domingo, 5 de maio de 2013

TESOUROS VIVOS

Os tesouros vivos son persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos usuarios/as. Para ser un tesouro non cómpre ser unha eminencia ou recoñecido estudoso, senón contar con experiencia vital ou saberes cos que poder ilustrar a outras persoas que descoñecen e teñen curiosidade.
Presentousenos un traballo de investigación por fases que consiste na procura de tesouros que aporten coñecementos de toponimia, cultura, historia, lendas... que se poden realizar por bisbarras ou no entorno do centro educativo, este proxecto pódese levar a cabo en calquera centro xa que non hai máis que entrevistar a persoas que aporten un coñecemento máis exhaustivo sobre calquera aspecto interesante para o alumnado relacionado coa cultura local dos anceios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario