Comunicado da Coordinadora
Galega de ENDL
Prezados/as amigos/as,
Dende o Consello Directivo en funcións, queremos
comunicarvos que, dado que non se presentou ninguén para asumir a dirección, na
Asemblea do pasado venres 23 de setembro, votouse a non continuidade da CGENDL.
A partir deste momento non haberá unha
coordinación tal e como se tentou facer ao longo destes anos. Animámosvos a
continuar traballando, xunto con todo o profesorado que o fai acotío, no
seo dos respectivos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e en
colaboración co resto de equipos de cada unha das comarcas a través das
Coordinadoras Comarcais existentes ou que aínda se poden crear. Alén disto, a
páxina web vai seguir activa ata decembro de 2017 e alí vanse manter ata esa
data os materiais existentes á vosa disposición.
Así mesmo, seguimos a convidarvos a seguir na
tarefa da normalización da nosa lingua desde o ámbito escolar actualizando e
difundindo o discurso normalizador da CGENDL, pois o voso esforzo colectivo
segue a ser indispensable nun contexto político que non axuda a establecer
unhas condicións mínimas de restauración social da nosa lingua. E sen vós, nada
do que levamos feito tería sentido.
Saúdos normalizadores
Consello Directivo
CGENDL
Ningún comentario:
Publicar un comentario