da UVigo propoñen esta actividade para o alumnado de 4.º de ESO e 1.º, 2.º de Bacharelato do Concello de Vigo.
Actividade | Día | Hora entrada | Hora comezo | Hora saída (aprox.) |
Recursos Naturais de Galicia (charla + exposición) | venres, 19 de maio | 10:00 | 10:15 | 12:00 |
Obxectivo:
Coñecer a riqueza dos recursos naturais dos que dispón Galicia. Así, destáncanse fontes de enerxía
alternativas como a enerxía hidráulica, eólica, xeotérmica, solar e a obtida da queima de biomasa; e fontes
de riqueza mineral en Galicia como son o granito, os áridos para a construción, a lousa e as augas minerais.
Preséntase como é o seu aproveitamente actual e que ferramentas úsanse para a súa exploración,
explotación, elaboración, transformación e utilización, actividades todas elas que han de levarse a cabo de
forma segura, rendible e ambientalmente aceptable.
Por último, móstranse os aspectos ambientais na explotación dos recursos e outras actuacións que deben
levarse a cabo para restaurar os espazos afectados no momento que cese a actividade.
Programa:
- Exposición de carácter didáctico na que se amosan os principais “Recursos Naturais de Galicia”
- Charlas: Recursos minerais de Galicia
Recursos enerxéticos de Galicia
Técnicas para a xestión de recursos (láser, termografía, drones...)
Explosivos e recuepración de espazos mineirosA actividade terá lugar no Auditorio municipal situado na praza do Rei, núm. 1.
IMPORTANTE: O transporte do alumnado vai pola conta do centro escolar.É necesario indicar o número de alumnos/as e o número de profesores/as
que vai asistir.Cada centro poderá reservar una máximo de 50 prazas (máis o profesorado).
COMO SOLICITAR A ACTIVIDADE |
Deberá chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 13:00 a 14:00 a partir do martes 9 de maio (inclusive). |
Ningún comentario:
Publicar un comentario