A Concellería de NL,
a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta
unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiros
literarios Proxecto Vigo Literario
Vigo tivo e ten unha presenza destacada
na literatura galega e na literatura noutras linguas. A cidade foi, e ségueo a
ser, referida nas páxinas do mellor da nosa literatura. Na obra de escritores e
escritoras como Cunqueiro, Méndez Ferrín, Domingo Villar, Cid Cabido, M.ª Xosé
Queizán, Rexina Vega, Vigo adquire, como territorio narrativo, un valor propio.
Houbo tamén autores noutras linguas como Torrente Ballester, Jules Verne, Ernest Heminway, Fialho de Almeida que
narraron Vigo.
O proxecto Vigo e Literatura pretende
mostrar Vigo como espazo literario e como recurso educativo. Entendemos que un
proxecto destas características pode servir para facer visíbel a obra de
autores e autoras galegos, que non sempre atopan espazo nos medios de
comunicación social. Este proxecto debe servir, tamén, para dar a coñecer a
propia cidade e a súa historia aos seus habitantes, os vigueses e as viguesas.
O obradoiro inclúe unha breve introdución centrada na
presenza de Vigo na literatura galega e outras literaturas, como a española,
portuguesa, inglesa. Trataranse cuestións como a evolución urbana e social da
cidade, como nos ollan desde fóra.
Haberá unha outra parte do obradoiro cunha dinámica
participativa. Valéndonos de fragmentos de obras literarias de diferentes
épocas, e que teñan como marco diferentes espazos de Vigo, trataremos de que o
alumnado sexa quen de os identificar sobre cartografía e imaxes da cidade.
Utilizaríamos ferramentas dixitais para a confección de mapas interactivos,
como Ikimap.
Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de 3.º, 4.º ESO e 1.º, 2.º
Bacharaleto
Lugar de
realización da actividade: no
propio centro de ensino
Necesidades
técnicas da actividade: aula
de informática, proxector de vídeo
Para calquera dúbida
sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Beatriz Collazo 647
47 05 05
Para solicitar a actividade é necesario enviar
cuberta, a solicitude que se achega, o día 16 de outubro ao correo electrónico
actividades.snl@vigo.org a partir das 9:30 e até as 14:00 (deben poñer no
asunto: proxecto vigo literario)
Amais: os obradoiros concederánselles, en
primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o
pasado curso escolar.