venres, 31 de marzo de 2017
RECOMÉNDOCHE UN LIBRO. II CONCURSO O OLLO DE VIDRO
II Concurso O Ollo de Vidro
Gústache ler? Queres recomendar un libro? Participa neste concurso organizado pola Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas e os Equipos de Dinamización lingüística do IES Castelao e da EOI de Vigo.
https://recomendocheunlibro.wordpress.com/
mércores, 22 de marzo de 2017
PRAZAS VACANTES: BIBLIOTECAS VIVENTES
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de
Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Bibliotecas Viventes “O galego dá xogo”
Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son persoas; persoas con
historias singulares, coñecementos e experiencias sobranceiras en determinados
campos. A intención desta actividade, desta Biblioteca Vivente, é evidenciar a existencia
de prexuízos lingüísticos para poder rachar con eles, dignificar a nosa lingua e fomentar
o seu uso entre a mocidade.
Datas: 5 (mércores) e 6 (xoves) de abril
Horario: hai que escoller un horario, 1 sesión por centro de ensino
de 10:00 a 11:40
de 12:00 a 13:40
Dirixido a: alumnado 4.º ESO e Bacharelato
Número de participantes: máximo 72 en cada sesión
Lugar de realización da actividade: no pavillón das Travesas (Avda. Castrelos, 1)
IMPORTANTE: O transporte do alumnado ao pavillón das Travesas vai pola
conta do centro escolar
Os datos que se van pedir cando chamen por teléfono para solicitar a actividade son:
1.- número exacto de alumnos/as
2.- centro escolar
3.- persoa de contacto para esta actividade e correo electrónico desta persoa de
contacto
4.- teléfono de contacto
PRAZAS VACANTES
Día 5 (mércores) de abril de 12:00 a 13:40
15 prazas vacantes
Día 6 (xoves) de 12:00 a 13:40
12 prazas vacantes
De estar interesados, deben charmar ao teléfono 986 81 02 81 para facer a reserva
Todos os datos sobre a actividade na ficha que está ARRIBA.
sábado, 18 de marzo de 2017
luns, 13 de marzo de 2017
ACTIVIDADE DE NORMALIZACIÓN PARA PRIMARIA MAGAS
As concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística dirixímoslle ao alumnado de Primaria unha nova actividade: MaGas.
Queremos achegarlle mulleres senlleiras en diferentes ámbitos artísticos, científicos, laborais, deportivos... a través dunha contada, acompañada por ilustracións. Ao remate haberá unha rolda de intervencións.
Esta actividade comezou no mes de marzo, que se dedicou a Ángeles Alvariño, oceanógrafa. Agora, continuamos esta andaina coñecendo a Maruja Mallo, pintora.
Esta actividade é realizada por Polo correo do vento.
Data Alumnado Horarios (hai que escoller un horario)
4 de abril 4.º de primaria de 10:00 a 11:30, ou ben, de 12:00 a 13:30
5 de abril 5.º de primaria de 10:00 a 11:30, ou ben, de 12:00 a 13:30
A actividade terá lugar no Auditorio municipal situado na praza do Rei, núm. 1.
IMPORTANTE: O transporte do alumnado vai pola conta do centro escolar.
É necesario indicar o número de alumnos/as e o número de profesores/as que vai asistir.
Cada centro poderá reservar un máximo de 50 prazas (máis o profesorado).
IMPORTANTE: cada alumno/a debe levar libreta e lapiceiro, non se necesita goma de borrar.
COMO SOLICITAR A ACTIVIDADE
Deberá chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 13:00 a 14:00 a partir do mércores 22 de marzo (inclusive).
1 Continuará este programa no mes de maio (días 25 e 30), no que lle dedicaremos esta actividade á investigadora e veterinaria Rebeca Atienza que traballa cos primates na selva do Congo.
Queremos achegarlle mulleres senlleiras en diferentes ámbitos artísticos, científicos, laborais, deportivos... a través dunha contada, acompañada por ilustracións. Ao remate haberá unha rolda de intervencións.
Esta actividade comezou no mes de marzo, que se dedicou a Ángeles Alvariño, oceanógrafa. Agora, continuamos esta andaina coñecendo a Maruja Mallo, pintora.
Esta actividade é realizada por Polo correo do vento.
Data Alumnado Horarios (hai que escoller un horario)
4 de abril 4.º de primaria de 10:00 a 11:30, ou ben, de 12:00 a 13:30
5 de abril 5.º de primaria de 10:00 a 11:30, ou ben, de 12:00 a 13:30
A actividade terá lugar no Auditorio municipal situado na praza do Rei, núm. 1.
IMPORTANTE: O transporte do alumnado vai pola conta do centro escolar.
É necesario indicar o número de alumnos/as e o número de profesores/as que vai asistir.
Cada centro poderá reservar un máximo de 50 prazas (máis o profesorado).
IMPORTANTE: cada alumno/a debe levar libreta e lapiceiro, non se necesita goma de borrar.
COMO SOLICITAR A ACTIVIDADE
Deberá chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 13:00 a 14:00 a partir do mércores 22 de marzo (inclusive).
1 Continuará este programa no mes de maio (días 25 e 30), no que lle dedicaremos esta actividade á investigadora e veterinaria Rebeca Atienza que traballa cos primates na selva do Congo.
venres, 10 de marzo de 2017
IV Concurso de Fotografía convocado polo Museo Liste de Vigo 2017
Bases
1. Aspectos xerais: IV convocatoria do Concurso
de Fotografía convocado polo Museo Liste de Vigo co gallo da celebración do Día
Internacional dos Museos, co que se pretende fomentar o coñecemento e a
creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados
aspectos históricos e etnográficos da nosa cidade.
As fotografías a concurso serán valoradas atendendo, principalmente,
a tres criterios:
-
Estético: valorarase a beleza da
fotografía e a sensibilidade á hora de recoller certos aspectos que
singularicen e dignifiquen o elemento fotografado.
- Técnico:
valoraranse aspectos puramente asociados á técnica desta arte.
- Documental:
valorarase que as fotografías presentadas acaden o valor de documento gráfico
como forma de recoller e difundir coñecemento.
2. Temática: “Arquitectura da cidade de Vigo”.
O tema proposto para este ano ten a intención de recoller testemuñas
arquitectónicas cos máis diversos criterios. Os participantes poderán atender a
calquera aspecto arquitectónico que consideren: edificios de estilos
determinados, restauracións ou rehabilitacións, feismo arquitectónico,
urbanismo, arquitectura popular e construcións adxectivas, …
Os elementos fotografados deberán estar presentes a día de hoxe na
cidade. Han de ser fotografías actuais realizadas ex profeso para o concurso. É
imprescindible que xunto cos datos do participante aparezan identificados coa
súa localización os elementos fotografados.
3. Participantes e
número de obras: poderá participar todo aquel que o
desexe con un número máximo de tres fotografías, se ben nunca recaerán dous premios
no mesmo participante.
4. Categorías: establécense dúas
categorías de participación: 1º categoría: participantes ata 18 anos.
2º categoría: participantes a partir dos 18 anos.
5. Premios: establécense
3 premios por categoría. Os autores das obras gañadoras recibirán unha figura
conmemorativa e a exposición da súa obra durante un período de 15 días na sede da Fundación Liste
- Museo Etnográfico de Vigo.
Aínda que o concurso
convócase co gallo do Día Internacional dos Museos, a entrega de premios e a
inauguración da exposición das fotografías premiadas realizarase o día 17 de
maio, “Día das Letras Galegas” a partir das 12:30 h. na sede do Museo por ser festivo
na nosa Comunidade.
6. Presentación das
obras, identificación e envío: As fotografías serán
enviadas por correo electrónico en arquivos axuntos de xeito individual (un
arquivo por fotografía). O seu tamaño deberá ser de 2362 x 3543 píxeles, ou ben
20 x 30 cm. cunha resolución mínima de 300 puntos por polgada e en formato
jpeg. Non se admitirán fotomontaxes.
As fotografías serán enviadas en arquivo axunto cuxo nome será o
título da mesma, mentres que no texto da mensaxe especificaranse os datos do
participante que deberán incluír: categoría na que participan (idade se é menor
de idade); nome e apelidos do concursante; dirección postal (domicilio, código
postal, poboación, provincia); dirección de correo electrónico e teléfono de
contacto; título da foto e lugar de realización da mesma.
O enderezo de envío é: didactica@museoliste.org. Será enviado correo de
confirmación de recepción.
Todas as obras presentadas deberán ser orixinais, inéditas e non
premiadas con anterioridade en ningún concurso.
É imprescindible o cumprimento das devanditas bases.
7.
Prazo
de admisión das obras: ata o 25 de abril de 2017.
8. Selección de obras,
xurado e fallo: o xurado encargado de seleccionar as obras gañadoras
estará formado por expertos en fotografía, membros do padroado da Fundación
Liste e persoal técnico do Museo. O
fallo do xurado será comunicado aos gañadores vía telefónica e publicado na
páxina web do Museo e en prensa a partir do 12 de maio de 2016.
9. Outros:
- Cesión
dos dereitos de reprodución das fotografías gañadoras sempre que se mencione o autor e teña como fin a
divulgación e promoción cultural e, en calquera caso, sen ningún tipo de
beneficio económico.
- Os
autores responsabilizaranse da autoría e orixinalidade das obras presentadas
así como de que non existan dereitos de terceiros sobre as mesmas e de calquera
reclamación que por dereitos de imaxe puidera formularse.
- O feito de
participar implica a aceptación íntegra das presentes bases.
- En
todo aquilo non previsto nestas bases, a Fundación Liste - Museo Etnográfico de
Vigo resolverá o que proceda.
10. Información: a
través dos teléfonos 986244698 ou 986236767 e a través do enderezo didactica@museoliste.org.
BIBLIOTECAS VIVENTES: " O GALEGO DÁ XOGO"
A Concellería de
NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo,
oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Bibliotecas
Viventes “O galego dá xogo”
Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son
persoas; persoas con historias singulares, coñecementos e experiencias
sobranceiras en determinados campos. A intención desta actividade, desta
Biblioteca Vivente, é evidenciar a existencia de prexuízos lingüísticos para
poder rachar con eles, dignificar a nosa lingua e fomentar o seu uso entre a
mocidade.
Datas: 5 (mércores) e 6 (xoves) de abril
Horario: hai que escoller un horario, 1 sesión por centro de ensino de 10:00 11:40 ou de 12:00 a 13:40
Dirixido a: alumnado
4.º ESO e Bacharelato
Número de participantes: máximo 72 en cada sesión
Número de participantes: máximo 72 en cada sesión
Lugar de realización da actividade: no pavillón das
Travesas (Avda. Castrelos, 1)
IMPORTANTE:
O transporte do alumnado ao pavillón das Travesas vai pola conta do centro
escolar
Os datos que se
van pedir cando chamen por teléfono para solicitar a actividade son:
1.- número exacto de alumnos/as
2.- centro escolar
2.- centro escolar
3.- persoa
de contacto para esta actividade e correo electrónico desta persoa de contacto
4.- teléfono de contacto
Para solicitar a actividade é necesario que chamen ao
teléfono 986 81 02 81 os días 20 (luns), 21 (martes) de marzo
de 13:00 a 14:00
Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1
-36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 61 63 64 Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)