luns, 28 de novembro de 2011

CLIMA POÉTICO.

Blog adicado á literatura en lingua portuguesa do Brasil.
http://climapoetico.wordpress.com/

POR QUÉ É BO QUE OS NENOS E AS NENAS APRENDAN BEN O GALEGO

  1. - Porque o galego, fillo do latín e irmán - Porque se as nenas e os nenos de ¿Por que é bo quedo castelán, do francés, do italiano, do hoxe non o falan, dentro duns anoscatalán e de tantas outras linguas é non o falará ninguén e acabará os nenos e as nenasunha parte fundamental de todas as por desaparecer.persoas que nacemos ou vivimos nesta aprendan ben oterra chamada Galicia. galego? É a túa responsabilidade. Non o deixes morrer.- Porque o galego foi e é a lingua damaioría dos nosos pais e das nosas nais,dos nosos avós e avoas, dos nosos - E porque…bisavós e demais devanceiros. (Escribe aquí as túas razóns) - - - Equipo de Dinamización da Lingua Galega - -
  2. - Porque segundo as persoas - Porque aínda que nos primeiros anos - Porque os mozos e as mozas que naexpertas en aprendizaxe de linguas, mesture palabras das dúas linguas, a partir infancia aprenderon o galego na casaaos nenos e ás nenas que aprenden dos 6 ou dos 7 vai diferenciar perfectamente ou na escola tamén aprenderon ode pequenos dúas linguas (galego e o galego e o castelán. castelán sen problema ningún, pero acastelán, por exemplo) despois maioría dos que só aprenderon oresúltalles moito máis fácil aprender - Porque o galego é unha lingua tan rica, castelán, agora non son quen de falar eoutras (inglés, francés, alemán…) culta, útil e moderna coma calquera outra. de escribir en galego con soltura.- Porque unha nena ou un neno - Porque segundo todos os estudospequeno é capaz de aprender como actuais e imparciais feitos sobre amínimo dúas linguas ao mesmo evolución do galego, cada vez son máistempo sen problema ningún. os nenos/as e mozas/os que non saben - Porque as persoas que saben galego falar en galego.O importante é que a persoa adulta pódense comunicar facilmente con 280lle fale sempre na mesma lingua. millóns de persoas de lingua portuguesa (de Compárense por exemplo os datosPor exemplo, o pai sempre en Portugal, de Brasil, de Angola, de publicados polo Instituto Galego decastelán e a nai sempre en galego, Mozambique etc.) Estatística no ano 2003 e no ano 2008ou á inversa. (ver www.ige.eu). Isto fai que as posibilidades profesionaisCon todo, aínda que os dous lle para traballar con persoas destes países se En só 5 anos aumentou a porcentaxefalen en galego, o castelán vaino amplíen notablemente (médicos/as, da mocidade que non sabe falar enaprender tamén a través doutros enxeñeiros/as, empresarios/as…) galego dun 10,74% a un 12,34%...parentes, doutros nenos, da escola,da TV etc. E esta tendencia continúa acelerándose!

FALO PORQUE ME PETA

O GALEGO ENCAIXA CGENDL
http://vimeo.com/32789291

domingo, 27 de novembro de 2011

xoves, 24 de novembro de 2011

Xornadas "Educación e linguas en Galicia"

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e o Servizo de Normalización Lingüística organizan as III Xornadas "Educación e Linguas en Galicia. O imaxinario social sobre o galego". Desenvolveranse os días 25 e 26 de novembro de 2011 no Salón de Actos da Facultade de CC. da Educación (Campus Sur), cos seguintes obxectivos:
  • Recoñecer a existencia de prexuízos lingüísticos na sociedade galega e no ensino e nos futuros ensinantes en particular.
  • Axudar a reflexionar sobre os prexuízos lingüísticos aos futuros docentes.
  • Aprender a identificar, previr e corrixir prexuízos lingüísticos dende unha óptica de igualdade das linguas.
  • Coñecer experiencias positivas de traballo contra os prexuízos. lingüísticos tanto de Galicia como doutras comunidades.
O destinatario principal destas xornadas son o alumnado e o PDI das titulacións impartidas na Facultade de Ciencias da Educación.

IV CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS TERRAS DO UMIA

mércores, 23 de novembro de 2011

DESPERTA DO TEU SONO

Aquí vos deixamos o enderezo e enlace ( pinchando no título) deste interesante blogue de José Manuel Barbosa donde se presentan concursos e moitas outras novas de interese para a lingua e o profesorado de galego. É un blogue interactivo onde se pode participar e colaborar, asi como obter información sobre  outras propostas normativas. Tamén podedes acceder e seguilo en " A nosa lista de blogues" .

martes, 22 de novembro de 2011

OPS! O PORTUGUÉS SIMPLES

MAPA DIALECTAL DE GALICIA.

REPORTAXE SOBRE A SEGREGACIÓN DA LINGUA GALEGO-PORTUGUESA.

Interesante video.

RECURSOS DIDÁCTICOS PARA TRABALLAR O NADAL NAS AULAS.

Prezados/as compañeiros/as,

Por segundo ano consecutivo, a CGENDL pon á disposición da comunidade educativa un  monografico para o Nadal . Deste modo, dende a Coordinadora ofrecémosvos a nosa páxina como unha plataforma web colaborativa que recolle recursos e materiais elaborados nos propios centros escolares. Os monográficos de Nadal, Entroido, Letras Galegas, etc. completan o espazo de recursos xeral (  http://ir.gl/8b9eb4  ), de acceso para os membros do colectivo, que na actualidade conta cunhas 200 entradas. No especial de Nadal podedes atopar:

1.- Recursos para traballar nas aulas:  escolma de recursos elaborados por docentes, institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e o Apalpador, o refraneiro, bases de concursos, etc. Agardamos completala coas vosas achegas a   correo@coordinadoraendl.org  .  

Enderezo:  http://www.coordinadoraendl.org/nadal2  0  11/recursos/index.php


2.-  Postais elaboradas polo alumnado:  espazo destinado a recoller as felicitacións feitas polo alumnado que, unha vez dixitalizadas, poden ser enviadas, a través da rede e de modo moi sinxelo, polo propio alumnado e as súas familias para felicitar as festas e o novo ano. O prazo de recepción de postais continuará aberto ata o 19 de decembro. Nos documentos anexos remitimos as instrucións e un modelo de autorización para podermos usar os traballos do alumnado. 

Enderezo:  http://www.coordinadoraendl.org/nadal2011/index11.php

Lembrade que a CGENDL é unha entidade formada por equipos e docentes que traballan de forma voluntarista e de forma construtiva, e que non ten subvencións nin outras vías de financiamento para ofrecer premios. O maior premio é poder compartir a ilusión posta no traballo polo noso alumnado e os seus profesores e profesoras e a satisfacción das familias ao ver os resultados deste labor.

Agardamos que este proxecto vos sexa de utilidade.

Saúdos normalizadores

Pinchando nos enlaces ou no título podedes acceder aos documentos de Cómo enviar as postais, e a Autorización.

http://dl.dropbox.com/u/22728933/como%20participar%20no%20env%C3%ADo%20de%20postais%20de%20nadal.pdf

http://dl.dropbox.com/u/22728933/modelo%20autorizaci%C3%B3n%20postais.doc

Escritas e falares da nossa língua

domingo, 20 de novembro de 2011

sábado, 19 de novembro de 2011

A LINGUA SABE A PAN. NOVA MONTAXE.

20 ANOS DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LGTCA.: GRAZAS!

QUE É UN EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA?

Prezados/as amigos/as,
Enviámosvos hoxe dous materiais pensados para poñer en valor o traballo dos equipos. Cremos que vos poden ser de utilidade neste momento no que algúns poñen en cuestión o noso traballo e a nosa existencia.
Por un lado a  chegámosvos en arquivo anexo o decálogo  "Que é un equipo?" , un documento para a reflexión que ofrece algunhas claves sobre a súa natureza e funcionamento e que pode servir como presentación do equipo ante a Comunidade Escolar. 
Do mesmo xeito, para festexar o  XX aniversario dos equipos , deseñamos un  tarxetón para enviar ás familias  co obxectivo de agradecerlles o seu apoio ao longo de todo este tempo e agora nun novo curso. Podedes tomalo como modelo e adaptalo á realidade do voso centro ou participar da súa edición conxunta con outros equipos a un prezo de 0'083€ (+ IVE) por unidade. O formulario de pedimento atópase na páxina que recolle os materiais editados para esta conmemoración:   http://www.coordinadoraendl.org/vinteanos/pedimentos.php
 
Saúdos normalizadores
CGENDL

OFERTA EDITORIAL DE GALAXIA

OBRADOIRO DE LITERATURA E CREATIVIDADE EN TORNO Á FIGURA DE ÁLVARO CUNQUEIRO

Estimados/ as compañeiros/ as,

Poñémonos en contactos con vos nesta ocasión para ofertarvos unha nova actividade para o vindeiro sábado 26 de novembro de 2011 que esperamos sexa do voso agrado, o Obradoiro de literatura e creatividade en torno á figura de Álvaro Cunqueiro está especialmente pensado para docentes interesados en traballar coa obra de Cunqueiro nas aulas e actividades.

A través de temas básicos da literatura galega de Álvaro Cunqueiro, proponse este obradoiro enfocado á creación de contacontos que permitirán achegar a figura do escritor mindoniense dun xeito lúdico e creativo. Utilizaranse  metáforas narrativas que se desprenden do acervo cultural europeo e que se plasman no texto máxico realista no seu libro "Un home que se parecía a Orestes".
No obradoiro farase unha análise dramatúrxica e creativa dos textos e concretaranse estas propostas en improvisacións teatrais que permitirán aos asistentes ni futuro transmitir mellor e facer máis comprensible os textos de Cunqueiro a través de propostas creativas e teatrais.

Nos documentos adxuntos, achegamos máis información asi como a folla de inscrición.
http://dl.dropbox.com/u/22728933/Inscrici%C3%83%C2%B3n%20Cunqueiro-1.jpg

http://dl.dropbox.com/u/22728933/Inscrici%C3%83%C2%B3n%20Cunqueiro-2.jpg

Esperamos a vosa participación e que a información dada sexa do voso agrado.

Saúdos,

Verbum - Casa das Palabras
Concellería de Cultura e Festas
Concello de Vigo

ASOCIAÇIOM GALEGA DA LINGUA ( AGAL)

PÁXINA DO FB

GUÍA: " MADE IN GALIZA" Séchu Sende.


Esta guía quere ofrecer ao profesorado, coa axuda da lectura de Made in Galiza, unha maneira complementaria de explicar parte do programa de sociolingüística de 2.º de Bacharelato. Nos apartados titulados Para pensarmos un pouquiño hai textos sobre outras realidades lingüísticas e o profesorado decidirásobre a conveniencia ou non do seu uso na clase. Evidentemente a guía pode ser utilizada con outros cursos da ESO ou de 1 .º de Bacharelato en caso de que se recomende a lectura do libro ou para facilitar a comprensión dos conceptos de sociolingüística incluídos no programa de cada curso. Xa que logo esta guía, ademais de servir como apoio á lectura de Made in Galiza, pretende ofrecer material didáctico para fomentar o debate sobre as actitudes e os comportamentos ante a lingua galega entre o alumnado. Así mesmo recomendamos a lectura de Made in Galiza en cursos sobre a lingua e cultura galegas porque as situacións exploradas por Séchu Sende son realidades cotiás na nosa sociedade e son ideais para provocar nos asistentes aos cursos unha fonda reflexión sobre a actitude de cadaquén ante a situación da lingua galega. Algo moi necesario para que cada cidadán libremente tome consciencia e decida a súa posición ante a responsabilidade que temos de conservar e transmitir un ben colectivo como é a lingua galega.
PODEDES ACCEDER A ELA TAMÉN EN " FERRAMENTAS".

INSTRUCCIÓNS PARA FACER UN COMENTARIO DE TEXTO. XOSÉ MARÍA MORENO.

Tamén podedes acceder a través das ferramentas.

domingo, 13 de novembro de 2011

Discurso de peche da III Asemblea da CGENDL

Discurso de peche da III Asemblea da CGENDL O peor incendio que está a padecer Galicia / Galiza é o que se leva por diante a esperanza, afirmaba xa hai uns sábados Manuel Rivas nun artigo do xornal "El País". Máis abaixo, o autor facía unha diagnose perfecta do país na que nos incluía a nós, aos equipos: Temos un país queimado. Non só os montes de Ourense e algunhas outras bisbarras. Temos queimados os equipos e as equipas. Os equipos de normalización lingüística, por exemplo, eses botan fume por cada poro. E non me estraña. Como vas traballar no ensino oficial a prol dunha lingua, se todo o discurso do poder vai dirixido a descualificar ese traballo, a que a xente interiorice que a súa lingua é unha lingua inútil.(…) Esa é a situación, a que vivimos e percibimos a xente do ensino e a de fóra del, resumiuna perfectamente. Somos conscientes de que prenderon as lapas na esperanza, mais cómpre apagarllas. Actuar.
Volvo reproducir as palabras do escritor:
O Rexurdimento tamén agromou en circunstancias de desacougo colectivo e cando moitas cousas semellaban perdidas ou en perigo de perderse. O que cómpre, cando un país está queimado, non é apagar a luz e encamalo. Pola contra, éche o intre de levar a contraria, montar un novo Rexurdimento e botar un baile coa Negra Sombra. Penso que Rivas recolle perfectamente o noso espírito, o da CGENDL. Non podemos encamar tanto traballo normalizador feito ata o de agora esperando que esmoreza ás
escuras. Toca bailar coa negra sombra, coller azos e rexurdir. Cómpre que nos esforcemos por manter a esperanza posta no futuro. E o futuro do galego, máis concretamente o do galego no ensino, depende moito da nosa capacidade de resistencia.
Ten que ser posible saír deste foxo no que nos queren enterrar. Foino moitas veces. Outros antes ca nós conxugaron o verbo RESISTIR e por iso estamos hoxe aquí.
Resistimos ataques directos con acusacións falsas, aguantamos a indiferenza que nos pretende anular, soportamos o cansazo que produce todo o anterior e mais os anos dedicados a traballar de balde por unha causa na que se foi avanzando paseniño durante 20 anos e de golpe se retrocedeu moito.
RESISTIR significa evitar que recuemos máis. Para iso cómpre saír da queixa e do lamento e de quedarnos só en sinalar culpables. Resistir é denunciar pero ademais é actuar.
RESISTIR quere dicir que temos que descansar cando cansemos, pero non podemos abandonar o proxecto, a idea, o obxectivo.
RESISTIR non pode ser escudarse en que cada vez temos menos apoios e que a administración que nos creou non cre en nós.
RESISTIR pasa tamén por autoavaliarnos. Analizarmos o traballo feito e aprender dos erros, elaborar críticas construtivas sobre todo o labor normalizador dos últimos anos, e enfocar ben o futuro.
RESISTIR tamén significa non abandonar, non darlle a batalla gañada, iso é o que pretenden, o que lles gustaría, o que están desexando... que nos rindamos, mais non llelo imos poñer tan fácil. Comezamos a sementeira e agora debemos traballar para nun futuro apañar.
Con todo, non buscamos sermos mártires da causa, só esperamos MANTER O ALENTO e ir poñendo o noso gran de area, máis grande ou máis pequeno, co fin de pretender librar a lingua galega dos prexuízos de sempre, da marxinalidade, da escuridade…
Porque RESISTIR ten que ser AVANZAR, apoiármonos uns nos outros, axudármonos, compartirmos e andar. Por iso é moi importante seguirmos tecendo a rede da Coordinadora.
Moitos comezaron a batalla da normalización no ensino hai moito tempo e resistiron ata agora. Outros fómonos sumando máis tarde. E cómpre seguir. Os equipos levamos sementando desde hai 20 anos e moita semente foi prendendo. Se non prendese, non pretenderían queimala. Todo o que se semente de novo desde os equipos e desde a Coordinadora Galega de ENDL será futuro para o galego, será
Porque está en xogo o esforzo enorme e a esperanza de toda a xente que loitou pola normalización da lingua no ensino hai 20 e mesmo 30 anos. A xeración de Agustín Fernández Paz, a quen homenaxeamos no acto de xuño pasado, non puido traballar en balde. Está o esforzo, a esperanza e a ilusión de quen botou a andar as coordinadoras comarcais ou dos que o tentaron, con maior ou menor éxito. O esforzo enorme de Xabier no Salnés, de Xepe en Santiago, de Beatriz no Carballiño, de Ánxeles na Mariña, de Paco na Terra de Melide, de Luísa na Coruña, de Xan e Ana nas Terras de Umia, de Ana en Bergantiños, de Manuel en Verín, de Nito en Pontevedra, de Albina no Baixo Miño, de Mabel en Vigo, de Xoán Carlos en Celanova, de Teresa da Terra de Soneira, de Sabela en Quiroga, de Pilar e de todos os que foron mantendo a Coordinadora Leixaprén e de moitos máis…
Con máis ou menos éxito, o esforzo fíxose e a batalla deuse. Reunións fóra de horario nas comarcas, organización de actividades nos centros e nas comarcas, reunións do consello zonal en sábado pola mañá en Compostela… Temos esperanza no futuro do galego e este depende de nós.
RESISTIR significa ILUSIONARNOS, porque tanta resistencia non é posible sen ilusión.
Mirar para atrás para o inxente labor xa feito nestes 20 anos dos equipos e nos dous da coordinadora e ILUSIONARNOS.
ILUSIONARNOS co reto que temos no noso alumnado: o do rural que debe manter a súa lingua e o do urbano que debe achegarse ao galego e adquirir competencias.
ILUSIONARNOS co reto que temos no profesorado e nas familias ao que temos que gañar para unha causa xusta como é a da defensa da nosa lingua.
ILUSIONARNOS con que o galego non sexa unha anécdota na rúa Príncipe de Vigo ou nos Cantóns da Coruña. Ilusionarnos con que o galego siga tendo a mesma presenza en Cospeito, Forcarei ou Trives, mais coa cabeza ben erguida.
ILUSIONARNOS e NON DESALENTAR. Se realmente queremos que a situación do galego no ensino e na sociedade mude, facemos falta todas e todos arredor deste proxecto, fai falta o traballo de todo o mundo. Temos que organizar moitas cousas que algunha, seguro, que nos ha de saír ben.
ILUSIONARNOS mesmo co baile que lle temos que botar á negra sombra.
Á negra sombra que pretende silenciar o noso traballo e que non quere que se saiba que onte organizamos unha videoconferencia reivindicando que o galego tamén vale para a ciencia e nela participaron 6000 alumnos e alumnas de secundaria e 4000 de primaria.
Á negra sombra da administración que pretende afogarnos atacando todo aquilo que nós defendemos.
Á negra sombra do desánimo de compañeiros e compañeiras.
Á negra sombra do cansazo dos membros e coordinadores/as de equipos
Á negra sombra do alumnado e das familias que creron o discurso negacionista imperante.
Porque somos a coordinadora da resistencia, da ilusión, do orgullo do noso e do orgullo do galego. Por iso, desde a pluralidade, imos sumar vontades e esforzos para
IES As Fontiñas
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2011
esperanza. normalizar, dinamizando, o galego no ensino e na sociedade. En positivo, construíndo futuro para a nosa lingua e transformando a indignación colectiva en creatividade, en ilusión e en esperanza.

Valentina Formoso Gosende
Coordinadora Xeral

xoves, 10 de novembro de 2011

Valentina Formoso: “É tempo de resistir fronte aos que pretenden a eliminación da nosa lingua"

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística elixiu nova directiva esta pasada fin de semana co obxectivo de proxectar o seu discurso fora dos centros escolares.

"Esta III Asemblea Xeral serviunos para consolidar a nosa organización, de dar un salto cara a proxectar o noso labor fóra dos límites dos centros do ensino neste momento de regresión do uso da lingua nos centros de ensino, regresión que mesmo se promove dende a propia administración”. Así de contundente se amosou Valentina Formoso Gosende, reelixida coordinadora xeral dos equipos de Normalización Lingüística.

A III Asemblea Xeral da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística celebrada esta fin de semana en Compostela tamén renovou ao 40% dos seus membros. No decurso desta asemblea, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística realizou unha actualización dos seus textos estatutarios para permitir "unha mellor concreción" do seu labor do día a día nos centros de ensino.

Ademais, presentouse o plano de traballo para o vindeiro curso e os obxectivos para os dous seguintes, que terán coma principal finalidade contribuír a xerar un discurso "normalizador plural e integrador" que chegue a todos os sectores da sociedade galega. Ademais, os equipos de NDL tamén tentarán defender o uso e a normalización do galego máis alá das aulas.

CRITERIOS DE LINGUAXE NON SEXISTA

Abrindo as cancelas do falar: Criterios de linguaxe non sexista


A linguaxe combina un carácter construído, non arbitrario, cunha viva capacidade de construción: imaxinamos a realidade mediante o filtro das representacións lingüísticas. Pero... que imaxe proporciona o periscopio das palabras? É quen de espellar unha realidade plural ou pode prender en usos que, malia seren correctos gramaticalmente, non nos debuxan ben?

O branco de todas as cuestións anteriores son as propostas dun uso non sexista da linguaxe. O tema, tratado con atención unhas veces e depreciado outras tantas na esfera pública, centra unha nova e breve publicación da USC, froito da colaboración da Área de Asesoramento Lingüístico do Servizo de Normalización Lingüística e da Oficina de Igualdade de Xénero: Criterios de linguaxe non sexista. Por máis que unha ollada redutora traduza linguaxe non sexista en regueiros ridículos de barras, arrobas, dobres flexións e concordancias, as razóns base desta achega nunca son menores:  visibilizar o 50 % da poboación e gañar precisión e exactitude cognitiva.

A Universidade, terreo de xogo desta iniciativa, preséntasenos como un espazo no que resulta imposíbel virarlle as costas a este tipo de usos. Dunha banda, está a innegábel presenza da muller na institución académica e doutra, as esixencias mesmas da vehiculación do coñecemento: unha linguaxe científica esixe o máximo rigor, sen ambigüidade.

O documento Criterios de linguaxe non sexista pretende ser unha guía práctica, unha base manexable e coherente, na liña de moitas das consultas que chegan a un SNL ou que se atoan na recámara das dúbidas de calquera falante. Talvez semelle un xeito de organizar respostas básicas, e abofé ten pretensión de limiar, de chanzo primeiro á reflexión para un público diverso. Debido ao seu carácter iniciático, realiza unha sucinta división de criterios aplicábeis segundo tipos de texto, ao tempo que deixa libre o camiño ao emprego doutro tipo de solucións e métodos.

Outro portelo aberto é o da difusión, xa que os Criterios de linguaxe non sexista optan por unha licenza copyleft, que permita ao documento saír dos vieiros tradicionais deste tipo de produtos, e posibilite a distribución de copias, versións...

Só peneirando as palabras en común, abriremos a cancela que comunica os cambios lingüísticos cos cambios sociais. Moita enerxía para cribar as escollas en prol dunha boa sementeira!
 

ALBA CID FERNÁNDEZ

BASES DO XX CERTAME LITERARIO A PIPA DE BECERREÁ

Como defenderes os teus dereitos lingüísticos

«Cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posibles». Tal paráfrase de Einstein podería ser o leit-motiv que levou a Carlos Callón, presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, a escribir este manual da auto-axuda, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, editado por Xerais.

Malia que a situación da lingua galega amosa síntomas preocupantes, pois leva séculos sufrindo  perda de falantes, que se acelerou nas últimas décadas, e non goza de protección xurídica e institucional abonda, na opinión de Callón existe un aspecto positivo que convén ter moi en conta: «nunca antes existiu unha comunidade lingüística galega tan dinámica e con tal grao de consciencia dos seus dereitos». É a esta minoría social, preocupada e concienciada, á que se dirixe o autor fundamentalmente: ás persoas que teñan suficiente motivación como para exerceren os seus dereitos lingüísticos.

Escriturar un ben, facer testamento, escolarizar as fillas, poñer nome, consumir produtos, solicitar facturas, acudir ao médico, cubrir un formulario electrónico dunha administración, traballar, utilizar un servizo municipal... A cotío vivimos infinidade de situacións en que o galego semella non existir; e deixará de existir, en efecto, se nós, as persoas concienciadas e comprometidas co noso idioma non o reivindicamos. «O non xa o temos, mais o si aínda podemos conquistalo. Pidamos o galego alí onde non nolo ofrezan. Procuremos sempre a empatía da persoa que nos atenda, mais nunca deixemos pasar calquera xestión da nosa vida sen o dicirmos: Por favor, podería ser en galego? Sorprenderémonos. (...) Non ocultemos que queremos vivir en galego.»
Como sostén Callón, a falta do galego en moitas situacións habituais non se debe tanto ao rexeitamento como á inercia e á ignorancia, tanto dos nosos interlocutores como, en moitas ocasións, propia nosa. Este manual pretende alumar o camiño da acción individual, tan necesaria para a vixencia do idioma propio de Galicia. Por unha banda, ofrece argumentos e datos en que apoiar as nosas demandas; por outra, aconsella técnicas para facelo con asertividade, é dicir, sen empregar unha conduta aversiva para os demais, e obtendo, polo tanto, un autorreforzo. Son variadas as anécdotas, tanto propias do autor como doutras persoas, que ilustran esta liña de actuación e que serven, ademais, para que o libriño, xa de por si didáctico, deveña entretido e, mesmo, divertido.

Cada logro e avance do galego houbo que pelexalo a pulso. E nesas seguimos. Velaquí, logo, unha axudiña... para o pulso.

M ISABEL VAQUERO QUINTELA
Luns, 07 de novembro de 2011

III Xornadas «Educación e linguas en Galicia»

Aínda que os estudos sociolingüísticos realizados nos pasados anos 90 parecían presaxiar a paseniña desaparición das actitudes negativas cara á nosa lingua, o certo é que estudos posteriores, máis cualitativos, como O galego segundo a mocidade ou Falar galego, no veo por qué, alertaron da fortaleza dos vellos e novos prexuízos lingüísticos como a asociación entre galego e atraso, galego e política ou políticas normalizadoras e imposición. Os resultados dos estudos víronse desgraciadamente confirmados nos últimos anos coa aparición de grupúsculos que atoparon amplo eco nos medios de comunicación e nos partidos políticos, e demóstranse acotío en declaracións realizadas a bombo e prato.
A este clima prexuizoso non é alleo o mundo da educación e todos os axentes que nel interactúan: alumnado, profesorado, nais e pais... Malamente os docentes de infantil, primaria e secundaria van poder reconducir este tipo de actitudes e desactivar prexuízos con argumentos e con experiencias  motivadoras nos rapaces e rapazas (un dos obxectivos actitudinais destes niveis de ensino), se tamén as padecen.
Precisamente este é o obxectivo central destas III Xornadas «Educación e linguas en Galicia»: aprender a localizar as ideas preconcibidas negativas que poidamos ter sobre os falantes da nosa lingua (de calquera lingua) e adquirir argumentos e ideas para poder axudar a reconducilas.

Para ver máis pincha no título.

mércores, 9 de novembro de 2011

VIDEOMATÓN DA LINGUA

TRES HISTORIAS PARA VER.... E APRENDER

Velaquí tres fermosas curtas de animación para gozar e traballar nas escolas infantís ou en familia: Os sete cabritos, A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos. A Secretaría Xeral de Política Lingüística anima o profesorado a utilizalos xunto coas propostas didácticas que os acompañan. E os pais e nais, a gozar deles cos seus pequenos.
Estes audiovisuais, desenvolvidos por OQO Editora, foron enviados recentemente en formato DVD a todos os centros educativos de Galicia que imparten educación infantil.

SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

domingo, 6 de novembro de 2011

E CO OUTONO CHEGA O MAGOSTO

CONTOS EN VIDEO EN GALEGO

O SAPO E A RAPOSA

A PANCARTA DA POLÉMICA E CENSURA DO BLOGUE DO CAMPOLONGO

EFECTO DOMINÓ EN TEMAS DE CENSURA

A LINGUA GALEGA SABE A PAN

http://vimeo.com/31535420

TABOLEIRO ANTES E DESPOIS DA CENSURA. CEIP CAMPOLONGO.

COÑECE A CGENDL EN CINCO MINUTOS

RECURSOS NA REDE PARA A IMPARTICIÓN DA DOCENCIA EN GALEGO

http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=arqweb/recursos/recursos.php

ADSCRICIÓN A CGENDL

Nesta nova xeira e cos tempos que corren é mester que @s docentes esteamos unid@s na defensa dos nosos intereses e da nosa lingua, por iso, animámosvos a adscribirvos ás Coordinadoras de Vigo e bisbarra e á nacional. Xunt@s podemos!
http://cedlgdevigoebisbarra.blogspot.com/
http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=arqweb/coordinadora/coorzonamem.php

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Co gallo da celebración do II Día da Ciencia en Galego o pasado venres 4 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convidou a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegaron temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que participaron tiveron a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.
Aquí vos deixo toda a información.

http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=cienciaengalego/2011/videoconferencias.php

OBRADOIROS DE LITERATURA MEDIEVAL

Os Obradoiros de literatura medieval leváronse a cabo por distintos centros de Vigo, promovidos polo ENL do Concello de Vigo e consisten no desenvolvemento do Canto de amiga cunha breve e didáctica exposión da historia de Galicia até o período medieval. É un achegamento á lírica medieval galego-portuguesa, a súa calidade e a súa actualidade na Galicia do s. XXI, unha clase didáctica donde os rapaces e rapazas da ESO se achegan á nosa literatura e á nosa historia dunha maneira lúdica, e un xeito moi axeitado de acercalos á didáctica da estructura das cantigas: leixaprén, refrán, composición, estructura rítmica....
Para tod@s aquel@s que non tiveron oportunidade de participar, e para os centros que desexen levar a cabo esta actividade, déixovos o enderezo da persoa que os imparte, son obradoiros de dúas horas de duración e millor que tres leccións maxistrais sobre literatura medieval.