martes, 16 de setembro de 2014
MENSAXE DE BENVIDA DA CGENDL
Prezados/as amigos/as,
Dende a CGENDL retomamos a comunicación con vós neste comezo de curso para dar continuidade ao labor normalizador que desenvolvemos entre todos/as. Un ano máis, procuraremos canalizar cara á administración as demandas dos Equipos e de todos/as os/as docentes que apostamos pola normalización do galego no ensino, así como partillar recursos, actividades e experiencias que redunden nese labor.
Neste primeiro correo, aproveitamos para para informarvos de novos materiais e dunha nova cita formativa de interese:
Saúdos normalizadores
Coordinadora Galega de ENDL
http://coordinadoraendl.org/

- Calendarios e materiais
de planificación do curso: na nosa páxina podedes descargar o calendario escolar
2014-2015 (para os distintos niveis e en varios formatos e temporalizacións)
e axendas escolares elaboradas por docentes, servizos de normalización,
etc. http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_calendario.php
- XVI Encontros para a
Normalización Lingüística: o CDSG do Consello de Cultura organiza unha nova
edición destas xornadas os vindeiros 24 e 25 de setembro en Santiago de
Compostela para analizar as políticas lingüísticas e a evolución dos
diferentes procesos de normalización das linguas cooficiais. O profesorado
que forma parte da CGENDL ten preferencia na inscrición. Na páxina do CCG
atoparedes o programa e o formulario de inscrición: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200202
- Renovación das
adscricións.
Pedímosvos que nos informedes dos cambios que se producen á fronte dos
Equipos e que lles indiquedes ás novas persoas coordinadoras que se poden
adscribir á CGENDL en http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rexistro_rex.php.
Saúdos normalizadores
Coordinadora Galega de ENDL
http://coordinadoraendl.org/
BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR 2014-15
Ola de novo! empezamos, como en anos anteriores, a nosa tarefa de mantervos informad@s das novidades normalizadoras que están ao noso alcance . Queremos darvo-la benvida ao novo curso escolar, e darvos azos para seguir nesta marabillosa, aínda que difícil tarefa en tempos de crise, máis ben de valores morais, de desenvolver e defender a lingua de noso.
Coma sempre esperamos con cariño e ilusión as vosas aportacións. Este blog é unha fiestra aberta ao traballo que desenvolvemos , e coma sempre estou disposta a servirvos de canle de comunicación e difusión do voso traballo.
Deixovos un novo enderezo electrónico que reviso máis polo miúdo : mabel.esperanza@edu.xunta.es, podedes enviar todo o que queirades, críticas e suxerencias incluídas.
Máis nada. agradecervos, coma sempre, que me teñades aturado, ateigareivos de novo con novas de interese, e coma sempre estou á vosa disposición para o que queirades.
Apertiñas e bicos para todas e todos.
Feliz curso! ánimo e paciencia! jajajaj(:-)
Mabel

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)