Kafka e a boneca viaxeira .Este texto baséase nunha historia real acontecida a Franz Kafka un ano antes da súa morte. Paseando por un parque de Berlín, o autor atopou unha nena que choraba desconsolada porque perdera a súa boneca. Para calmar a pequena, Kafka contoulle que a boneca marchara de viaxe, e el, convertido en carteiro, tiña unha carta que lle levaría ao día seguinte ao parque. Durante tres semanas, o escritor checo estivo escribindo e levando cartas á mociña, narrando as peripecias da extraordinaria boneca deste todos os rincóns do mundo.
Para a versión galega, Sandra Romarís, Emilio Cao e Xocas López adaptaron o texto orixinal de Jordi Sierra i Fabra, Premio Nacional de Literatura no 2007, teatralizado por Guillem J. Graells. Baixo a dirección de Cristina Domínguez e Fernando Bernués, o espectáculo conta cun elenco de caras moi coñecidas no teatro galego.
Xosé Manuel Olveira Pico, que na montaxe interpreta a Kafka, é un dos rostros máis recoñecibles da profesión, con vinte montaxes do Centro Dramático Galego (CDG), innumerables obras de teatro e a participación en series televisivas do éxito de Mareas vivas ou o Padre Casares.
Rocío González, que exerce de Elsie na obra, traballou para o Centro Dramático Galego e outras compañías galegas. Pola súa banda,
Lucía Regueiro, que interpreta a Dora, traballou con Teatro do Atlántico e na serie televisiva Libro de Familia, da TVG.
Calendario
- 15 ene 12 a las 19:00h Auditorio municipal, Valga
- 20 ene 12 a las 10:00h Forum Metropolitano, A Coruña
- 20 ene 12 a las 12:00h Forum Metropolitano, A Coruña
- 21 ene 12 a las 19:00h Forum Metropolitano, A Coruña
- 22 ene 12 a las 17:30h Forum Metropolitano, A Coruña
- 29 ene 12 a las 19:00h Audotorio Municipal, Narón
- 27 feb 12 a las 11:00h Teatro Jovellanos, Gijón, FETEN
- 06 mar 12 a las 11:30h Salón do Libro, Pontevedra
- 06 mar 12 a las 18:00h Salón do Libro, Pontevedra
- 07 mar 12 a las 11:30h Salón do Libro, Pontevedra