sábado, 14 de decembro de 2013

IDEAS PARA REGALAR EN GALEGO

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua pon en marcha un interesante proxecto co que achega diferentes agasallos para este Nadal relacionados coa lingua ou a cultura do país. Airapro participa da iniciativa co disco e a camiseta dos Heredeiros da Crus, as cuncas de Mucha e Nucha e o primeiro traballo de Sés. Na web de agasallo.eu pódese atopar desde literatura e música ata audiovisual, tecnoloxía e textil.
Os días máis especiais do ano para mercar un detalle para regalar fanse desde esta semana un pouco máis doados para os amantes dos produtos da terra. A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua ven de presentar agasallo.eu, unha interesante iniciativa coa que colabora Airapro e que aglutina un bo número de propostas que ben poden servir como agasallos nas festas do Nadal.
Libros, música, audiovisual, tecnoloxía, experiencias, textil, alimentación ou xogos son algunhas das categorías de produtos que se poden atopar nunha páxina que non fai máis que redirixir ao usuario ás empresas ou proxectos que se encargan de vender os diferentes agasallos: no caso de Airapro, tanto o disco e a camiseta dos Heredeiros como o disco de Sés e as cuncas de Mucha e Nucha pódense mercar na Airapro Tenda.
Agasallo.eu ofrece toda a información sobre cada un dos produtos (fotografía, descrición, precio e características a ter en conta), facilitando dun xeito doado ao usuario a compra a través da rede. Non está pensada exclusivamente para o Nadal: mesmo suxire algunhas das datas nas que pode ser útil para atopar ideas coas que sorprender en galego a un amigo ou familiar.

http://airapro.com/ideas-para-regalar-en-galego-en-agasallo-eu/

http://airapro.com/


RECURSOS PARA TRABALLAR O NADAL NAS AULAS

A CGENDL pon unha vez máis á disposición de todas e todos vós un monográfico dedicado á temática do Nadal: http://coordinadoraendl.org/nadal2013/index.php. Esta páxina especial contén unha escolma de recursos e materiais elaborados por docentes, equipos de normalización lingüística, centros escolares, institucións e asociacións, tales como unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, propostas de agasallos en galego, etc. Coma sempre, agardamos que este contedor de recursos vos sexa de proveito nas aulas e pedímosvos a vosa colaboración para achegar novos recursos que compartir coa comunidade educativa, recursos que seguiremos subindo nestes días vindeiros.
Así mesmo, presentámosvos agasallo.eu, plataforma web con propostas para regalar (en) galego posta en marcha pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. Esta interesante iniciativa pode ser de grande utilidade á hora de confeccionar as propostas de lecturas, discos, cinema e outros agasallos que se soen facer dende os Equipos, as Bibliotecas ou os centros en xeral, xa que presenta a posibilidade de crear un catálogo personalizado en pdf. Máis alá das festas navideñas, contempla efemerides como o Día das Letras Galegas ou o Día de Rosalía.
Por último, detectáronse erros no envío do nº 11 de ‘Ollos de aula’ (decembro de 2013), así que repetimos os sitios web dende onde podedes acceder á revista:

venres, 13 de decembro de 2013

UNIDADE DIDÁCTICA: CÓNTAME CÓMO É O NADAL

Aquí vos deixo o enlace para acceder á U. Didáctica: " Cóntame cómo é o Nadal". Unha Unidade chea de actividades que se poden realizar nas aulas de E. Infantil e 1º Ciclo de Primaria e que dan moito xogo nas aulas nestas datas.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22728933/unidade_didactica_nadal.pdf



ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN CIDADÁ NO NADAL EN VIGO. " NO NADAL, UN CONTO"

https://dl.dropboxusercontent.com/u/22728933/postal%20no%20nadal%20un%20conto.pdf

Neste enlace podedes ver os días, horas e actividades que se van realizar na cidade propostas polo SNL do Concello co gallo de animar o Nadal en galego a nenas e nenos vigueses.
Botade unha ollada! de seguro que hai algo que vos pode interesar!
Bo Nadal en galego!!!!!!!

mércores, 11 de decembro de 2013

CONCURSO DE CARTAS AO APALPADOR

http://www.apalpador.com/
O  APALPADOR!

Este ano todas as cartas que recibamos entrarán no Premio de Cartas ao Apalpador 2013. Só tendes que enviar a vosa carta ao apartado 7070 da Coruña. Valoraremos as máis inxeniosas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos.
Como non se trata dun concurso de misses, non vale pedir “… a paz no mundo”, “… que non haxa máis guerras”, “… a cura de todas as enfermidades” nin “… que o ano que vén me porte mellor…”. Todo isto está moi ben, pero ese desexo xa llo supomos a todos vós (e nós). Tampouco imos valorar os adornos das cartas, poden facerse, craro que si! Pero non se premiarán as mellor adornadas, ou por que sexan máis bonitas.
Tamén é importante pór a idade, pois clasificarémolas por tramos. O concurso está aberto a todo o mundo que lle escriba ao Apalpador, mais está destinado principalmente a estudantes de infantil, primaria e primeiro ciclo de ESO. Tamén poderán participar grupos cunha carta común; pensamos en aulas, asociacións, clubes, familias, ou mesmo unha panda de colegas.
O resultado do concurso darase a coñecer o 31 de decembro, na Noite do Apalpadoiro, a través deste sitio web: www.apalpador.com
Para pór no taboleiro de anuncios

domingo, 8 de decembro de 2013

NOVAS DA CGENDL

Prezados/as amigos/as,
Presentámosvos un novo número (o 12, decembro de 2013) de "Ollos de aula", a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Nesta entrega, Valentina Formoso responde á pregunta "Que vai supoñer a LOMCE para o ensino do galego?", analízase a nova lei de educación dende os presupostos dos seus defensores e detractores, achegámonos ao Departamento de Orientación da man de Lines Salgado e non faltan os anuncios móbiles e as habituais propostas de ocio de Gracia Santórum. E, ademais, reflexionamos: "Quen lle fala hoxe galego a Shin Chan?".
Coma sempre, agardamos polas vosas suxestións, consultas e colaboracións no enderezo ollosdeaula@gmail.com e pregámosvos difusión entre a comunidade escolar, sobre todo, entre as ANPAS e as familias.
Podedes descargala en:
Saúdos normalizadores

CGENDL

CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE SOMBRAS CHINESAS

Boletín de inscrición para o
CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE SOMBRAS CHINESAS
organizado pola Concellería de Normalización Lingüística
Curso gratuíto para maiores de 15 anos que terá lugar no Verbum (avda. Samil, 17)
Datas curso: 17, 18, 19 e 20 de decembro
Horario curso: de 17:00 a 20:00 h
Debe enviarse cuberto este boletín ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (é suficiente con poñer a información solicitada no corpo do correo)
Prazas: 20 (por orde de inscrición)
Cada persoa debe levar: tesoira, cúter, lapis e goma de borrar. Coas siluetas deseñadas e recortadas por cada unha das persoas participantes vaise crear e representar unha pequena historia no salón de actos do Verbum o día 21 de decembro ás 12:30 h
Nome: _________________________________________________________________
Apelidos: _______________________________________________________________
Idade: __________________ (para maiores de 15 anos)
Enderezo:______________________________________________________________
Código postal e localidade: _________________________________________________
Teléfono/s (importante): __________________________________________________
Correo electrónico: _______________________________________________________
Sinatura



Normalización Lingüística Verbum
Praza do Rei, número 1 Avenida de Samil 17
36212 Vigo 36212 Vigo
Tfn.: 986 81 02 81 Tfn.: 986 24 01 30
Fax: 986 22 06 78 986 24 06 33

CURSO DE INICIACIÓN ÁS SOMBRAS CHINESAS

Boletín de inscrición para o
CURSO DE INICIACIÓN ÁS SOMBRAS CHINESAS
organizado pola Concellería de Normalización Lingüística
Curso gratuíto para maiores de 15 anos que terá lugar no Verbum (avda. Samil, 17)
Datas curso: 10, 11, 12 e 13 de decembro
Horario curso: de 17:00 a 20:00 h
Debe enviarse cuberto este boletín ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (é suficiente con poñer a información solicitada no corpo do correo)
Prazas: 20 (por orde de inscrición)
Cada persoa debe levar: tesoira, cúter, lapis e goma de borrar.
Nome: _________________________________________________________________
Apelidos: _______________________________________________________________
Idade: __________________ (para maiores de 15 anos)
Enderezo:______________________________________________________________
Código postal e localidade: _________________________________________________
Teléfono/s (importante): __________________________________________________
Correo electrónico: _______________________________________________________
Sinatura


Normalización Lingüística Verbum
Praza do Rei, número 1 Avenida de Samil 17
36212 Vigo 36212 Vigo
Tfn.: 986 81 02 81 Tfn.: 986 24 01 30
Fax: 986 22 06 78 986 24 06 33