (mércores), ás 9:30                 _____ 6 novembro (venres), ás 9:30
_____ 28 outubro (mércores), ás 12:30               _____ 6 novembro (venres), ás 12:30
_____ 29 outubro (xoves), ás 9:30                       _____ 9 novembro (lunes), ás 9:30
_____ 29 outubro (xoves), ás 12:30                     _____ 9 novembro (lunes), ás 12:30
Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

VI DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Prezados/as amigos/as,
A Coodinadora Galega de ENDL convídavos a participar na videoconferencia que, con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego, organiza a CGENDL para o vindeiro mércores 4 de novembro. Esta actividade vai dirixida ao 2º ciclo da ESO e a Bacharelato, mais xa estamos traballando para pechar unha videoconferencia para o 3º ciclo de Primaria e o 1º ciclo da ESO, da que daremos cumprida información no seu momento, tamén en http://www.coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2015/videoconferencias.php.

Descrición da actividade
  • Título: A máquina que constrúe a mente e a realidade.
  • Relator: Xurxo Mariño Alfonso.  Biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998) e profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. É especialista en neurofisioloxía e forma parte do grupo de investigación Neurocom, entre outros.
  • Sinopse: Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?
  • Destinatarios: alumnado do 2º ciclo da ESO e Bacharelato. Intervención do poñente no encontro TEDxGalicia 2012: https://www.youtube.com/watch?v=RJCFKnq3Giw
  • Data e hora: mércores 4 de novembro entre as 12:30h e as 13:30h.
Necesidades técnicas dos centros:
  • Ordenador con conexión a internet (recomendado con cabo, non con wifi) e altofalantes, canón proxector e pantalla e software: versión actualizada do plugin de Adobe Flash Player.
  • Desconexión das aulas Abalar durante o transcurso da videoconferencia e as probas previas no propio centro.
Proceso de inscrición
1.- Por motivos organizativos, os centros interesados (ata un máximo de 100) deben enviar un correo a correo@coordinadoraendl.org indicando os seguintes datos:
  • nome do centro,
  • departamentos/docentes implicados,
  • niveis educativos en que se vai desenvolver a actividade,
  • número de alumnos/as implicados/as,
  • profesor/a de contacto (tamén correo), e
  • observacións (dúbidas, suxestións...)
2.- Posteriormente recibirán un correo no que se lles informará do enderezo URL da Sala Virtual e se lles dará as instrucións pertinentes.

Samaín 2015
Partillamos con todos vós os materiais con actividades de comprensión lectora e de plástica elaborados polo CEIP Galán e o CEIP Milladoiro para o Samaín 2015: http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=recursos/rec282.php.

Saúdos normalizadores
Consello Directivo en funcións
CGENDL