mércores, 21 de maio de 2014

O BARDO ABELARDO PARA INFANTIL DE 0 A 3

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Os contos/cantos do bardo Abelardo.
      Contos para cantar e encantar

O bardo Abelardo recolle contos e cantos da nosa rica tradición, reinterpretados para que nenas e neos se divirtan como o facían os nosos avós e ter así un mellor coñecemento dela, comezando pola nosa lingua. Un repertorio baseado en contos, rimas, adiviñas e cancións participativas.

Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de infantil (de 0 a 3 anos)

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 27 de maio ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 27 de maio a partir das 9:30 h e até as 14:00 h



Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.


Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.orgg / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Os contos/cantos do bardo Abelardo
para infantil de 0 a 3 anos


Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 27 de maio a partir das 9:30 h e até as 14:00 h


Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________

Teléfono: ____________________________


Número máximo de participantes nun grupo: 80 (poderíase aumentar o número de participantes se o centro de ensino ten a infraestrutura apropiada, consultar isto con Servando Barreiro 671 88 30 26)


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade:


______ 2 xuño (luns), 10:00 h                            ______ 9 xuño (luns), 10:00 h
______ 3 xuño (martes), 10:00 h                        ______ 10 xuño (martes), 10:00 h
______ 4 xuño (mércores), 10:00 h                    ______ 11 xuño (mércores), 10:00 h
______ 5 xuño (xoves), 10:00 h                          ______ 12 xuño (xoves), 10:00 h
______ 6 xuño (venres), 10:00 h                        ______ 13 xuño (venres), 10:00 h


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

mércores, 14 de maio de 2014

RIFA SOLIDARIA EN PRO DE AVOAESCOLA

En Galiza co Galego apoiamos a campaña en favor de Avoaescola.
Cada ano máis de 25.000 nenas e nenos na Galiza perden o contacto coa língua galega.
A mellor defensa do galego é apoiar a educación en galego da infancia.
http://www.galizacogalego.com/aipeavoaescola

PERCUSSOES

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Percussões
É un obradoiro onde se descobren os puntos en común entre dúas culturas irmás: a brasileira e a galega. Música, fauna, tradicións, comidas típicas e outras curiosidades… fan que se esperte de maneira lúdica e interactiva o interese polas diversidades e a un tempo semellanzas de dous países que comparten a mesma lingua. Tamén imos facer algunha actividade musical en grupo para gozarmos da esencia dos ritmos afrobrasileiros.
O obxectivo é mostrar como os alumnos e alumnas por medio do galego poden aproximarse, relacionarse e entender perfectamente ese inmenso país que xa é a quinta economía do planeta e un referente político e cultural a nivel mundial.
Isto vai transformar a lingua galega nunha vantaxe e provocará un reforzo para o seu estatuto e o dos seus falantes dentro da aula e co profesorado. O relator usará un formato de lingua portuguesa próximo, en termos lexicais, ás falas galegas que os alumnos coñecen pasiva ou activamente. A metodoloxía do obradoiro será práctica, procurando unha alta implicación das rapazas e rapaces.
Quen os imparte?
Xurxo Troncoso ten estudos de percusión brasileira así como tamén de instrumentos populares. Traballou como percusionista no Brasil e como profesor de teatro e música en Madrid durante 7 anos. Ten un extenso labor de pesquisa en sistemas pedagóxicos alternativos e experiencias de aplicación destes en centros educativos, conservatorios, etc. Foi profesor de diferentes obradoiros de Percusión Brasileira e de música folque para nenos e nenas. Profesor e fundador do ”Laboratorio Infantil“ dedicado a aulas de fomación artística e musical que desenvolven espectáculos na cidade de Pontevedra. Performances na rúa, presentacións do “Salón do livro” e máis de 6 espectáculos propios.
Como músico ten colaborado con Carlinhos Brown, Uxia Senlle, en grupos de percusión de rúa en Madrid, Holanda, Alemaña, Francia e Galiza.

Duración: 50 minutos
Dirixido a: alumnado de infantil (5 anos)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (espazo amplo e con boa acústica)
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 26 de maio ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org

As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 26 de maio a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.



Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Percussões para infantil (5 anos)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 26 de maio a partir das 09:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número de participantes do seu centro: ________________________

Número máximo de participantes nun grupo: 40


Indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade.


Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

_____ 2 xuño (luns), ás 09:30                             _____ 5 xuño (xoves), ás 09:30
_____ 2 xuño (luns), ás 12:30                             _____ 5 xuño (xoves), ás 12:30
_____ 3 xuño (martes), ás 09:30                         _____ 6 xuño (venres), ás 09:30
_____ 3 xuño (martes), ás 12:30                         _____ 6 xuño (venres), ás 12:30
_____ 4 xuño (mércores), ás 09:30
_____ 4 xuño (mércores), ás 12:30


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

FILME " O APÓSTOLO"

O sábado 7 de xuño vaise proxectar o filme "O Apóstolo" no Auditorio Municipal.
A proxección está aberta a todo o público (a partir de 10 anos), achégase o cartel publicitario para que fagan difusión desta actividade.

CARTEL



Amais, achéganse uns enlaces no documento anexo para que traballen nas aulas sobre este filme.

Tráiler película 'O APOSTOLO' http://oapostolo.com/pelicula/trailer/


Estes son os enlaces ao traballo que está a facer TRIBU2.O, no blog pódese ver o traballo que se está a facer xa nalgúns centros educativos:


Blog tribu 2.0- O APOSTOLO http://animasoapostolo.blogspot.com.es/


enlace do exemplo do traballo que están a facer nos colexios, este é o que fixeron sobre a película no Luis Vives de Ourense https://sites.google.com/site/petodasanimas/


NOVAS DA COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN

PENÉLOPE


DOCUMENTAL SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


BIOGRAFÍA DE DÍAZ CASTRO


PENÉLOPE


TELEXORNAL DÍAZ CASTRO


mércores, 7 de maio de 2014

CAMPAÑA DE APOIO Á LECTURA

A Asociación de comerciantes e industriais da zona de Pi Y Margall, por mor do " Día das Letras Galegas", a semana do 17 de maio, agasallan as compras cun libro.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22728933/comerciantes%20pi%20y%20margall.pdf

I CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS


http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro#OutrasIniciativas

ACTIVIDADES PARA O " DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

Estimados/as amigos/as,
Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro: http://coordinadoraendl.org/letras2014.
Nela, partíllanse recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. que foron elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo dos centros escolares, institucións, asociacións, etc. Dende a CGENDL pretendemos novamente facilitar o voso labor nas aulas; por iso, agardamos polos vosos traballos, propostas e experiencias para partillar co resto do profesorado e as familias: correo@coordinadoraendl.org.
Por último, queremos lembrarvos que xa está en marcha o Premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa e promoción do idioma, ata o 30 de maio coas candidaturas de Fernando Vázquez, María Xosé Silvar “Sés”, María Mera e Esther García del Barrio. Poden participar todos os Equipos de Normalización adscritos á Coordinadora a través do sitio web: http://www.coordinadoraendl.org/premioleixapren2014/index.php.
Dende a CGENDL animámosvos a participar nesta rede colaborativa que construímos entre todos/as co voso traballo e o voso compromiso coa lingua e a formación do noso alumnado.
Saúdos normalizadores
CGENDL


xoves, 1 de maio de 2014

XA VÉN O MAIO


CICLO DE CINE INFANTIL E XUVENIL

CICLO DE CINE INFANTIL E XUVENIL

   SESIÓNS MATINAIS OS SÁBADOS ÁS 11,30H


A Concellería de Igualdade informa que durante os cinco sábados do mes de maio proxectará no auditorio municipal 5 filmes dixiridos ao público infantil e xuvenil.

Os títulos elixidos corresponden a filmes nos que o papel protagonista, e polo tanto activo no guión, o interpreta unha nena, ou un grupo equitativo de rapaces e rapazas.

A entrada é de balde e libre ata completar as localidades
Lugar: Auditorio municipal (Praza do Rei, núm. 1)
Datas: sábados 3, 10, 17, 24 e 31 de maio
Hora de comezo das proxeccións: 11:30h

No arquivo adxunto pódese obter información sobre as 5 películas que se proxectaran neste ciclo.

A organización resérvase o dereito de modificar o programa establecido.

Agardamos que esta información sexa do voso interese e agradecemos que a difundades entre as vosas amizades.

PROGRAMA DESTE MES