luns, 28 de xaneiro de 2013
BIBLIOTECAS VIVENTES
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de
Vigo quere ofertar unha actividade dirixida á poboación escolar.
- Bibliotecas Viventes
Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son persoas; persoas con
historias singulares, coñecementos e experiencias sobranceiras en determinados
campos. A intención desta actividade, desta Biblioteca vivente, é evidenciar a existencia de prexuízos lingüísticos para poder rachar con eles, dignificar a nosa lingua e fomentar o seu uso entre a mocidade. O catálogo de libros-persoa está artellado en tres apartados: neofalantes, galegos/as convencidos/as e tesouros vivos.
Datas: 19 (martes), 20 (mércores), 21 (xoves) e 22 (venres -soamente a sesión das
10:00 h-) de febreiro
Horario: hai que escoller un horario, 1 sesión por centro de ensino
de 10:00 a 11:40
de 11:50 a 13:30
Dirixido a: alumnado de ESO e Bacharelato
Número de participantes: máximo 96 en cada sesión
Lugar de realización do obradoiro: Verbum (avda. Samil, 17). O transporte do alumnado ao Verbum vai pola conta do centro escolar
Para solicitar a actividade é necesario chamar ao teléfono: 986 81 02 81 os días 6 (mércores) e 7 (xoves) de febreiro de 13:00 h a 14:00 h
III ENCONTRO DE EQUIPOS E DOCENTES POLA NORMALIZACIÓN
Prezados/as amigos/as:
Lembrámosvos que o vindeiro sábado 2 de febreiro a CGENDL organiza o III Encontro de equipos e de docentes pola normalización no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Baixo o lema "O falar non ten cancelas… ou si? Sobre a necesaria promoción da oralidade en galego", as persoas asistentes poden participar en encontros simultáneos nos que diferentes compañeiros/as darán a coñecer propostas e experiencias para dinamizar a oralidade nas aulas e nas actividades dos nosos centros.
Podedes consultar o programa na nosa páxina: http://ir.gl/3ae7bd.
A inscrición é gratuíta e formalízase a través de correo@coordinadoraendl.org sinalando nome e apelidos e centro de ensino antes do 31 de xaneiro. Así mesmo, convidámosvos a amosar e compartir o voso traballo na exposición de materiais dos Equipos (revistas, trípticos, camisolas, produtos audiovisuais...) que habilitaremos no local do Encontro.
ENTROIDO 2013
Por último, informámosvos que na nosa páxina está disponible o monográfico Entroido 2013, que contén información bibliográfica e da rede sobre o entroido; unha escolma de recursos educativos (unidades didácticas, propostas de actividades, cazas do tesouro, xogos, léxicos, receitarios, etc.); manualidades (plantillas de máscaras e antifaces, láminas para colorear, etc.); e literatura relacionada con esta celebración: http://www.coordinadoraendl.org/2013entroido/
Estes materiais foron elaborados na súa maior parte por docentes, equipos de normalización, bibliotecas e outros grupos de traballo escolares, por iso queremos recoñecer este grande labor que desenvolvedes nos centros ao tempo que solicitamos a vosa colaboración para achegar novos recursos que poidamos compartir coa comunidade educativa citando sempre a autoría. Podedes, xa que logo, envialos a correo@coordinadoraendl.org.
Saúdos normalizadores
Consello Directivo
Coordinadora Galega de ENDL
ENLACES:
correo@coordinadoraendl.org
http://www.coordinadoraendl.org/2013entroido/
correo@coordinadoraendl.org
http://ir.gl/3ae7bd
OU PODES PINCHAR NO TÍTULO DO POST PARA ACCEDER.
venres, 25 de xaneiro de 2013
REVOLTA DA FREIXA
QUEREMOS GALEGO NA ESCOLA! DERROGACIÓN DO DECRETAZO!
Queremos galego na escola!
Derrogación XA do decretazo!
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza determinou en varias sentenzas que os principais piares sobre os que se asenta o mal chamado “decreto do plurilingüismo” son ilegais. Ademais, indicoulle tamén ao Goberno galego que debe realizar unha política de promoción do idioma propio do país de acordo co estipulado pola Lei de normalización lingüística.
O Tribunal dálle así a razón aos miles de persoas que saíron á rúa nas históricas manifestacións convocadas en defensa da nosa lingua. Ao mesmo tempo, o discurso do PP sobre as linguas no ensino, que xa estaba deslexitimado pola súa falta de apoio nas comunidades educativas, por ser un discurso crispante, por ser antipedagóxico ou por vulnerar tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, está agora, ademais, claramente considerado pola xustiza como fóra da legalidade.
Este decretazo contra o galego debe ser derrogado de forma inmediata e o Goberno galego debe promulgar unha nova norma que se basee no acordado por unanimidade parlamentar no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega que:
- Garanta a educación en galego na educación infantil para todas as nenas e todos os nenos galegofalantes e poña especial atendemento didáctico na incorporación a este idioma por parte do alumnado
residente en contextos familiares e ambientais castelanófonos, fixando, como mínimo, o 50% do horario semanal en galego nesta etapa educativa para os contextos e contornos en que a lingua predominante
sexa o castelán, coa intención de que esta porcentaxe se vaia incrementando progresivamente.
- Garanta que o alumnado reciba un mínimo do 50% da súa docencia en galego en primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos, que o galego non estea prohibido en ningunha materia e que todas e todos
os estudantes finalicen cada etapa educativa con suficientes destrezas comunicativas en galego.
- Desenvolva un plan de formación para que todo o persoal dos centros educaticos de Galiza teña unha competencia oral e escrita suficiente para comunicarse e para desenvolver a súa actividade profesional en galego.
SE QUERES ASINAR O MANIFESTO PINCHA NO TÍTULO DO POST
http://www.queremosgalego.org/manifesto-queremos-galego-na-escola/
XUNTANZA EENNLL DE VIGO, 30 DE XANEIRO
Benquerid@s compañeir@s:
Dende a CDEDLG de Vigo e Bisbarra e a instancias do SNL do Concello de Vigo e o seu concelleiro, convidámosvos a participar dunha xuntanza de coordinador@s de ENLG e profesorado de Lingua Galega, en xeral, que terá lugar o vindeiro MÉRCORES 30 DE XANEIRO, ÁS 18/30 NO IME ( INSTITUTO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN) , RÚA CAMIÑO DO CHOUZO Nº 2.
Desde o SNL propónsenos realizar, conxuntamente coa Concellería de Normalización, nos centros de ensino de Vigo, actividades entorno a Rosalía de Castro, xa que o día 24 de febreiro celébrase nesta cidade " O día de Rosalía", asi mesmo,ínstasenos a realizar " Encontros de Dinamización" co gallo do " Día das Letras Galegas" e 150 aniversario de " Cantares Galegos". É por esta razón que vos pregaría levarades suxestións a esta xuntanza, sabedes que non contamos cun orzamento de noso, polo que se as propostas son interesantes e factibeis, podemos contar cun pequeno orzamento da Concellería para levalas a cabo. Coido que está é unha oportunidade para facérmonos algo en conxunto os centros de Vigo que non debemos desbotar, sen esquencer que a meirande parte das experiencias normalizadoras que levamos a cabo nos centros parten das propostas do SNL do Concello, eu diría que o máis activo de todo o país, e que está é unha situación que pode trocar se non participamos e respondemos positivamente ás propostas que se nos fan, de sobra sabemos que os cartos fan falta para outras cousas, e a defensa e promoción da lingua de noso non está entre as prioridades políticas dos distintos gobernos municipais, que decir xa do goberno da Xunta.
Desde a CDEDLG propoñévosvos realizar no mes de febreiro actividades en torno a figura e obra de Rosalía, iremos colgando no blogue informacións, actividades e as propostas de actividade que gostedes de enviar, así coma traballos que teñades realizado e queirades partillar, asi mesmo convidámosvos a que o día 24 de febreiro ás 12/00 fagamos unha lectura conxunta nas aulas dalgúns poemas rosalianos, podemos cantalos, convertelos á estructura de regueifas, cantigas de amor..., reconvertelos en rap, hip hop, todo aquilo que acerque a obra da escritora aos tempos e gustos do noso alumnado.
No tocante ás outras datas poderase avanzar e concretar na xuntanza do vindeiro mércores.
A continuación preséntovos a Orde do día:
1.- Actividades desenvolvidas polo SNL de Vigo o pasado trimestre.
2.- Proposta de actividades do SNL para o seguinte trimestre.
3.- Criterios para a adxudicación das actividades aos centros.
4.- Suxestións á CDEDLG e aos EEDDLL dos centros de ensino.
5.- Suxestións desde os Equipos. ( Pregamos que sexan moitas ( :-)
Dada a importancia desta xuntanza gostaríanos contar coa vosa presenza e participación. Coma sempre estou á vosa disposición para o que procuredes e eu poida arranxar, se non podedes asistir e tendes algunha suxestión que queirades partillar, facédemo saber a través do correo e eu, encantada, transmiterei as vosas suxestións, inquedanzas e propostas.
Máis nada meus e miñas, unha forte aperta.
Mabel
CDEDLG de Vigo e Bisbarra
xoves, 17 de xaneiro de 2013
NOVIDADES XERAIS XANEIRO
Colección Narrativa:
O gardián invisible de Dolores Redondo. Lanzamento internacional en trece linguas.
Costa do Solpor de Xosé Mª Lema. Finalista do Premio Xerais
Colección Fóra de Xogo:
O códice do Santo Lugar de Pere Tobaruela
Nubes de evolución de Andrea Maceiras
Colección Sopa de Libros:
O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas de Ramón Caride
Cidades de Fran Alonso (reedición actualizada)
OBRADOIRO DE REGUEIFA PARA SECUNDARIA
A Concellería de Normalización Lingüística, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiros de regueifas e certame... en onda ROSALIANA
Os obradoiros teñen a intención de ser unha porta á nosa tradición e cultura oral, pero que responden á necesidade de coñecer a rima, o ritmo, a métrica... a poesía.
Datas: os obradoiros de regueifa duran dous días, cada centro escolle un día da 1.ª
quenda e outro da 2.ª
1.ª quenda: 25, 29 e 30 de xaneiro; e 1, 5 e 6 de febreiro (escoller un día)
2.ª quenda: 15, 19, 20, 22, 26 e 27 de febreiro (escoller un día)
Horario: ás 9:30 h ou ás 12:00 h
O horario que se escolla para a 1.ª quenda deberá ser o mesmo que para a 2.ª quenda.
Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de ESO, Bacharelato e FP
Número de participantes: máximo 50
Lugar de realización do obradoiro: no propio centro de ensino
Necesidades do profesorado do obradoiro: un micrófono (preferiblemente sen cable),
unha pizarra ou veleda
Para solicitar a actividade é necesario chamar ao
teléfono: 986 81 02 81 os días 22 (martes) e 23
(mércores) de febreiro, de 13:00 a 14:00 h
IMPORTANTE:CERTAME DE REGUEIFAS
Está previsto un certame o día 1 de marzo, venres, a partir das 10:00 h, no CVC de
Valadares (camiño do Pedregal, 6), no que participarán rapaces e rapazas dos centros
escolares participantes.
GALAXIA OFERTA TRES OBRAS DE XAVIER ALCALÁ
Puxemos en oferta tres obras de Xavier Alcalá que poden ser do voso interese:
INFO:
http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0010950018
MARIO PENSABA QUE O GALEGO NON SERVÍA PARA NADA
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de
Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Mario pensaba que o galego non servía para nada
A actividade está dividida en tres partes:
A) Conto ilustrado
O contador relata unha historia, mentres o ilustrador realiza un mural relacionado.
Tema da historia: un rapaz, Mario, formado en moitas linguas e con moitas inquetudes pensa que o galego non serve para nada. Ata que, un día a partir da descuberta dun mapa percátase da importancia e beleza da nosa lingua xa que o coñecemento do galego será clave para dar cun tesouro e fundamental á hora de descubrir o amor.
B) Rolda de prensa
Interacionaremos co alumnado sobre o actividade: facemos preguntas, xeramos dúbidas, contestamos críticas sempre buscando que o alumnado utilice o galego.
C) Obradoiro de debuxo:
O alumnado realizará unha personaxe do conto guiado polo ilustrador.
D) O SNL achegaravos unha unidade de traballo sobre a diversidade lingüística, as linguas en perigo de desaparición e a lusofonía.
Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de primaria (1.º e 2.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino. Cada alumno/a debe
contar con papel e lapis para realizar a actividade
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 25 de xaneiro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 25 de xaneiro a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h
Solicitude de participación na actividade:
Mario pensaba que o galego non servía para nada
para primaria (1.º e 2.º)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 25 de xaneiro a partir das 9:00 h e ata as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 14) para a participación na actividade:
______ 29 xaneiro (martes), ás 9:30 h ______ 5 febreiro (martes), ás 9:30 h
______ 29 xaneiro (martes), ás 12:30 h ______ 5 febreiro (martes), ás 12:30 h
______ 30 xaneiro (mércores), ás 9:30 h ______ 6 febreiro (mércores), ás 9:30 h
______ 30 xaneiro (mércores), ás 12:30 h ______ 6 febreiro (mércores), ás 12:30 h
______ 31 xaneiro (xoves), ás 9:30 h
______ 31 xaneiro (xoves), ás 12:30 h
______ 1 febreiro (venres), ás 9:30 h
______ 1 febreiro (venres), ás 12:30 h
______ 4 febreiro (luns), ás 9:30 h
______ 4 febreiro (luns), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará
-por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con
indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________
CURSO DE AUGA DOCE
O curso da auga é unha oferta para achegar/descubrir á sociedade viguesa, a lingua galega que temos ben preto de nós, os oficios relacionados coa auga, o bosque de ribeira, os muíños, a hidrotoponimia...
Ten unha duración de 20 horas e unha visita aos muíños de Zamáns. O curso é gratuíto
Impartirase os días: 19 e 26 de febreiro: 5, 12, 19 e 26 de marzo; 2, 9, 16 e 23 de abril
Horario: de 16:30 a 18:30 h
Lugar: no local da AVCR San Mamede de Zamáns na estrada Zamáns, 251
(de balde)
IMPARTIDO POR BEATRIZ VARANDAS
Coñeces algunha palabra en galego que aprendiches de teus pais e que non a atopas nos dicionarios, nin nos libros, nin no Luar de Gayoso?
Seguro que lembras as tradicións relacionadas coa auga: o traballo das mulleres nos lavadouros; os muíños, a muiñada, a moenda, a maquía; as tandas da auga; os traballos nas traídas para dar servizo ás casas; os nomes dos paxaros e vexetación de Zamáns; os nomes de lugares como As Barxas (‘cheo de auga’), etc.
Que significa “lavarse por parroquias” ou “quedar en augas de bacallau”?
Seguro que coñeces estas expresións e outras, pero tamén sabes de refráns,cancións, adiviñas... que con agrado compartirías co resto dos asistentes ao curso.
Ou non?
Se tes entre 12 e 100 anos, anímate e inscríbete no curso!
Duración: 20 horas, e unha visita aos muíños de Zamáns
Horario: martes de 16:30 a 18:30 horas
Días: 19 e 26 de febreiro; 5, 12, 19 e 26 de marzo; 2, 9, 16 e 23 de abril
Lugar: no local da Asociación de Veciños de Zamáns (estrada Zamáns, 251)
Inscricións: no local da Asociación de Veciños de Zamáns, ou chamando ao 986 46 80 39
(Carmen) ou 986 46 83 77 (Bea)
ORGANIZAN:
Asociación Veciñal de Zamáns e Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo
domingo, 13 de xaneiro de 2013
BÓVEDA, UN ALEGATO PACIFISTA CONTRA A INXUSTIZA
Unha banda deseñada para achegar a figura e o pensamento de Alexandre Bóveda, membro do Partido Galeguista, fusilado en 1936, tras un Consello de Guerra fondamente inxusto.
FISCALIDADE PROGRESIVA
Bóveda defendia unha fiscalidade progresiva e unhas caixas de aforro ao servizo das persoas máis desfavorecidas. Por iso o seu pensamento ten unha sorprendente actualidade.
NOVELA GRÁFICA
A banda deseñada, novela ou biografía gráfica sobre Bóveda, contén debuxos de Carlos Sardiña e texto da licenciada en Xeografía e Historia Pitusa Arias.
Queremos elaborar un libro de banda deseñada, de 46 páxinas, formato europeo (tapa dura), de 19 x 27 centímetros
Antes do 15 de xaneiro de 2012
OS AUTORES: CARLOS SARDIÑA E PITUSA ARIAS
Impulsan o proxecto os autores Carlos Sardiña, Pitusa Arias e Sonradiofusión, a asociación de amizade coa radio local en Galicia.
Difundiremos a iniciativa a través de Facebook, twitter e dos medios de comunicación de Vitaminas para o galego
PARA MÁIS INFORMACIÓN PINCHA NO ENLACE OU NO TÍTULO DO POST
http://www.verkami.com/projects/3643-boveda-un-alegato-pacifista-contra-a-inxustiz
venres, 11 de xaneiro de 2013
xoves, 10 de xaneiro de 2013
" TODO OK" DE DIEGO AMEIXEIRAS
Neste enlace accédese a toda a información, actualizada, sobre a novela.
NOVIDADES ED. XERAIS
Co inicio do ano Xerais anuncia a publicación das primeiras novidades de 2013 das coleccións Narrativa, Crónica, Fóra de Xogo e Sopa de Libros.
O 15 de xaneiro chegará ás librarías O gardián invisible, a agardada novela de Dolores Redondo
Meira, escritora vasca de ascendencia galega. Xerais ten o orgullo de participar nun fito literario sen precedentes, xa que neste mes de xaneiro a novela de Redondo será publicada de forma case simultánea en trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués do Brasil, noruegués, holandés, euskera, grego e galego. Están xa vendidos os dereitos cinematográficos a Nadcon Films para unha película que vai ser dirixida por Peter Nadermann. Unha autora que se perfila como a autora europea do ano.
Na semana do 21 de xaneiro chegará ás librarías Costa do Solpor, a primeira novela de Xosé Mª Lema, veterano lexicógrafo e doutor en Historia da Arte. Finalista do Premio Xerais 2011, Costa do Solpor é unha novela clásica de aventuras de mar e de terra, ambientada na Galicia de mediados do século XVIII. A narración comeza cun manuscrito onde un descoñecido escritor británico de finais do século XIX narra as peripecias da viaxe de volta dunha misteriosa goleta inglesa cargada cun fabuloso tesouro. Tras unha cruenta loita cuns piratas nunha illa atlántica, a goleta regresa ao punto de partida, o porto de Bristol, pero unha tormenta obrígaa a buscar refuxio nunha ría da Costa do Solpor. Batallas navais, abordaxes, tétricas escenas de terror e tenras de amor, senlleiros personaxes lendarios e reais conforman a iconografía dunha novela de máis seiscentas páxinas que descubre ao público galego un narrador de estirpe.
Tamén na terceira semana de xaneiro, tras máis dun ano de edición, aparecerá Amada liberdade, as memorias do tradutor, escritor e intelectual Fernando Pérez-Barreiro Nolla epilogadas pola súa compañeira Teresa Barro. Cunha prosa áxil e profunda, o autor desenrola o nobelo da súa vida partindo dos anos da infancia en Ferrol e Viveiro para enlazar coas experiencias en Santiago de Compostela, Madrid, A Coruña e finalmente en Londres, onde desenvolveu a súa vida profesional como redactor e locutor da BBC. Dende unha postura singular e non exenta de polémica, Pérez-Barreiro ofrece unha interesante reflexión filosófica, cultural e política da situación en Galicia durante a última metade do século XX. Unha obra chamada abrir un amplo debate no galeguismo.
Na semana do 15 de xaneiro chegarán ás librarías as primeiras novidades da colección Fóra de Xogo as novelas Nubes de evolución de Andrea Maceiras e O Códice do Santo Lugar de Pere Tobaruela.
Xa na derradeira semana de mes publicaranse dous títulos da colección infantil Sopa de Libros: O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas de Ramón Caride e Jaime Asensi e Cidades de Fran Alonso.
No eido da edición en e-book, a fins do mes de xaneiro tres novos títulos engadiranse a actual oferta en formato kindle para Amazon: Os fillos do mar de Pedro Feijoo, Asasinato no Consello nacional de Diego Ameixeiras e Ninguén de Fran Alonso.
Tamén ao longo do mes de xaneiro, distribuirase por centros escolares e bibliotecas o calendario Xerais 2013 dedicado a conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
Neste días Xerais convoca a 30ª edición Premio Xerais de Novela dotado con 15.000 euros e a 28ª edición Premio Merlín de Literatura Infantil dotado con 10.000 euros. Na web de Xerais están xa publicadas as bases dos dous premios.
luns, 7 de xaneiro de 2013
CURSO SOMBRAS CHINESAS
Boletín de inscrición para o
CURSO DE SOMBRAS CHINESAS
organizado pola Concellería de Normalización Lingüística
Curso gratuíto para maiores de 15 anos que terá lugar no Verbum (avda. Samil, 17)
Datas curso: 15, 16, 17 e 18 de xaneiro
Horario curso: de 17:00 a 20:00 h
Debe enviarse cuberto este boletín ao correo electrónico ofi.normalizacion@vigo.org (é suficiente con poñer a información solicitada no corpo do correo)
Prazas: 25 (por orde de inscrición)
Cada persoa debe levar: tesoira, cúter, lapis e goma de borrar. Coas siluetas deseñadas e recortadas por cada unha das persoas participantes vaise crear e escenificar unha pequena historia.
Inscrición os días 9 e 10 de xaneiro (inclusive)
Nome: _________________________________________________________________
Apelidos: _______________________________________________________________
Idade: __________________ (para maiores de 15 anos)
Enderezo:______________________________________________________________
Código postal e localidade: _________________________________________________
Teléfono/s
(importante): __________________________________________________
Correo electrónico: _______________________________________________________
Sinatura
PASENIÑO COA LINGUA
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
-
Paseniño coa lingua
Consiste nunha xincana na cal as e os participantes teñen que superar unha serie de probas a través da linguaxe corporal co obxectivo de conseguir peza dun quebracabezas, cuxa correcta montaxe presenta un
collage da nosa cidade e palabras en lingua galega, relacionadas con ela e coa nosa cultura.
Duración:
1 hora
Dirixido a:
alumnado de infantil (4 e 5 anos)
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino (aula de psicomotricidade, ximnasio ou aula despexada) -de ter alguna dúbida sobre o desenvolvemento da actividade, poden poñerse en contacto con Rocío de Mekané 986 24 54 86, 626 33 99 91-
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 11 de xaneiro
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 11 de xaneiro a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.
Solicitude de participación na actividade:
Paseniño coa lingua para infantil (4 e 5 anos)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 11 de xaneiro a partir das 9:00 h e ata ás 14:00 h
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que
desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________ Fax de contacto: _____________________
Correo electrónico de contacto: _____________________________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Indicar a preferencia (de 1 a 20) para a participación na actividade:
_____ 18 xaneiro (venres), ás 10:00 h _____ 28 xaneiro (luns), ás 10:00 h
_____ 18 xaneiro (venres), ás 12:00 h _____ 28 xaneiro (luns), ás 12:00 h
_____ 21 xaneiro (luns), ás 10:00 h _____ 29 xaneiro (martes), ás 12:00 h
_____ 21 xaneiro (luns), ás 12:00 h _____ 30 xaneiro (mércores), ás 12:00 h
_____ 22 xaneiro (martes), ás 10:00 h _____ 1 febreiro (venres), ás 10:00 h
_____ 22 xaneiro (martes), ás 12:00 h _____ 1 febreiro (venres), ás 12:00 h
_____ 23 xaneiro (mércores), ás 10:00 h _____ 4 febreiro (luns), ás 10:00 h
_____ 23 xaneiro (mércores), ás 12:00 h _____ 4 febreiro (luns), ás 12:00 h
_____ 25 xaneiro (venres), ás 10:00 h _____ 5 febreiro (martes), ás 12:00 h
_____ 25 xaneiro (venres), ás 12:00 h _____ 6 febreiro (mércores), ás 12:00 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, coa indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________
LUDOTECA LINGÜÍSTICA
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Ludoteca lingüística
A Ludoteca Lingüística é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes, e xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces/zas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.
Achegaremos, xunto coa actividade, "Bota e rebota e cae na túa boca". É un manual dirixido ao profesorado de Educación Física co obxectivo de incorporaren actividades de dinamización lingüística e do fomento do galego nas súas programacións didácticas. "Bota e rebota..." achega propostas eminentemente prácticas vencelladas cos bloques de contidos das áreas de E.F. e Lingua e Literatura Galegas.
Duración:
1 hora e 30 minutos
Dirixido a:
alumnado de infantil (de 4 a 6 anos)
Lugar de realización da actividade:
no propio centro de ensino (obrigatoriamente nas instalacións deportivas do centro) para calquera dúbida sobre este tema poden consultar con Nerea Couselo 649 702 194)
Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 15 de xaneiro.
As solicitudes atenderanse por estrita orde de chegada o día 15 de xaneiro a partir das 9:00 h e ata as 14:00 h
Importante: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.
Solicitude de participación na actividade:
Ludoteca lingüística
para infantil (de 4 a 6 anos)
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade.
Débese remitir a solicitude ao fax 986 22 06 78 o día 15 de xaneiro a partir das 9:00 h e ata as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
Teléfono: ____________________________ Fax: ______________________________
Número máximo de participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade:
______ 21 xaneiro (luns), ás 10:00 h
______ 21 xaneiro (luns), ás 12:30 h
______ 22 xaneiro (martes), ás 10:00 h
______ 22 xaneiro (martes), ás 12:30 h
______ 23 xaneiro (mércores), ás 10:00 h
______ 23 xaneiro (mércores), ás 12:30 h
______ 24 xaneiro (xoves), ás 10:00 h
______ 24 xaneiro (xoves), ás 12:30 h
______ 25 xaneiro (venres), ás 10:00 h
______ 25 xaneiro (venres), ás 12:30 h
Importante: a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por fax- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Nome e apelidos da persoa que envía o fax: ___________________________________
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)