venres, 31 de xaneiro de 2014

PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR. EDITORIAL BARAFUNDA.

“PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR”
1º EDICIÓN

Título: Pepiña Maruxiña quere voar
Editorial: Barafunda
Texto: Manuel Castro Lima.
Ilustracións: Francisco Ameixeiras Sánchez.
Idioma: Galego
Nº páxinas: 34 a toda cor
Encadernación: Cartonado
Tamaño: 20 x 20 cm
ISBN:84-941-9850-2
P.V.P.: 12 €
www.barafundaanimación.com

Pepiña Maruxiña emprende unha aventura polo xardín á procura dunhas ás. Pólo camiño coñecerá diferentes animais que a axudarán a cumprir os seus desexos de voar.
O conto de Pepiña está baseado na tradición popular de cantarlle ás xoaniñas para protexelas, pero tamén para que emprendan o vóo, para preguntarlles polo tempo atmosférico, para coñecer con quen vas casar, para que faga bo tempo e boas colleitas...
Dende Barafunda embarcámonos no proxecto de recuperar esta tradición oral mediante a publicación dun conto ilustrado e un espectáculo en pequeno formato.
Pretendendo espertar nos máis cativos o interese pola cultura de noso e o respecto á natureza.


Ningún comentario:

Publicar un comentario