venres, 31 de xaneiro de 2014

PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR. EDITORIAL BARAFUNDA.

“PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR”
1º EDICIÓN

Título: Pepiña Maruxiña quere voar
Editorial: Barafunda
Texto: Manuel Castro Lima.
Ilustracións: Francisco Ameixeiras Sánchez.
Idioma: Galego
Nº páxinas: 34 a toda cor
Encadernación: Cartonado
Tamaño: 20 x 20 cm
ISBN:84-941-9850-2
P.V.P.: 12 €
www.barafundaanimación.com

Pepiña Maruxiña emprende unha aventura polo xardín á procura dunhas ás. Pólo camiño coñecerá diferentes animais que a axudarán a cumprir os seus desexos de voar.
O conto de Pepiña está baseado na tradición popular de cantarlle ás xoaniñas para protexelas, pero tamén para que emprendan o vóo, para preguntarlles polo tempo atmosférico, para coñecer con quen vas casar, para que faga bo tempo e boas colleitas...
Dende Barafunda embarcámonos no proxecto de recuperar esta tradición oral mediante a publicación dun conto ilustrado e un espectáculo en pequeno formato.
Pretendendo espertar nos máis cativos o interese pola cultura de noso e o respecto á natureza.


XVI CERTAME INTERNACIONAL DE IMPROVISACIÓN ORAL

CENTRO VECIÑAL E CULTURAL DE VALLADARES

ESTRADA XERAL DE VALLADARES Nº 261
36.315 - VIGO
TELF: +34 - (9)86 - 467053 
FAX: +34 - (9)86 - 467052
Http:www.ctv.es/USERS/cvallada

CIF:G-36805158




XVI CERTAME INTERNACIONAL DE IMPROVISACIÓN ORAL


Lugar: Auditorio do Centro Sociocultural de Valladares ( O Pedregal)

DÍA 1 DE FEBREIRO.- Actividades paralelas

20,00 H.- DESAFIO POÉTICO
-          IRENE LA SEN
-          SILVIA PENAS
-          MANOLO PIPAS
20,20 H.- RAPEADO  CEIBE DO PAÍS.
20, 45 H.- TEATRO DO IMPROVISO, DENDE TERRAS LUGUESAS.
-          EXPERIENCIAS DE ESCRITURA IMPROVISADA EN DIRECTO.

DÍA 2 DE FEBREIRO.- Mostra Internacional de Regueifas

18,00 HORAS.- OBRADOIRO ABERTO DE INICIACIÓN ORAL (SEN PÚBLICO), PREVIA INSCRICIÓN (PRAZO ATA O XOVES 30, ÁS 20,00 H.), NO TELÉFONO 986467053, NO CORREO- E: cvallada@ctv.es OU oral@regueifa.org
19,00.- HORAS.- PRESENTADOR: LUIS “O CARUNCHO”.
19,10.- REGUEIFEIROS BERGANTIÑANS:
-          SUSO DE XORNES
-          ANTONIO DE XORNES
-          GUILLERMO DA RABADEIRA
      (Gañadores do premio “Rosalía de Castro” da Deputación da Coruña – 2013)

19,30.- ALUMN@S DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA ORALIDADE DE VIGO
19,40.- CANTAR AO DESAFIO PORTUGUÉS CON:
-          VALTER SAÔ MARTINHO
-          CLAUDIA MARTÍNS
20,15.- IMPROVISACIÓN EN VERSO, CON :
-          PINTO D´HERBÓN
-          BIEITO LOBARIÑAS
-          JOSIÑO DA TEIXEIRA
20,30.- ROLDA DE DESPEDIDA
20,45.- PECHE DO ACTO CUN BRINDO DE LUIS “O CARUNCHO”




OBRADOIRO DE REGUEIFAS

A Concellería de Normalización Lingüística, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiros de regueifas e certame

Os obradoiros teñen a intención de ser unha porta á nosa tradición e cultura oral, pero que responden á necesidade de coñecer a rima, o ritmo, a métrica... a poesía.

Datas: os obradoiros de regueifa duran dous días, cada centro escolle un día da 1.ª quenda e outro da 2.ª

            1.ª quenda: 18, 19, 21, 25 e 26 de febreiro; e 7 de marzo (escoller un día)
            2.ª quenda: 10, 11, 12, 14, 18 e 19 de marzo (escoller un día)

Horario: ás 09:30 ou ás 12:00
O horario que se escolla para a 1.ª quenda deberá ser o mesmo que para a 2.ª quenda

Duración: 1 hora e 30 minutos

Dirixido a: alumnado de ESO, Bacharelato e FP

Número de participantes: máximo 50

Lugar de realización do obradoiro: no propio centro de ensino

Necesidades do profesorado do obradoiro: unha pizarra ou veleda


Para solicitar a actividade é necesario chamar ao teléfono: 986 81 02 81 os días 10 (luns) e 11 (martes) de febreiro, de 13:00 a 14:00


IMPORTANTE: CERTAME DE REGUEIFAS

Está previsto un certame o día 21 de marzo, venres, a partir das 10:00, no CVC de Valadares (camiño do Pedregal, 6), no que participarán rapaces e rapazas dos centros escolares participantes.

Estará guiado por regueifeiros e contarase con outras colaboracións.

Para a realización deste certame precísase que os centros que participen acorden asistir a este evento, por iso:

Pídeselles aos centros que comuniquen, á hora de facer a solicitude do obradoiro, se teñen intención de asistir ao certame.

O desprazamento até o Centro Cultural de Valadares vai por conta da Concellaría de Normalización Lingüística.

De asistiren, deberán indicar o número de alumnos/as que acudirán.


A PAISAXE DE VIGO

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- A paisaxe de Vigo

Narración oral que require a participación do público en determinados momentos.
A historia transcorre nun Vigo imaxinario, poboado por elementos e personaxes da tradición oral asociados a localizacións realmente existentes na cidade e a súa contorna (a fonte do ouro, a calexa do tardo, a pedra da moura...). En determinados momentos da historia, á protagonista preséntanselle probas, probas que, en realidade, será o propio público que deba resolver, tales coma a creación de pequenos poemas, ilustracións ou resolución de adiviñas...
Ademais destas particularidades, o outro elemento definitorio da actividade é o uso dun mural de feltro sobre o cal se van colocando as distintas personaxes que aparecen.

Duración: 50 min
Dirixido a: alumnado de primaria (3.º e 4.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Necesidades técnicas da actividade: a única necesidade é ter un fondo sobre o cal colocar o mural.
Habitualmente, as e os participantes sentan no chan, próximos ao contador e poden realizar as actividades directamente no chan ou ben en mesas próximas.
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Tono Formoso 610 90 84 19 ou ben tono@fabaloba.com


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 10 de febreiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 10 de febreiro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h





Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.orgg / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
A paisaxe de Vigo para primaria (3.º e 4.º)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 10 de febreiro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 30

Indicar a preferencia (de 1 a 18) para a participación na actividade:

_____ 17 febreiro (luns), ás 10:00                      _____ 24 febreiro (luns), ás 10:00
_____ 17 febreiro (luns), ás 12:30                      _____ 24 febreiro (luns), ás 12:30
_____ 18 febreiro (martes), ás 10:00                  _____ 25 febreiro (martes), ás 10:00
_____ 18 febreiro (martes), ás 12:30                  _____ 25 febreiro (martes), ás 12:30
_____ 19 febreiro (mércores), ás 10:00             _____ 26 febreiro (martes), ás 10:00
_____ 19 febreiro (mércores), ás 12:30             _____ 26 febreiro (mércores), ás 12:30
_____ 20 febreiro (xoves), ás 10:00                    _____ 27 febreiro (xoves), ás 10:00
_____ 20 febreiro (xoves), ás 12:30                    _____ 27 febreiro (xoves), ás 12:30
_____ 21 febreiro (venres), ás 10:00
_____ 21 febreiro (venres), ás 12:30


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

VEN DE FURANCHO


venres, 10 de xaneiro de 2014

A EDUCACIÓN É A ARMA MÁIS PODEROSA PARA CAMBIA-LO MUNDO

http://cenlpontevedra.blogspot.com.es/2014/01/cita-de-educacion-de-nelson-mandela-en.html

CEIP A DOBLADA CON MATERIAL DE RECICLAXE


REUNIÓN DOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN LGTCA. DE VIGO, 16 de xaneiro,18/30, IME, Vigo

O vindeiro XOVES 16 DE XANEIRO DE 2014 ÁS 18/30 NO SALÓN DE ACTOS DO IME, Camiño do Chouzo nº 2, terá lugar a reunión de Coordinador@s de Equipos de Dinamización lingüística dos Centros de Vigo co SNL do Concello para artellar e coordinar as actividades de dinamización que se van levar a cabo entre os meses de xaneiro a marzo.
Contamos coa presenza de tod@s vós.

Saúdos afectuosos.

Mabel Pérez
CDEDLG de Vigo e bisbarra.

PASENIÑO COA LINGUA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Paseniño coa lingua

Consiste nunha xincana na cal as e os participantes teñen que superar unha serie de probas a través da linguaxe corporal e verbal co obxectivo de conseguir peza dun quebracabezas, cuxa correcta montaxe presenta un collage da nosa cidade e palabras en lingua galega, relacionadas con ela e coa nosa cultura.


Duración: 1 hora e cuarto

Dirixido a: alumnado de infantil (4 e 5 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (aula de psicomotricidade, ximnasio ou aula despexada) -de ter alguna dúbida sobre o desenvolvemento da actividade, poden poñerse en contacto con Rocío de Mekané 986 24 54 86, 626 33 99 91.


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 17 de xaneiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 17 de xaneiro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.




Vigo, 3 de xaneiro de 2014
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.orgg / facebook: vigo en galego

Solicitude de participación na actividade:
Paseniño coa lingua para infantil (4 e 5 anos)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 17 de xaneiro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 30

Indicar a preferencia (de 1 a 20) para a participación na actividade:

_____ 22 xaneiro (mércores), ás 9:30 h            _____ 29 xaneiro (mércores), ás 9:30 h
_____ 22 xaneiro (mércores), ás 12:15 h          _____ 29 xaneiro (mércores), ás 12:15 h
_____ 23 xaneiro (xoves), ás 9:30 h                   _____ 30 xaneiro (xoves), ás 9:30 h
_____ 23 xaneiro (xoves), ás 12:15 h                _____ 30 xaneiro (xoves), ás 12:15 h
_____ 24 xaneiro (venres), ás 9:30 h                 _____ 31 xaneiro (venres), ás 9:30 h
_____ 24 xaneiro (venres), ás 12:15 h               _____ 31 xaneiro (venres), ás 12:15 h
_____ 27 xaneiro (luns), ás 9:30 h                     _____ 3 febreiro (luns), ás 9:30 h
_____ 27 xaneiro (luns), ás 12:15 h                   _____ 3 febreiro (luns), ás 12:15 h
_____ 28 xaneiro (martes), ás 9:30 h                 _____ 4 febreiro (martes), ás 9:30 h
_____ 28 xaneiro (martes), ás 12:15 h               _____ 4 febreiro (martes), ás 12:15 h


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

NANOCONTOS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Nanocontos

Contacontos de Raquel Queizás.
Para os nosos amigos os animais cada día é unha nova aventura chea de cousas que aprenden mentres xogan coas cores, as formas e a música. Porque cando se é tan pequeño até as cousas mais sinxelas se convirten en todo un reto.
Reinventan o mundo cunha mirada que o ve todo por primeira vez, abraiándose a cada paso mentres aprenden novos nomes para os obxectos que acaban de descubrir.
Un espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos nenos e nenas de 0 a 3 anos; a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese e cunha duración apropiada á súa capacidade de atención.

Duración da actividade: 35 minutos
Tempo de montaxe: 15 min
Tempo de desmontaxe: 15 min

Dirixido a: alumnado de infantil (de 0 a 3 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (é preciso unha toma de corrente)
De ter algunha dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden poñerse en contacto con Xaime de Urdime 679 94 69 57 e/ou Mariola 639 069 580, de Urdime


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 21 de xaneiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 21 de xaneiro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

 Vigo, 8 de xaneiro de 2014
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.orgg / facebook: vigo en galego

Solicitude de participación na actividade:
Nanocontos para infantil (de 0 a 3)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 21 de xaneiro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________


Número máximo de participantes nun grupo: 50


Indicar a preferencia (de 1 a 9) para a participación na actividade:

Horario: ás 16:30 h, este horario podería adaptarse ás necesidades do centro escolar, no caso de ser posible realizar o cambio pola entidade que desenvolve a actividade.

_____ 27 xaneiro (luns)                            _____ 4 febreiro (martes)
_____ 28 xaneiro (martes)                        _____ 5 febreiro (mércores)
_____ 29 xaneiro (mércores)                   _____ 6 febreiro (xoves)
_____ 30 xaneiro (xoves)                         _____ 7 febreiro (venres)
_____ 3 febreiro (luns)


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

A MALETA DA AVOA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- A maleta da avoa

É un contacontos con obxectos e títeres da contadora Raquel Queizás.
Raquel dende ben pequena escoitaba os contos da avoa, pola mañá, na merenda e, sobre todo, pola noite. A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros, nela vive a memoria entre libros, culleres, chapeus....

 Duración da actividade: 50 minutos
Tempo de montaxe: 45 min
Tempo de desmontaxe: 30 min

Dirixido a: alumnado de infantil (3, 4 e 5 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (é preciso unha toma de corrente)
De ter algunha dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden poñerse en contacto con Xaime López 679 946 957 ou Mariola 639 069 580, de Urdime


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 20 de xaneiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 20 de xaneiro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

Vigo, 8 de xaneiro de 2014
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.orgg / facebook: vigo en galego

Solicitude de participación na actividade:
A maleta da avoa para infantil (3, 4 e 5 anos)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 20 de xaneiro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 100

Indicar a preferencia (de 1 a 18) para a participación na actividade:

_____ 27 xaneiro (luns), ás 10:00 h                   _____ 4 febreiro (martes), ás 10:00 h
_____ 27 xaneiro (luns), ás 13:00 h                   _____ 4 febreiro (martes), ás 13:00 h
_____ 28 xaneiro (martes), ás 10:00 h               _____ 5 febreiro (mércores), ás 10:00 h
_____ 28 xaneiro (martes), ás 13:00 h               _____ 5 febreiro (mércores), ás 13:00 h
_____ 29 xaneiro (mércores), ás 10:00 h          _____ 6 febreiro (xoves), ás 10:00 h
_____ 29 xaneiro (mércores), ás 13:00 h          _____ 6 febreiro (xoves), ás 13:00 h
_____ 30 xaneiro (xoves), ás 10:00 h                _____ 7 febreiro (venres), ás 10:00 h
_____ 30 xaneiro (xoves), ás 13:00 h                _____ 7 febreiro (venres), ás 13:00 h
_____ 3 febreiro (luns), ás 10:00 h
_____ 3 febreiro (luns), ás 13:00 h


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.