martes, 26 de xullo de 2011
luns, 25 de xullo de 2011
IN VINO VERITAS
In vino veritas é un proverbio latino, cuxo significado podería traducirse como "no viño está a verdade". Tamén é coñecida a frase " Ἐν οἴνῳ ἀλήθεια", procedente do grego, cuxo significado é o mesmo. A frase completa sería "In vino veritas, in aqua sanitas" ("No viño está a verdade, na auga a saúde")
O autor da frase latina é Cayo Plinio Cecilio Segundo, máis coñecido como Plinio o Vello, mentres que a frase grega atribúese a Alceo de Mitilene.
Esta frase volve á actualidade por ser o título da nova novela de Francisco Castro.
In vino veritas segundo Francisco Castro é unha novela “furiosa” na que o autor intervén nun diálogo directo co lector, facendo uso dun recurso estilístico de seu ao que nos ten acostumados noutras obras como Spam ou Memorial do infortunio. A novela está protagonizada por Xulio Míguez, un detective sen vocación, amargado, namorado e solitario, que recibe a encomenda de atopar un famoso adegueiro desaparecido nos ambientes do sadomasoquismo máis tétrico. Ao tempo que se desenvolve a intriga principal, a novela pescuda nos límites da convención social levando ao lector polos escenarios da burguesía cidadá, facendo fincapé na visión que esta clase social ten da realidade que nos rodea. O detective Míguez serve ao autor para sacar á luz algunhas das corruptelas da sociedade contemporánea, “na que os medios de comunicación e os intereses empresariais mestúranse cos baixos instintos”, e tamén para facer unha crítica aberta e realista dunha sociedade que adoece de valores críticos, e asiste impasible á imposición de novos valores impostos desde o poder político a través dos medios de comunicación de masas, case reconvertido no primeiro poder, e que transmite que os contravalores son os valores positivos que a nova sociedade debe desenvolver: non pensar, berrar, insultar, revolver nas miserias máis profundas dun ser humano, sexan certas ou non, faltar á verdade e ao rigor moral e xornalístico, asistir impasible ao “ todo vale para conseguir cartos doadamente sen traballar ”, é dicir: “ á parvura colectiva que o telelixo está a provocar nunha cidadanía durmida” e que Castro nesta novela trata de espabilar.
Recomendamos a súa lectura por mor de espertar o sentido crítico que temos agachado trala "dolce far niente" que nos impón a sociedade actual. Un libro para pensar e debater nas aulas e fóra delas.
Deixámosvos o primeiro capítulo na voz do autor.
http://www.ivoox.com/primeiro-capitulo-in-vino-veritas-audios-mp3_rf_720058_1.html
sábado, 23 de xullo de 2011
DÍA DA PATRIA GALEGA. HISTORIA.
O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén popularmente como Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia, Día da Patria ou Día da Patria Galega, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior. O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén popularmente como Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia, Día da Patria ou Día da Patria Galega, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.
As orixes desta celebración remóntanse a 1919, data na que se xunta en Santiago de Compostela a Asemblea das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte.
Durante a ditadura franquista, as sociedades galegas da emigración continúan esta convocatoria, e na Galiza o galeguismo concéntrase ó redor da tradicional misa por Rosalía de Castro na igrexa de Santo Domingo de Bonaval. Amais, durante esta época o día institucionalízase como festa oficial en toda España, baixo o nome de Día do Patrón de España, cun marcado carácter relixioso, aínda que trala transición deixou de ser oficial en todo o país.
En 1968 volveuse celebrar de novo, cunha manifestación na Alameda de Compostela. Serán o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG) os que se manifesten de forma clandestina para conmemorar o Día Nacional de Galicia que remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, e coa entrada na democracia seguíronse a prohibir as manifestacións da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e BN-PG, xermes do actual Bloque Nacionalista Galego. Até mediados dos anos oitenta non foi permitida a manifestación do Día da Patria con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o 25 de xullo na capital galega. Actualmente os diferentes partidos nacionalistas da Galiza seguen a convocar manifestacións para ese día, baixo a denominación de Día da Patria, nas cales fan reflexións no tocante á situación política galega.
DÍA DA PATRIA GALEGA
O 25 de xullo celebrámo-lo día do noso país, unha data de fondo contido histórico que supón, en palabras de Castelao, "a festa maor de Galicia, a festa de todol-os galegos".
Para conmemorarnos esta data, Vieiros ven reproducindo dende o pasado 16 de xullo as proclamas publicadas no periódico A Nosa Terra, con motivo do Día de Galicia, no período comprendido entre 1920 e 1935.
Para conmemorarnos esta data, Vieiros ven reproducindo dende o pasado 16 de xullo as proclamas publicadas no periódico A Nosa Terra, con motivo do Día de Galicia, no período comprendido entre 1920 e 1935.
xoves, 14 de xullo de 2011
PARTICIPACIÓN NO CELRM
O pasado 6 de xullo a CGENDL participou en Madrid na rolda de reunións que o Comité de Expertos da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM) mantivo coa administración e diferentes institucións e colectivos do ámbito da defensa e promoción da lingua galega para avaliar o cumprimento da CELRM por parte do Estado español durante o período comprendido entre os anos 2006 e 2010. A Coordinadora considerou importante facer oír a voz dos equipos nese foro e trasladarlles aos representantes europeos a nosa análise sobre a situación do idioma no ensino. Podedes consultar o informe e o dossier de prensa presentados en:
domingo, 10 de xullo de 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)