mércores, 26 de outubro de 2016

OBRADOIRO: PROXECTO VIGO LITERARIO

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiros literarios Proxecto Vigo Literario
Vigo tivo e ten unha presenza destacada na literatura galega e na literatura noutras linguas. A cidade foi, e ségueo a ser, referida nas páxinas do mellor da nosa literatura. Na obra de escritores e escritoras como Cunqueiro, Méndez Ferrín, Domingo Villar, Cid Cabido, M.ª Xosé Queizán, Rexina Vega, Vigo adquire, como territorio narrativo, un valor propio. Houbo tamén autores noutras linguas como Torrente Ballester, Jules Verne,  Ernest Heminway, Fialho de Almeida que narraron Vigo.

O proxecto Vigo e Literatura pretende mostrar Vigo como espazo literario e como recurso educativo. Entendemos que un proxecto destas características pode servir para facer visíbel a obra de autores e autoras galegos, que non sempre atopan espazo nos medios de comunicación social. Este proxecto debe servir, tamén, para dar a coñecer a propia cidade e a súa historia aos seus habitantes, os vigueses e as viguesas.

O obradoiro inclúe unha breve introdución centrada na presenza de Vigo na literatura galega e outras literaturas, como a española, portuguesa, inglesa. Trataranse cuestións como a evolución urbana e social da cidade, como nos ollan desde fóra.
Haberá unha outra parte do obradoiro cunha dinámica participativa. Valéndonos de fragmentos de obras literarias de diferentes épocas, e que teñan como marco diferentes espazos de Vigo, trataremos de que o alumnado sexa quen de os identificar sobre cartografía e imaxes da cidade. Utilizaríamos ferramentas dixitais para a confección de mapas interactivos, como Ikimap.

Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de 3.º, 4.º ESO e 1.º, 2.º Bacharaleto
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino
Necesidades técnicas da actividade: aula de informática, proxector de vídeo

Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade poden consultar con Paulo Jablonski 666 93 43 47


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 4 de novembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org a partir das 9:30 e até as 14:00



Amais: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.



Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Obradoiros literarios Proxecto Vigo Literario
para 3.º, 4.º ESO e 1.º, 2.º Bacharaleto
Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 4 de novembro a partir das 9:30 e até as 14:00

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 25

Hai que indicar a preferencia (de 1 a 18) para a participación na actividade.

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

_____ 14 novembro (luns) 9:30                            _____ 18 novembro (venres) 12:30
_____ 14 novembro (luns) 12:30                          _____ 21 novembro (luns) 9:30
_____ 15 novembro (martes) 9:30                        _____ 21 novembro (luns) 12:30
_____ 15 novembro (martes) 12:30                     _____ 22 novembro (martes) 9:30
_____ 16 novembro (mércores) 9:30                   _____ 22 novembro (martes) 12:30
_____ 16 novembro (mércores) 12:30                 _____ 23 novembro (mércores) 9:30
_____ 17 novembro (xoves) 9:30                         _____ 23 novembro (mércores) 12:30
_____ 17 novembro (xoves) 12:30                       _____ 24 novembro (xoves) 9:30
_____ 18 novembro (venres) 9:30                        _____ 24 novembro (xoves) 12:30

Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

OBRADOIRO ELABORACIÓN DE SALES DE BAÑO

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Elaboración de sales de baño

O romeu, a herba cidreira, a lavanda, o cravo, a canela, o sal ou a reladura de limón adéntrannos no campo dos aromas e métodos beneficiosos para o coidado da pel e o acougo do corpo. O obradoiro de sales de baño permítenos, ademais da súa elaboración, a fixación do léxico das especias e das herbas aromáticas.

Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de 5.º e 6.º de primaria

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino.

Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 99 87 06

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 14 de novembro ao correo electrónico  actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 14 de novembro a partir das 9:30 e até as 14:00

Amais: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.

Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de de sales de baño para 5.º e 6.º de primaria

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 14 de novembro a partir das 9:30 e até as 14:00

Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono: ____________________________

Número máximo de participantes nun grupo: 30


Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.


Hai que indicar a preferencia (de 1 a 8) para a participación na actividade:


______ 21 novembro (luns) 9:30                          ______ 23 novembro (mércores) 9:30
______ 21 novembro (luns) 12:00                       ______ 23 novembro (mércores) 12:00
______ 22 novembro (martes) 9:30                     ______ 24 novembro (xoves) 9:30
______ 22 novembro (martes) 12:00                   ______ 24 novembro (xoves) 12:00


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

ELABORACIÓN DE SACOS AROMÁTICOS, 3º E 4º DE PRIMARIA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Elaboración de sacos aromáticos


A través da exposición de dez plantas aromáticas falaremos das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes...
No obradoiro, o alumnado realizará sacos de olor con diferentes herbas que levarán para a súas casas.

Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de 3.º e 4.º de primaria

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino.

Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 99 87 06


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 3 de novembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 3 de novembro a partir das 9:30 e até as 14:00


Amais: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.



Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de sacos aromáticos para 3.ºe 4.º de primaria


Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 3 de novembro a partir das 9:30 e até as 14:00


Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono: ____________________________

Número máximo de participantes nun grupo: 30

Hai que indicar a preferencia (de 1 a 8) para a participación na actividade:

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

______ 15 novembro (martes) 9:30                     ______ 17 novembro (xoves) 9:30
______ 15 novembro (martes) 12:00                   ______ 17 novembro (xoves) 12:00
______ 16 novembro (mércores) 9:30                 ______ 18 novembro (venres) 9:30
______ 16 novembro (mércores) 12:00               ______ 18 novembro (venres) 12:00

Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
class=MsoNormal style='margin-left:88.5pt;text-indent:-88.5pt'>Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

ELABORACIÓN DE CREMA DENTÍFRICA. 1º E 2º DE PRIMARIA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Elaboración de crema dentífrica

Neste obradoiro, o alumnado elaborará pasta dentífrica, que levará para casa, a partir de ingredientes naturais; traballaremos, tamén, o léxico bucal e achegarémonos á sorprendente historia das cremas dentífricas.
Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de 1.º e 2.º de primaria

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino

Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 99 87 06




Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 18 de novembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 18 de novembro a partir das 9:30 e até as 14:00


Amais: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.



Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de crema dentífrica para 1.º e 2.º de primaria

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 18 de novembro a partir das 9:30 e até as 14:00

Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono: ____________________________

Número máximo de participantes nun grupo: 30

Hai que indicar a preferencia (de 1 a 8) para a participación na actividade:


Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.


______ 25 novembro (venres) 9:30                     ______ 29 novembro (martes) 9:30
______ 25 novembro (venres) 12:00                   ______ 29 novembro (martes) 12:00
______ 28 novembro (luns) 9:30                          ______ 30 novembro (mércores) 9:30
______ 28 novembro (luns) 12:00                       ______ 30 novembro (mércores) 12:00



Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA PARA RAPAZADA


Comunicado da Asemblea Extraordinaria da CGENDL do 23 de setembro de 2016

Comunicado da Coordinadora Galega de ENDL

Prezados/as amigos/as,
Dende o Consello Directivo en funcións, queremos comunicarvos que, dado que non se presentou ninguén para asumir a dirección, na Asemblea do pasado venres 23 de setembro, votouse a non continuidade da CGENDL.
A partir deste momento non haberá unha coordinación tal e como se tentou facer ao longo destes anos. Animámosvos a continuar traballando, xunto con todo o profesorado que o fai acotío, no seo dos respectivos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e en colaboración co resto de equipos de cada unha das comarcas a través das Coordinadoras Comarcais existentes ou que aínda se poden crear. Alén disto, a páxina web vai seguir activa ata decembro de 2017 e alí vanse manter ata esa data os materiais existentes á vosa disposición.
Así mesmo, seguimos a convidarvos a seguir na tarefa da normalización da nosa lingua desde o ámbito escolar actualizando e difundindo o discurso normalizador da CGENDL, pois o voso esforzo colectivo segue a ser indispensable nun contexto político que non axuda a establecer unhas condicións mínimas de restauración social da nosa lingua. E sen vós, nada do que levamos feito tería sentido.
Saúdos normalizadores
Consello Directivo

CGENDL

ACTIVIDADES SAMAÍN EN VIGO


OBRADOIRO DE CIENCIAS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Elaboración de crema hidratante
Neste obradoiro ollaremos o proceso de elaboración dunha crema hidratante O/W (aceite en auga) a través dunha emulsión con cera de abellas. Será recorrente falarmos das distintas fases, os diversos emulxentes e os conservantes. E a cera de abellas permitirá falarmos dos graves problemas que está a pasar este animal tan necesario nas nosas vidas.

de ungüentos e pomadas
Os ungüentos e pomadas, preparados semisólidos feitos con graxas vexetais e extractos de plantas, teñen unha absorción e penetración elevada na pel. É unha das fórmulas máis antigas coñecidas e, no obradoiro, saberemos da súa preparación, das plantas, dos seus principios e da súa historia.

de colonias e perfumes
Un obradoiro completo no que partiremos da destilación de augas florais e hidrolatos con alambique para elaborarmos colonias e perfumes, engadindo aceites vexetais de calidade, aceites esenciais ou alcol. Trataremos a utilización de plantas aromáticas e o seu coñecemento, ou a eliminación de substancias sintéticas na elaboración das colonias.

Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de ESO, BAC e FP
Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino.
Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706

Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 26 de outubro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 26 de outubro a partir das 9:30 e até as 14:00

Amais: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.





Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de crema hidratante, de ungüentos e pomadas, de colonias e perfumes para ESO, BAC e FP

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 26 de outubro a partir das 9:30 e até as 14:00

Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono: ____________________________

Número máximo de participantes nun grupo: 30

Hai que indicar a preferencia (de 1 a 18) para a participación na actividade:
Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

______ 2 novembro (mércores) 9:30                   ______ 8 novembro (martes) 12:00
                        ungüentos e pomadas                                                colonias e perfumes
______ 2 novembro (mércores) 12:00                 ______ 9 novembro (mércores) 9:30
                        ungüentos e pomadas                                                colonias e perfumes
______ 3 novembro (xoves) 9:30                         ______ 9 novembro (mércores) 12:00
                        ungüentos e pomadas                                                colonias e perfumes
______ 3 novembro (xoves) 12:00                       ______ 10 novembro (xoves) 9:30
                        ungüentos e pomadas                                                crema hidratante
______ 4 novembro (venres) 9:30                        ______ 10 novembro (xoves) 12:00
                        ungüentos e pomadas                                                crema hidratante
______ 4 novembro (venres) 12:00                     ______ 11 novembro (venres) 9:30
                        ungüentos e pomadas                                                crema hidratante
______ 7 novembro (luns) 9:30                            ______ 11 novembro (venres) 12:00
                        colonias e perfumes                                                   crema hidratante
______ 7 novembro (luns) 12:00                          ______ 14 novembro (luns) 9:30
                        colonias e perfumes                                                   crema hidratante
______ 8 novembro (martes) 9:30                        ______ 14 novembro (luns) 12:00
                        colonias e perfumes                                                   crema hidratante


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

luns, 3 de outubro de 2016

VAIOVIRAVAI, TEATRO MUSICAL

Teatro musical para nenos e nenas con vocación viaxeira

Vaioviravai, teatro musical
para a xuventude máis viaxeira


A partires dos contidos e valores que transmite o seu primeiro libro disco, As andanzas de Paio, o grupo vigués Oviravai creou a peza de teatro musical infantil Vaioviravai, que dende a súa estrea o pasado mes de abril non deixou de colleitar éxitos, colgando o cartel de "Aforo completo" en Ourense, Vigo e Bos Aires, entre outras moitas localidades.


Vaioviravai é unha obra de teatro musical protagonizada por tres divertidas personaxes -Roni, Kiki e Chamuco- que, xunto a Paio, interpretan as cancións do libro disco en lingua galega fiándoas cunha divertida trama coa que conquistan os espectadores e as espectadoras máis novas.

A nave soñadora Oviravai prepara unha nova viaxe para levar a alegría a todos os lugares ameazados pola tristura e o aburrimento. Para esa nova aventura, precisa un novo membro. Despois de moitas probas, Kiki e Chamuco son os finalistas. Cal dos dous será o escollido?


O libro disco


As andanzas de Paio é o primeiro traballo de Oviravai, un libro CD que forma parte da colección Sonárbore da Editorial Galaxia no que se traballan diversos temas incluídos no currículo escolar como as cores, as estacións, lingua estranxeira, as vogais, os animais, etc., pero tamén presta especial atención á transmisión de valores sociais como a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo ou o coidado do planeta.

As súas aventuras están protagonizadas Paio, un teixugo viaxeiro que percorre medio mundo vivindo as máis emocionantes aventuras. Paio relata en foma de cancións e historias as súas andanzas por lugares tan remotos como Madagascar, Canadá, China ou o mesmo fondo do océano, onde coñece a unha boa morea de novos amigos. De regreso á granxa na que se atopa a súa teixugueira, cóntalles e cántalles a todos os animais as peripecias que vén de experimentar na súa particular andaina.

Pica aquí para escoitar un petisco do disco en Soundcloud ou Spotify



Queres que Oviravai visite o teu colexio?


Ofrecémosche a posibilidade de levar esta divertida a didáctiva actividade ata o teu centro de ensino, cun elenco de tres artistas (Roni, Kiki e Chamuco) mais o personal técnico. A música é en directo e dispoñemos de todos os equipamentos necesarios para o desenvolvemento do espectáculo.
Prezo: 400€ + IVE
 

Contacta con nós para obter máis información!


Editorial Galaxia (986 432 100)
galaxia@editorialgalaxia.com

CURSO DE ACHEGAMENTO Á LINGUA GALEGA