luns, 26 de setembro de 2011
PRESENTACIÓN DO NOVO CURSO: CGENDL
Prezados/as amigos/as,
O curso comenza a súa andaina e con el empezamos tamén a mandarvos os primeiros correos. Neste caso para dúas cuestións de organización.
1.- Programacións . A CGENDL quere prestar a súa axuda na elaboración da programación dos Equipos de Normalización. Para iso, enviarémosvos nos próximos días a proposta anual de actividades , que poden ser de interese para incluír nas vosas programacións, aprobada no Consello Zonal da Coordinadora.
2. Actualización de datos. Nesta altura procedemos a actualizar a adscrición de coordinadores/as dos equipos e de docentes colaboradores/as:
- Aquelas persoas que deixan a coordinación teñen que enviar un correo de confirmación indicando se seguen traballando no mesmo ou noutro centro.
- Aquelas persoas que pasan a ser coordinadoras dun equipo neste curso deben cubrir o formulario: http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=arqweb/coordinadora/coorequipos.php
Saúdos normalizadores
CGENDL
PRESENTACIÓN DE "SERMOS GALIZA"
Convite á presentación pública da Iniciativa por un medio de comunicación galego Sermos Galiza que organiza a A. C. O Castro, de Vigo.
A convocatoria da presentación en Vigo, feita por O Castro vai acompañada do texto que reproducimos a seguir.
Afirma un proverbio suahili, que agora facemos galego, que quen sabe falar nunca é pobre. Hoxe somos, como pobo, un pouco máis pobres que onte. Nestes últimos tempos nós fomos quedando case sen fala, de vagar, case que por descoido, como quen queda de portas para fóra por deixar o chaveiro dentro da casa. A nosa voz esvause no vento como minguaba a imaxe daquel científico tolo que experimentaba con beberaxes na procura da invisibilidade.
Non nos referimos con esta imaxe ao estado da saúde de cadaquén, senón á desaparición de medios de comunicación galegos. Foise a histórica cabeceira A Nosa Terra, recluída nas hemerotecas como Merlín en Brocellanda, xunto con Galicia Hoxe e finalmente a edición impresa do Xornal de Galicia. Xa se anunciou tamén o peche da súa edición dixital para finais de ano. Debemos lembrar que con anterioridade xa desapareceran Vieiros e A Peneira entre outros. Dun tempo para esta parte desapareceron case todos os medios de comunicación en galego.
Alguén podería pensar que esta afonía social se debe a un mal aire, como se fose unha gripe de outono. Tamén podería pensar, no mesmo sentido naturista, que o seu carácter é pasaxeiro e que logo dun tempo prudencial as nosas voces volverán a se escoitar, se cadra con maior vigor. Falso. Non ten nada de natural que este andazo de afonías afecte só a medios en galego. Do mesmo xeito, tampouco é natural que unha gripe afecte unicamente ás persoas que levan o pelo curto, por poñer un exemplo de arbitrariedade.
A verdade é que non podemos falar porque nos estrangulan, porque queren afogar a nosa voz debido a que as nosas palabras molestan. As rudas e as feas anoxan, as cultas e elegantes incomodan, as túzaras e as máis intelixentes estorban, as maliciosas e as ben intencionadas chinchan por igual, as críticas proen como a rabia. Mesmo as palabras máis simples e inocentes provocan incomodo. Causan unha aguda e impertinente irritación nos oídos de quen nos odia.
Estamos nunha disxuntiva. Podemos non facer nada, ou laiarnos como moito e, xogando con aquela idea, se as persoas de ben non fan nada, daquela o mal triunfará. Deste xeito ficaremos sen voz, mudas e mudos todos, para sempre. A segunda posibilidade, en troca, consiste en loitar e ceibarse do xugo que nos afoga.
No segundo caso, o camiño que debemos tomar é construírmos o noso espazo comunicativo propio, do mesmo xeito que, nas épocas de seca sen chuvias, se cava un pozo para poder ter de onde sacar auga. Chamamos pois a coller a pa e a luxar as mans co traballo. Unha xigantesca tarefa vólvese pequena se traballamos todos e todas. Somos conscientes das posibilidades que abre o proxecto que nos dispoñemos presentar. Saudamos, pois, a Iniciativa social por un medio de comunicación «Sermos Galiza».
Vai ser este xoves 29/09 ás 20.00 horas na Casa Galega da Cultura.
mércores, 21 de setembro de 2011
CURSO DE INICIACIÓN Á LINGUA GALEGA
http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXPL/herdada/herdada/lingua.pdf
UN CURSO QUE PODE SER DO VOSO INTERESE PARA INICIAR NA LINGUA DE NOSO AO ALUMNADO ESTRANXEIRO.
UN CURSO QUE PODE SER DO VOSO INTERESE PARA INICIAR NA LINGUA DE NOSO AO ALUMNADO ESTRANXEIRO.
luns, 19 de setembro de 2011
venres, 16 de setembro de 2011
LINGUA GALEGA TELEVISIÓN
Novas
En outubro inauguramos a nova Canle 5 VÍDEO NA AULA para divulgar a creación de contidos coproducidos polo alumnado e profesorado galego. Se estades interesados en participar nesta canle de programación didáctica mandade un correo a xestion@linguagalega.tv

mércores, 14 de setembro de 2011
GALIZA CO GALEGO
Se vos queredes unir a esta iniciativa aí vos deixamos a páxina e a información, máis unha breve definición do proxecto.
Definición da : Rede popular de ensino en galego
Estará composta por un conxunto de instalacións de ensino de tódolos niveis e modalidades que teñan como obxectivo a transmisión de coñecementos científicos e útiles para a formación integral da persoa e que a lingua vehicular (lingua franca), a do ensino sexa o galego.
Que a formación da persoa sexa realizada con criterios de pluralismo, respecto, tolerancia, diversidade, fora de toda influencia relixiosa (laico).
O conxunto das escolas (da rede popular) estará ao servizo do Pobo de Galiza, para poder ser usada por tódolos seus habitantes, será universal, e para todas aquelas persoas que desexen recibir unha educación en lingua galega.
A rede popular e cada unha das escolas, será privada, sendo os seus propietarios os seus usuarios e impulsores, correspondendo á comunidade escolar no seu conxunto a xestión educativa de cada centro e a participación no global da rede.
A rede manterá a súa independencia dos poderes políticos, a pesar das axudas que por lei lle puideran corresponder e desempeñarán a súa función para acadar os máximos resultados de competencia dos seus alumnos/as equiparables a nivel europeo, conforme ao establecido na lexislación educativa vixente.
En adíante e para evitar calquera interpretación que dificulte o seu contido a Rede popular galega privada de ensino en galego, pasará a denominarse:
Rede popular de ensino en galego.
http://limiargalego.blogspot.com/p/ano-2011-do-ensino-en-galego-apoian-as.html

luns, 12 de setembro de 2011
ACTIVIDADES DO VERBUM
Botado a andar o novo curso escolar, dende o departamento educativo e de acción cultural enviámosvos o Programa Educativo do Verbum Casa das Palabras coa fin de que o teñades en conta á hora de programar as vosas saídas escolares e actividades da aula para as que ben seguro que o noso programa servirá de apoio.
Podedes facer as reservas a través do teléfono 986 240 130 ou ben enviando unha consulta de dispoñibilidade por correo electrónico remitindo os datos que vos pedimos na última folla do programa.
Para calquera dúbida ou aclaración non tendes máis que pórvos en contacto con nós.
Saúdos cordiais,
Marián Otero
Verbum - Casa das Palabras
Concellería de Cultura
Concello de Vigo
BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR
Prezados/as amigos/as,
Un ano máis, dirixímonos a vós dende a CGENDL para desexarvos un bo inicio de curso e achegarvos moito ánimo para afrontalo con ilusión pese aos perigos que ameazan o sistema educativo, tamén no que respecta á normalización da nosa lingua.
É a nosa vontade volver compartir un intenso curso de traballo entre os equipos e docentes que formamos parte da Coordinadora e o conxunto da comunidade educativa. E tecer redes colaborativas que permitan partillar recursos, experiencias, actividades... mais iso precisa do compromiso de todos e todas.
Por iso, nun momento difícil no que a administración busca que calemos, animámosvos a reforzar os equipos nos centros, buscar o contacto cos máis próximos e fortalecer as coordinadoras comarcais que están en marcha ou poñer os cimentos doutras novas. Debémosllelo aos docentes que desenvolveron un inxente labor normalizador neste vinte anos dos equipos e, sobre todo, ao noso alumnado, para construírmos con eles o futuro do noso idioma.
Nos arquivos anexos anexamos diferentes modelos de calendarios do curso 2011-2012, que tamén podedes decargar da nosa páxina. Se algún de vós os quere personalizar co nome do centro podedes solicitalos en formato excell.
Saúdos normalizadores
Consello Directivo
Coordinadora Galega de ENDL
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN CONTRA OS MITOS DO AUTISMO
Por un tratamento digno do autismo, sen mitos nin usos pexorativos.
As persoas con autismo SI nos comunicamos,
Esforzámonos a cotío,
SENTIMOS
E non somos nin indiferentes
nin vivimos no noso mundo.
Con ou sen linguaxe temos moito que dicir.
ESCÓITANOS E COÑÉCENOS,
No canto de empregar o termo “ autismo”
para descalificar a outras persoas.
SERÁN DE REGUEIFA
O próximo día 30 de setembro a partir das 20:30 en Detrás do Marco (r/ Londres, s/n)
Vén pasar con nós unha tarde divertida coas cantigas improvisadas, as regueifas.
venres, 9 de setembro de 2011
xoves, 8 de setembro de 2011
RESUMO PRÁCTICO DE GRAMÁTICA GALEGA
Aquí vos deixamos uns breves apuntamentos sobre gramática para favorecer a elaboración de unidades didácticas ou facilitarllelo ao alumnado.
luns, 5 de setembro de 2011
A nosa literatura nunha web italiana.
Unha web italiana inclúe varias novelas galegas na súa escolma de literatura europea
" PROXECTO TOPONIMIA DE GALICIA"
A Xunta presenta en Barcelona o “Proxecto toponimia de Galicia” no XXIV Congreso Internacional sobre Ciencias Onomásticas
" QUERIDO BALBINO"
A mostra Querido Balbino, 1961-2011. Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego percorre a vida e a obra de Neira Vilas
xoves, 1 de setembro de 2011
DICCIONARIO DA PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA
Este dicionario ten a finalidade de ofrecer un modelo de pronuncia da lingua galega, na súa variedade estándar, nun rexistro formal e cun ritmo normal de fala.
NOVAS DE GALAXIA
A Editorial Galaxia puxo no mercado nos últimos meses case un cento de títulos, clásicos e contemporáneos, para a descarga dixital. Unha parte moi importante do crecemento da oferta editorial do ano 2010 (un 28,6 % máis ca no ano anterior) débese a esta iniciativa desta editora, que traballa na construción dun catálogo propio para as novas tecnoloxías.
Animámosvos a botar un ollo neste enderezo!
Animámosvos a botar un ollo neste enderezo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)