mércores, 22 de maio de 2013

FESTA DAS LETRAS FLORIDAS

Domingo día 26 de maio
Cento cincuenta anos da publicación de
Cantares gallegos na rúa Real
Festa das letras floridas
no barrio de Rosalía
-De 8 a 12.
Factura da Alfombra floral.
Desde a praza de Almeida pola Rúa Real abaixo, ata onde dean os recursos florais, mínimo ata a placa existente.
-De 11 a 12.
Poetas recitan no medio da rúa, da xente e das flores.
-De 12 a 13.
Na praza da Constitución, Baile, música, pandeireta... animación sociocultural.
-Ás 13.
Na praza de Almeida, alocución dos representantes das entidades organizadoras.
A continuación, Coro dos Cantares do Brión e Orfeón Mariñeiro do Berbés.
-Ás 14.
Himno galego diante da casa coa placa de Rosalía e Cantares.

Fundación Rosalía de Castro
Concello de Vigo
Asociación veciñal e cultural do Casco Vello
Federación de asociación veciñais de Vigo “Eduardo Chao”
DAG Asociación galega de deseñadores

sábado, 11 de maio de 2013

VIDEOFORUM SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

O 21 e 23 de maio, no Auditorio municipal do Concello deVigo,
praza do Rei, número 1

Moderado pola actriz: Uxía Blanco
19:00 h: apertura de portas
19:15 h: inicio: presentación da obra/vida de Vidal Bolaño
19:30 h: proxección película (de balde)
día 21: Sempre Xonxa (114 min)
día 23: A lingua das bolboretas (95 min)
21:30 h : coloquio

ESCRITA CREATIVA

A Concellaría
de Normalización Lingüística organiza o obradoiro
ESCRITA
CREATIVA
DATAS
Luns 20 e martes 21 de maio
HORARIO
de 17:00 a 19:00 h
LUGAR
IME
(camiño do Chouzo, 2)
INSCRICIÓN
986 81 02 81
(de 9:00 a 14:00h)
Obradoiro gratuito impartido polo escritor
Francisco Castro

UN CHAPEU NEGRO E UN NARIZ DE PALLASO

Na Editorial Galaxia veñen de publicar un libro+DVD sobre Roberto Vidal Bolaño a quen este ano se lle dedican as Letras.

Titúlase: Un chapeu negro e un nariz de pallaso da autoría de Montse Pena e Enrique Veloso. O libro é unha achega á biografía profesional do homenaxeado e o DVD, cunha duración aproximada de 30 minutos, contén imaxes do propio Bolaño actuando e comentarios sobre a súa persoa da xente que o tratou (familia, amigos e compañeiros de profesión).

O conxunto resulta un excelente material para traballar con este autor a un prezo de venda ó público de 15 euros.
Mais información aquí:


xoves, 9 de maio de 2013

BOLAÑO: ACTIVIDADES PARA O 3º CICLO DE PRIMARIA.

http://coordinadoraendl.org/letras2013/material/caderno_ciclo_3_ep.pdf

BOLAÑO: ACTIVIDADES PARA O 2º CICLO DE PRIMARIA

http://coordinadoraendl.org/letras2013/material/caderno_ciclo_2_ep.pdf

BOLAÑO: ACTIVIDADES PARA O PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA.

http://coordinadoraendl.org/letras2013/material/caderno_ciclo_1_ep.pdf

BOLAÑO: ACTIVIDADES PARA INFANTIL

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. SEMINARIO GALÁN. ACTIVIDADES.

Roberto Vidal Bolaño é un dos promotores do teatro profesional en Galicia. Foi un activo defensor da normalización lingüística na escena galega. Integrante do Grupo Abrente, participou na fundación de varios grupos de teatro, participando neles como autor, director, actor, escenógrafo... sendo recoñecido o seu labor con numerosos premios literarios.


TELEXORNAL VIDAL BOLAÑO

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

A CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina web monográfica sobre Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013:
Este especial compila recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo, institucións, asociacións, etc. Con esta páxina pretendemos facilitar un ano máis o voso labor nos centros educativos; por iso, agarda polos vosos traballos, ideas e experiencias para partillar co resto do profesorado e as familias: correo@coordinadoraendl.org.
Co mesmo obxectivo, comprácenos darvos a coñecer o proxecto Enredamos, unha compilación moi completa de xogos populares organizada segundo unha clasificación moi clara a través de fichas descritivas, vídeos-demostración, ligazóns, etc.: http://enredoscampolongo.blogspot.com.es. O traballo está coordinado polo mestre Antonio Ferrer Moreira (CEIP Campolongo – Pontevedra) e podedes colaborar nel dirixíndovos a enredoscampolongo@gmail.com.
Dende a CGENDL animámosvos a participar nestas iniciativas e nesta rede colaborativa que construímos entre todos/as co voso traballo e o voso compromiso coa lingua e a formación do noso alumnado.

OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un Obradoiro de escrita creativa.
DATAS:
Luns 13 e martes 14 de Maio.
LUGAR:
Biblioteca Xosé Neira Vilas ( Martínez Garrido, 21)
HORARIO:
de 18/30 a 20/30
INSCRICIÓN:
986810281 ( de 9/00 a 14/00 horas)
OBRADOIRO IMPARTIDO POLO ESCRITOR FRANCISCO CASTRO.

domingo, 5 de maio de 2013

CONCURSO FOTOGRÁFICO E DE MENSAXES DE WHATSAPP

No marco do programa Alumea a túa lingua! maratón de actividades para celebrarmos a publicación de Cantares Gallegos, en Vigo hai 150 anos, as concellarías de Xuventude e Normalización Lingüística covocan un concurso fotográfico e de mensaxes de whatsapp.
Estes concursos teñen como temática a obra Cantares Gallegos, e están dirixidos a aquelas persoas empadroadas en Vigo que naceren ben entre 1996-1998 (ambos inclusives) ben entre 1983-1995 (ambos inclusives)
O prazo para enviar mensaxes ou fotografías comeza o día 6/05 ás 10:00 h e remata o 12/05 ás 22:00 h.
Establécense 3 premios por categoría.
As bases de senllos concursos poden consultarse na páxina web da Concellaría de Xuventude: www.xuventudevigo.org

PERCUSSOES

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello deVigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
-
Percussões

É un obradoiro onde se descobren os puntos en común entre dúas culturas irmás: a brasileira ea galega. Música, fauna, tradicións, comidas típicas e outras curiosidades… fan que se esperte de maneira lúdica e interactiva o interese polas diversidades e ao mesmo tempo semellanzas de dous países que comparten a mesma lingua. Tamén imos facer algunha actividade musical en grupo para gozarmos da esencia dos ritmos afrobrasileiros.
O obxectivo é mostrar como os alumnos e alumnas por medio do galego poden aproximarse, relacionarse e entender perfectamente ese inmenso país que xa é a quinta economía do planeta e un referente político e cultural a nivel mundial.
Isto vai transformar a lingua galega nunha vantaxe e provocará un reforzo para o seu estatuto e o dos seus falantes dentro da aula e co profesorado. O relator usará un formato de lingua portuguesa próximo, en termos lexicais, ás falas galegas que os alumnos coñecen pasiva ou activamente. A metodoloxía do obradoiro será práctica, procurando unha alta implicación das rapazas e rapaces.
Quen o coordena?
Paulo Silva, Natural de Salvador da Bahia, Brasil, cursou estudos na Facultade de Música da Universidade Federal de Bahía (UFBA) durante once anos, catro deles cursando estudos superiores. Durante oito anos tocou como convidado na Banda de Música e a Orquestra Sinfónica da Universidade. Tamén ten unha ampla experiencia en música de cámara clásica e contemporánea. Na Galiza, onde vive desde fai catro anos ten colaborado ao lado de artistas como Xosé Manuel Budiño, Guadi Galego, Uxía Senlle, Sonia Lebedinsky, Carlos Blanco, Quico Cadaval, Antón Reixa, Sérgio Tannus, Narf, Fred Martins, Najla Shami, Mercedes Peón...
Duración:
50 minutos
Dirixido a:
alumnado de primaria (cursos: 1.º, 2.º e 3.º)
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino (espazo amplo e con boa acústica)
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 8 de maio.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 8 de maio a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h

Solicitude de participación na actividade:
Percussões
para primaria (cursos: 1.º, 2.º e 3.º)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 8 de maio a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 40
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 16) para a participación na actividade:
______ 20 maio (luns), ás 9:30 h ______ 24 maio (venres), ás 9:30 h
______ 20 maio (luns), ás 12:30 h ______ 24 maio (venres), ás 12:30 h
______ 21 maio (martes), ás 9:30 h ______ 27 maio (luns), ás 9:30 h
______ 21 maio (martes), ás 12:30 h ______ 27 maio (luns), ás 12:30 h
______ 22 maio (mércores), ás 9:30 h ______ 28 maio (martes), ás 9:30 h
______ 22 maio (mércores), ás 12:30 h ______ 28 maio (martes), ás 12:30 h
______ 23 maio (xoves), ás 9:30 h ______ 29 maio (mércores), ás 9:30 h
______ 23 maio (xoves), ás 12:30 h ______ 29 maio (mércores), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________

BRAIS FERNÁNDEZ ( XANDOBELA): TÉCNICAS DE DINAMIZACIÓN.

Para rematar coas Xornadas contamos coa presenza de Brais, artífice de moitas das actividades que se levan a cabo nos centros de Vigo promovidas polo SNL do Concello. Comentounos a máxima de Xandobela e o seu traballo:
"Traballamos dende unha óptica innovadora contidos educativos e sociais de actualidade. Experimentamos con novas metodoloxías e estratexias de aprendizaxe fóra das habitualmente empregadas nos contextos de educación formal. Dinamizamos calquera contido e idea que ti desexes traballar."
Isto é o que fixo coa " Amiga Cantiga", as "Bibliotecas Vivintes" e outras actividades que leva polos centros. Falounos desde o punto de vista da educación informal e da súa experiencia nas nosas aulas como unha experiencia persoal moi positiva, e de que vendo como responde o noso alumnado e o entusiamo co que traballamos os Equipos de Normalización isto non esmolece. Unha visión esperanzadora, de certo.
Tamén nos fixo xogar e púxonos reunións de Normalización a todas horas e cambios de roles. Rematamos as Xornadas entre risas e esperanzados.
Se queredes máis información sobre o traballo de Xandobela aquí tendes o seu enderezo.

Reiteramos o noso agradecemento a tódol@s participantes nestas Xornadas de Dinamización e animámosvos a repetir en anos vindeiros.

CDEDLG de Vigo e bisbarra.

ROSALÍA MUSICADA

Desde o CEIP Ría de Vigo, Carme González presentounos unha experiencia do seu alumnado que adicaron un concerto de poemas musicados de Rosalía de Castro por aulas.
Asi mesmo, transmitiunos unha experiencia que se fai en vacacións! nos derradeiros días de Xuño é que é levar a biblioteca á praia, os nenos e nenas do centro colocan mesas con libros na praia e fan préstamos de lecturas en galego aos veraneantes para que lean mentres disfrutan do sol, unha experiencia sorprendente para os bañistas e unha impronta para os pequenos que disfrutan dos seus principios de vacacións animando á lectura en galego.
Teñen tamén neste centro un ANPA moi colaborativo que ten un blogue moi interesante e premio edublogs 2013.

Aquí vos deixo os enderezos.

UNHA EXPERIENCIA AUDIOVISUAL: A TV DO IES DE BEADE

Xosé María Moreno, artífice da TV do IES Beade expricounos o funcionamento da TV que se realiza por parte do alumnado do centro, crean as novas, as editan, fan entrevistas e publican.
Así mesmo ensinounos unha serie de estratexias para utilizar as TICS como elemento de dinamización. Coñecemos programas como Openshot para editar videos, www.ted.com para traducir textos do inglés ao galego de entrevistas interesantes nos eidos científico e cultural, e amosunos o traballo que fai co seu alumnado amosándonos cómo realizalo e que podedes visualizar neste enderezo.
.http://iesbeadetv.wordpress.com/
Aconsellámosvos que vexades o I Festival de curtametraxes realizadas polo alumnado.

ROTEIRO POR COIA IES ALEXANDRE BÓVEDA

O IES ALEXANDRE BÓVEDA, en colaboración co Concello de Vigo presentou o ROTEIRO POLO BARRIO DE COIA, traballo desenvolvido por un grupo de profesores e profesoras do centro no que, a través dunha ruta guiada polo barrio de Coia de 12 paradas, pode seguirse e estudarse a toponimia e a evolución histórica do barrio, dende a Antigüidade ata a creación e consolidación do polígono de vivendas.
O Concello de Vigo ven de colocar unha placa do Roteiro en cada unha das paradas propostas. Nesta placa podemos atopar o nome da parada e un código QR que axiliza a consulta da información nun móbil ou nunha tableta.
Os compañeiros do centro presentáronnos e describíronnos o proxecto e a súa wiki donde se pode atopar toda a información.

UNHA EXPERINCIA NO CEIP COUTADA-BEADE

O compañeiro Manuel Pérez presentou a experiencia do seu centro, cando chegou ao centro como profesor de E.F. chamoulle a atención o nome dos lugares da zona " Coutada do demo", " Camiño do alén" ... nomes un tanto extraños que decidiron investigar a través do alumnado e as súas familias, preguntaron a avós, bisavós, veciños e foron descubrindo que todos fan referencia a alguén que viviu alí e ás súas características persoais- típico en toda Galiza- e así foron conformando a historia de cada lugar que foi recollida no traballo que sobre toponimia está facendo o SNL do Concello de Vigo.  
http://toponimiavigo.blogaliza.org/
Así mesmo no centro foise recuperando a Festa do Samaín cun concurso de cabazos adornados para a ocasión e que vai substituindo ao Hallowen.
Estas e outras experiencias dinamizadoras podedes ollalas no seguinte enderezo:

ACHÉGATE A BEMBRIVE: ABRE OS TEUS SENTIDOS

A compañeira Eva do Chans-Bembrive ( a foto non lle fai xustiza por culpa do sol da tarde), expricounos a súa experiencia sobre o coñecemento da zona onde está ubicado o centro, co gallo de coñecer máis a zona fan estudos sobre a paisaxe, a agricultura, a toponimia, a natureza e os animais, tamén cómics que se realizan entre tódalas aulas, e todo o publican no blogue do centro e o expoñen en carteis polo centro adiante. O centro de interese de tódalas unidades didácticas é Bembrive. Co profesorado colaboran as familias e a veciñanza para darlle máis color e información ao alumnado investigador. É un traballo cooperativo e colaborativo de todo o centro seguindo as pautas dun proxecto educativo de centro.
Aquí tendes o seu traballo

A LARGADA DA POMBA

Desde o CEIP Igrexa-Candeán, presentáronnos " A largada da pomba" unha actividade de Dinamización e de Cultura pola Paz.
Según nos conta Nardo ( Bernardo Carpente) ten que haber un discurso, cunha reflexión sobre a cultura de Paz previo á largada. Un minuto de silencio polas guerras e o terrorismo.
As veces, alguén recolle a pomba e temos respostas ilusionadas, di. No ano 2000 contestaron desde O Carballiño e no 2001 desde Viseu, a 40 Qms. de O Porto. En ámbalas dúas ocasións propiciou o inicio de ilusionadas relacións entre colexios.
Presentouse como experiencia no ano 1999 nas Xornadas da Paz celebradas en Santiago. Resultou entrañable.
Construír a pomba leva unhas tres horas. Os materiais saen nuns 60 euros.
A experiencia consiste no seguinte:
Trátase dunha pomba en poliespán de dous metros de envergadura que, suspendida por tres enormes globos, elévase maxestuosamente mentres soa “O silencio” de Roi Etzel. Leva no seo mensaxes de paz elaborados no Obradoiro de Escrita( CFR. enlace)


Leva tamén unha carta para quen a apañar que di:

Está vostede en posesión da Pomba da Paz que, como cada ano, ceibamos no ...Pregámoslle teña a ben facela chegar ao colexio público máis próximo e lle entregar ao director/a do mesmo a carta adxunta.
Nela van as indicacións oportunas para reparar a viaxeira da paz e deixala en condicións que poida seguir o seu periplo.
Co noso agradecemento.

E outra para o/a director/a da escola pública máis próxima:
Somos o Colexio Público .... de Vigo que largou esta pomba coa mensaxe de Paz o 30 de Xaneiro de 2006, aniversario do pasamento de Gandhi.
Estaríamos encantados/as de lles botar unha man na súa reparación para que poida continuar viaxe.
Teléfono
Fax. 
Graciñas, compañeiro/a
Asdo.  Director/a


A reflexión que se saca desta experiencia:
Se fosemos mariñeiros procurariamos bancos de peixes; como somos mestras e mestres, buscamos bancos de palabras. Palabras pequenas e lixeiras que irán tomando peso. Palabras pequeniñas que serán palabras maiores.
Andabamos a buscar renovadas palabras para fermosas verdades aínda sen sitio nesta historia. Miramos na
axenda dos nosos días e apareceron entre a rapazada palabras de trigo limpo saborosas e quentes coma pans.
Palabras de cores afables, palabras sen retórica, palabras sinxelas. Palabras para trocar por outras sen perdelas.
Palabras para pedir perdón, para agradecer, para se rebelar...
A palabra como instrumento que recibimos e co que traballamos. Da cal somos amos, amas e escravos, escravas.
Amos, amas pois recreámola; escravos, escravas pois temos que nos ater ás regras que as constituíron a través do
tempo. A palabra achéganos a demais xente. A palabra. Andamos á procura de palabras que non leve o tempo.
Velaí unha receita para pedir a Paz, para cociñar a Gramática. Un método de creación e transformación de textos.
De pretextos. Un fío do que turrar para de textos, co que levar a tinta de paseo.


Durante o acto da " Largada da pomba" tocou un grupo de gaiteiros o himno do Antigo reino de Galiza que fixo do remate do 1º día das Xornadas un acto solemne.
Se queredes saber máis desta experiencia podedes pinchar neste enlace:
http://ceesg.org/files/boa-practica/experiencia8.pdf?PHPSESSID=162679244e8718b764ec92f761c45c34

FRANCISCO CASTRO: EU ESCRIBO, TI ESCRIBES, EL/ELA ESCRIBEN

O escritor e editor Francisco Castro achegounos algúns consellos de como dinamizar o uso da lingua de noso na escrita a través de estímulos agradables. Para Primaria suxírenos presentar unha galleta que non se pode comer ,e a partir das sensacións e o desexo de probala escribir poemas sobre ela.
Para Secundaria a experiencia parte dun perfume feminino para eles e masculino para elas, qué nos evoca, qué nos suxire... e construir un poema arredor desas evocacións.
Para construir un breve relato podemos partir de fotos de futbolistas ou modelos suxerindo o contrario do que manifestan, un xogador dun equipo que xoga no contrario, unha modelo triste...
Aí tendes ideas para levar mañán as aulas. A crear!

LUÍS CARUNCHO: DEZ ANOS DE REGUEIFAS NOS CENTROS DE ENSINO DE VIGO

Dende o ano 2003 están realizándose obradoiros de regueifas polos centros de ensino, que teñen a intención de ser unha porta á nosa tradición e cultura oral. A rima, o ritmo, a métrica pero sobre todo a improvisación, é dicir, a utilización da lingua galega entre a mocidade é un dos obxectivos que perseguen estes obradoiros e que se consegue no certame escolar. Neste certame, ao que acoden @s concelleir@s de Normalización Lingüística, reunimos a uns 500 escolares de secundaria, dos cales ao redor de 100 soben ao escenario para improvisar as súas cuartetas.

Os obradoiros desenvólvense nos propios centros de ensino a onde acoden os regueifeiros para achegarlles coñecementos sobre a tradición oral no mundo, e máis en particular na península. Detéñense no canto de desafío (Norte de Portugal) e na Regueifa.

O alumando comezan a practicar o rimo e rima dende o primeiro momento. De inicio guiado polos regueifeiros para logo ser quen de improvisar.

Tódolos anos fanse 2 obradoiros por centro. Un primeiro de nocións e achegamento, e pasados 15 días (tempo no que o alumando traballa na aula co profesorado grazas a unha unidade didáctica relaizada polo SNL e ORAL) volven para xa regueifar de corrido. Este ano participaron 11 centros de ensino, dos cales 8 levaron ao seu alumnado a regueifar. Os e as mellores improvisadores dos centros son os que regueifan no certame. O certame dura toda unha mañán e é conducido por Pinto d'Herbón e Luís Caruncho.
Luís Caruncho aportounos a súa visión da experiencia coma moi positiva para o desenvolvemento do uso da lingua de noso nas aulas e para a promoción e recuperación da nosa tradición oral e inmaterial.

TESOUROS VIVOS

Os tesouros vivos son persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos usuarios/as. Para ser un tesouro non cómpre ser unha eminencia ou recoñecido estudoso, senón contar con experiencia vital ou saberes cos que poder ilustrar a outras persoas que descoñecen e teñen curiosidade.
Presentousenos un traballo de investigación por fases que consiste na procura de tesouros que aporten coñecementos de toponimia, cultura, historia, lendas... que se poden realizar por bisbarras ou no entorno do centro educativo, este proxecto pódese levar a cabo en calquera centro xa que non hai máis que entrevistar a persoas que aporten un coñecemento máis exhaustivo sobre calquera aspecto interesante para o alumnado relacionado coa cultura local dos anceios.

sábado, 4 de maio de 2013

PROXECTOS LINGÜÍSTICOS DE CENTRO:OS IES DE TEIS E DE CHAPELA E O CPR NS ESPERANZA.

Comezamos cunha pequena escolma das ponencias que fixeron os centros participantes nas I Xornadas de Formación e Intercambio de experiencias de Dinamización Lingüística no Ensino que tiveron lugar en Vigo.
A primeira a do IES de Teis, exposta por Pilar Alonso, Coordinadora do Equipo, unha idea ben sinxela de por en marcha e moi vistosa, a partir de fotocopias con letras en grande o alumnado recorta as letras por grupos ou parellas e vai compoñendo o poema " Negra sombra" de Rosalía de Castro polas escaleiras do centro, - dous versos por grupo-, chamando a atención do resto do alumnado e profesorado sobre o tema e a lingua.O centro permanece decorado uns días e o poema está presente na mente de tod@s. Podemos facer o mesmo con calquera poema.
Cun simple teléfono móbil e unha perruca, o alumnado pode gravar, como se fixo neste centro, un movie sobre calquera pequeno relato, neste caso fixéronno sobre " A orella dereita de
Antón Leivas" de Álvaro Cunqueiro rodado nos exteriores do instituto e na casa dun alumno, simplemente o video subiuse a youtube e listo, exposto para todo o centro. O interesante destas experiencias e a sinxeleza das mesmas e os poucos recursos que son mester para dinamizar o uso da lingua entre o alumnado que ten que facer o esforzo de empregar a lingua de noso para levar a cabo as actividades, falar, redactar, escribir, relatar... divertíndose. Outro xeito é dramatizar relatos extraídos do libro de texto empregando distintos rexistros e niveis de uso da lingua, pódese gravar e expoñer ao resto do centro, cabe salientar que, normalmente, a primeira experiencia, sen preparación e atrezzo é a máis valiosa, polo que ten de espontánea.
O pasado curso o IES de Teis e o CPR NS Esperanza, participaron nun proxecto denominado " Cantiga Amiga", promovido polo SNL do Concello de Vigo e dinamizado por Brais Fernández, de Xandobela, desa experiencia individual saíu un traballo conxunto de ámbolos dous centros que tivo lugar o derradeiro día de fin de curso. A experiencia consistiu na presentación dunha cantiga de amigo ao xeito actual e os dous centros xuntaron a algúns alumnos para que realizaran un video promocional conxunto, todo se fixo nunha mañá, con alumnos que non se coñecían, os alumnos cantaron e rapearon unha cantiga composta no NS Esperanza a xeito medieval e musicada polo IES Beade. Toda unha experiencia que vos deixamos nos enlaces de seguido para que vexadas a interacción do alumnado arredor dunha actividade dinamizadora da lingua.  https://www.youtube.com/watch?v=1SRJNWTKpMk

Aquí vos deixamos tamén o video do NS Esperanza: https://www.dropbox.com/s/e4kpux2owprhxya/TRABAJO%20TERCERO%20ESO.wmv?

O Equipo do IES Chapela é unha reunión aberta onde participan alumnos e profesores, trabállase a través de ideas e xúntanse nos recreos, a súa máxima é xerar espectación con anuncios vistosos, anuncian todo con carteis e megafonía. Unha das experiencias que nos presentaron se denomina: "Feiras de troco" que consiste no intercambio de agasallos a través de vales en datas sinaladas: Nadal, intercambio de agasallos, Entroido, intercambio de obxectos e disfraces e Letras galegas, intercambio de libros e cds en galego.
Tamén realizan un proxecto que se titula " Xoves con música" que consiste na realización de videoclips en galego que son votados ata escoller ao gañador e despois expostos no programa " Planeta furancho" que se emite na radio galega.
Realizan miniseries para as que preparan os castings, libretos, atrezzos... aquí vos deixamos exemplos destes traballos.
E tamén da rapgueifa , a combinación de rap e regueifa que realizan.