sábado, 25 de outubro de 2014
RÍOS QUE FALAN
A Concellería de NL, a través
do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha
actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Ríos que falan
A actividade consiste na creación plástica dun
río típico galego empregando materiais como plastilina, pinturas, cartolinas,
etc. en combinación con elementos naturais (terra, follas; segundo a época).
Sobre a maqueta colocaranse os nomes de todos os elementos integrantes do ecosistema
fluvial e as construcións humanas con el relacionadas.
O obxectivo da actividade é
dar a coñecer o léxico que intervén nos ríos galegos, tanto na súa vertente
natural como cultural. Para isto, comezaremos cunha pequena presentación sobre
os ecosistemas fluviais, a flora e fauna que os integran e os aproveitamentos
humanos máis típicos que deles se ten feito na nosa contorna.
Antes de finalizar o obradoiro proporase ao
alumnado pescudar o nome ou nomes do curso de auga máis importante do seu
barrio (introducindo deste xeito o concepto de hidrónimo) e algunha lenda ou
historia con el relacionadas. Animamos a que estes traballos se envíen logo ao
SNL para colgar no seu blog.
Duración: 90 minutos
Dirixido a: alumnado de primaria (3.º e 4.º)
Lugar de realización da
actividade: no propio centro de
ensino. Necesitarase un espazo amplo (pode ser a propia aula) e con mesas que
permitan o traballo en grupo (pódense agrupar as mesas individuais)
Necesidades técnicas da
actividade: ordenador e canón
proxector
Material: os materias empregados habitualmente nas actividades
de plástica: lapis, gomas, folios, pinturas, ceras, rotuladores, plastilina,
témperas, tesoiras, pegamento, cinta adhesiva, papeis de cores (se os houber),
etc.
Para calquera dúbida sobre o
desenvolvemento da actividade poden consultar con Marta Álvarez 608 05 71 87
(c.marta.ap@gmail.com)
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 4 de novembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 4 de novembro a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante:
os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos
que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.
Solicitude de
participación na actividade:
Ríos que falan para
primaria (3.º e 4.º)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 4 de novembro
a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 25
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a
participación na actividade.
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
_____ 10 novembro (luns), ás 9:30 _____ 13 novembro (xoves),
ás 9:30
_____ 10 novembro (luns), ás 12:00 _____ 13 novembro (xoves), ás
12:00
_____ 11 novembro (martes), ás 9:30 _____ 14 novembro (venres), ás
9:30
_____ 11 novembro (martes), ás
12:00 _____ 14 novembro
(venres), ás 12:00
_____ 12 novembro (mércores), ás
9:30
_____ 12 novembro (mércores), ás
12:00
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
OBRADOIRO DE PLASTILINA 5 ANOS
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro ciencias: Obradoiro
de plastilina
Con
produtos de uso cotián (auga, fariña, aceite, colorantes alimentarios)
elaborarán un produto natural, semellante a plastilina, co que moldearán o que
desexen, que logo poderán levar para casa.
Trabállase
a concentración, a paciencia e a creatividade a través da obra que elaboren.
Desde a
perspectiva lingüística os produtos utilizados permitirannos traballar co
léxico (froitas, cereais, árbores...).
Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de infantil (5 anos)
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino.
Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en
contacto con Marcelo Rodríguez 686 99 87 06
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 3 de novembro.
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 3 de novembro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante:
os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos
que a actividade non foi impartido o pasado curso escolar.
Solicitude de
participación na actividade:
Obradoiro de plastilina para
infantil (5 anos)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 3 de novembro
a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante: non
se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é
obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono: ____________________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a
participación na actividade:
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
______ 10 novembro (luns), ás 9:30 ______ 13 novembro (xoves),
ás 9:30
______ 10 novembro (luns), ás 12:00 ______ 13 novembro (xoves), ás
12:00
______ 11 novembro (martes), ás
9:30 ______ 14 novembro
(venres), ás 9:30
______ 11 novembro (martes), ás
12:00 ______ 14 novembro (venres), ás
12:00
______ 12 novembro (mércores), ás
9:30
______ 12 novembro (mércores), ás
12:00
Importante: a Concellería de Normalización
Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s
admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
ELABORACIÓN DE CREMA HIDRATANTE
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro ciencias: Elaboración
de crema hidratante
Neste
obradoiro ollaremos o proceso de elaboración dunha crema hidratante O/W (aceite
en auga) a través dunha emulsión con cera de abellas. Será recorrente falarmos
das distintas fases, os diversos emulxentes e os conservantes. E a cera de
abellas permitirá falarmos dos graves problemas que está a pasar este animal
tan necesario nas nosas vidas.
Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de ESO, BAC e FP
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino.
Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en
contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 30 de outubro ao correo electrónico
actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 30 de outubro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante:
os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos
que a actividade non foi impartido o pasado
Solicitude de
participación na actividade:
Elaboración de crema hidratante para
ESO, BAC e FP
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 30 de outubro
a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante: non
se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é
obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono: ____________________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 12) para a
participación na actividade:
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
______ 7 novembro (venres) ás 9:30 ______ 12 novembro (mércores)
ás 9:30
______ 7 novembro (venres) ás 12:00 ______ 12 novembro (mércores) ás
12:00
______ 10 novembro (luns) ás 9:30 ______ 13 novembro (xoves),
ás 9:30
______ 10 novembro (luns) ás 12:00 ______ 13 novembro (xoves), ás
12:00
______ 11 novembro (martes) ás 9:30 ______ 14 novembro (venres), ás
9:30
______ 11 novembro (martes) ás
12:00 ______ 14 novembro
(venres), ás 12:00
Importante: a Concellería de Normalización
Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s
admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
PRENDE NO COLO
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Prende no colo
Achegará cantigas,
cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas pensadas para iniciar
ás crianzas de 0 a 3 anos no ritmo e na melodía a partir de temas tradicionais.
Duración: 45 minutos
Dirixido a: alumnado de infantil (de 0 a 3 anos)
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino
Necesidades técnicas da actividade: 2 cadeiras sen
brazos. Habitación con capacidade suficiente para acoller con comodidade aos
participantes, sen mobiliario polo medio. O chan, a poder ser, de madeira ou de
cortiza (ou calquera outra superficie quentiña), ou senón, con coxíns ou
“colchonetas” estendidas.
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade
poden consultar con Luís Prego 627 45 68 83
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 30 de outubro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 30 de outubro a partir das 09:30 e até as 14:00
Solicitude de
participación na actividade:
Prende no colo para
infantil (de 0 a 3 anos)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 30 de outubro
a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 25 (acompañados/as polos/as titores/as ou
monitores/as)
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 6) para a
participación na actividade.
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
Nota:
o centro escolar que reciba a actividade e queira tela en horario de tarde
deberá indicalo nesta ficha e axustar o horario con Luís Prego 627 45 68 83
_____ 3 novembro (luns), ás 10:00 _____ 10 novembro (luns),
ás 10:00
_____ 5 novembro (mércores), ás
10:00 _____ 12 novembro (mércores), ás
10:00
_____ 7 novembro (venres), ás 10:00 _____ 17 novembro (venres), ás
10:00
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
ELABORACIÓN DE XABÓN ESO
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro ciencias: Elaboración
de xabón
Elaboraremos
o noso propio xabón na aula. Para isto, trataremos, devagar, os ingredientes,
as súas proporcións, o proceso de elaboración, as herbas aromáticas que, en
certa medida, influirán no resultado.
E
contextualizaremos o obradoiro cunha breve historia do xabón.
Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de 2.º e 3.º da ESO
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino.
Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en
contacto con Marcelo Rodríguez 686 998 706
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 27 de outubro.
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 27 de outubro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante:
os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos
que a actividade non foi impartido o pasado curso escolar.
Solicitude de
participación na actividade:
Elaboración de xabón para 2.º e 3.º da ESO
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 27 de outubro
a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante: non
se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é
obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono: ____________________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 12) para a
participación na actividade:
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
______ 3 novembro (luns) 9:30 ______ 6 novembro
(xoves) 9:30
______ 3 novembro (luns) 12:00 ______ 6 novembro
(xoves) 12:00
______ 4 novembro (martes) 9:30 ______ 25 novembro
(martes) 9:30
______ 4 novembro (martes) 12:00 ______ 25 novembro (martes)
12:00
______ 5 novembro (mércores) 9:30 ______ 26 novembro (mércores)
9:30
______ 5 novembro (mércores) 12:00 ______ 26 novembro (mércores)
12:00
Importante: a Concellería de Normalización
Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s
admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
ELABORACIÓN DE PAPEL RECICLADO ACTIVIDADE PARA 5 ANOS
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Obradoiro ciencias: Elaboración
de papel reciclado
A través
da reutilización e reciclaxe do papel usado, o alumnado participará na
elaboración dun papel diferente e atractivo; asemade, isto nos axudará a
reflexionar sobre o abuso das cortas de árbores e a proliferación de
monocultivos.
Duración: 1 hora
Dirixido a: alumnado de infantil (5 anos)
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 29 de outubro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 29 de outubro a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante:
os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos
que a actividade non foi impartido o pasado curso escolar.
Solicitude de
participación na actividade:
Elaboración de papel reciclado para infantil (5 anos)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 29 de outubro
a partir das 9:30 h e até as 14:00 h
Importante: non
se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio
cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono: ____________________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 30
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 10) para a
participación na actividade:
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
______ 3 novembro (luns), ás 9:30 h ______ 6 novembro (xoves), ás
9:30 h
______ 3 novembro (luns), ás 12:00
h ______ 6 novembro
(xoves), ás 12:00 h
______ 4 novembro (martes), ás 9:30
h ______ 7 novembro (venres),
ás 9:30 h
______ 4 novembro (martes), ás
12:00 h ______ 7 novembro
(venres), ás 12:00 h
______ 5 novembro (mércores), ás
9:30 h
______ 5 novembro (mércores), ás
12:00 h
Importante: a Concellería de Normalización
Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s
admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
CLUB DE DEBATE CURSO 2014-15
Á atención do Equipo de Dinamización Lingüística
Información sobre Club de debate 2014-15
O Club de Debate é un proxecto para dinamización lingüística entre a mocidade. Está promovido desde varios concellos, coa colaboración dos ENDL dos centros de ensino secundario. Esta actividade xorde co fin de impulsar o uso oral do galego entre a mocidade, á vez que se consolidan foros de discusión sobre temas de actualidade e de interese social.
O Club de Debate está dirixido fundamentalmente aos centros de ensino secundario dos concellos que organizan a actividade. Busca ser un punto de encontro para a mocidade, unha oportunidade para coñecer a súa opinión sobre asuntos que lle afectan realmente e desmitificar a imaxe dunha mocidade pasiva, pouco participativa e pouco implicada nos problemas da sociedade. Defender ideas con palabras é unha forma de pór en valor as habilidades sociais tan necesarias hoxe en día e de potenciar a nosa lingua como ferramenta indispensable para defender as nosas ideas.
Obxectivos:
· Favorecer o emprego da lingua galega entre a mocidade, especialmente os usos orais en contextos formais e informais
· Potenciar a fluidez comunicativa ligada á oratoria
· Promover o pensamento crítico e analítico
· Fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo
O formato do Club de Debate está formulado como unha competición deportiva; é necesario crear un bo clima no equipo xa que o traballo colaborativo é básico no desenvolvemento da actividade. É necesario delegar tarefas e asumir responsabilidades, sempre dentro dunha competición contra reloxo en igualdade de condicións.
Os/as participantes deberán agudizar o enxeño para buscaren todas as argumentacións posibles para reforzaren as ideas, tamén facilita a capacidade de análise e de interpretación da realidade.
O Club de Debate desenvólvese en tres fases: local, comarcal e final (na que participan os centros gañadores de cada comarca). O premio final é unha excursión (con diferentes actividades culturais, deportivas, lúdicas...).
No transcorrer da competición o alumnado debaterá sobre temas escollidos polas e polos participantes da actividade. Na final haberá un tema lingüístico sobre o que debater por proposta da organización.
Unha vez máis, o SNL de Vigo, pídevos colaboración para participarmos no IV Club de debate (2014-15), no que agardamos a presenza de centros de ensino de concellos limítrofes.
Este primeiro correo é envío de información moi básica e pretende ser unha invitación a reflexionardes sobre a posibilidade de participar con alumnado do voso centro, e para apuntar o centro, se o considerades.
Cómprenos contarmos cun número suficiente de equipos interesados para artellar o certame de debate ben sexa na comarca de Vigo ben só no noso concello. Mais esta "intención-desexo" só será posible se hai participación e implicación dos centros de ensino, do profesorado e dos equipos de dinamización lingüística dos centros.
Agradeceriámosvos que, de estardes interesados nolo comuniquedes, ben por correo electrónico (ofi.normalizacion@vigo.org) ben por teléfono (986 81 02 81), antes do 8 de novembro.
Na páxina web do servizo (snl.vigo.org) tendes o regulamento e as bases de edicións pasadas. Achegámosvos o Regulamento do Club de debate, para que vos fagades unha primeira aproximación de non a coñecer. Este regulamento é da pasada edición, mais pouco ha de variar no seu contido final, que loxicamente achegaremos aos centros participantes inmediatamente.
Podedes encontrar máis información no facebook do “Club de debate” (imaxes das fases locais e comarcais, da excursión, da final do pasado ano en Compostela...).
Máis adiante, de termos centros interesados, artellaremos unha xuntanza para falarmos máis polo miúdo do tema.
Agradecémosvos a vosa colaboración, unha vez máis.
REGULAMENTO DEFINITIVO
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22728933/Regulamento%20definitivo%202012-13.pdf

VII Xornadas de materiais e recursos educativos / Videoconferencias do Día da Ciencia en Galego para Secundaria (mércores, 5 de novembro)
Prezados/as amigos/as,
Lembrámosvos, unha vez máis, que a CGENDL organiza, xunto coa Nova Escola Galega, as VII Xornadas de materiais e recursos educativos o 24 e 25 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación da USC. Trátase dunha actividade recoñecida con 10h de formación homologada para o profesorado interesado e pódese participar como público e/ou presentar materiais e experiencias.
Así mesmo, temos o pracer de convidarvos a participar na videoconferencia para secundaria que, con motivo da celebración do V Día da Ciencia en Galego organiza a CGENDL para o vindeiro mércores 5 de novembro:
Saúdos normalizadores
Consello Directivo
CGENDL

- Título: A ciencia da
programación de ordenadores (tamén en galego)
- Relator: Manuel Caeiro
Rodríguez. Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación. Profesor na Escola de
Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo. Responsable da rede
TELGalicia sobre innovación educative e da aplicación. Páxinas web: http://www.edu-area.com e http://www-gist.det.uvigo.es/~mcaeiro/
- Sinopse: introducirase a
historia da programación de ordenadores desde un punto de vista moi básico
e práctico, comezando pola orixe do algoritmo dos árabes, pasando por Ada
Lovelace (Byron), e pasando logo a Alan Turing para chegar á estrutura dos
ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados.
Introduciremos ferramentas nas que é moi doado programar, como Scratch e
Squeak, para que poidades facer os vosos programas, tamén en galego.
- Destinatarios: alumnado do 2º ciclo da
ESO e Bacharelato.
- Data e hora: mércores 5 de novembro
entre as 12:00h e as 13:00h.
- ordenador con conexión a internet (recomendado con
cabo, non con wifi, e navegador recomendado Firefox) e altofalantes,
- canón proxector e pantalla, e
- software: Flash media player.
- Nome do centro,
- Departamentos/docentes implicados,
- Niveis educativos en que se vai desenvolver a
actividade,
- Nº de alumnos/as implicados/as,
- Profesor/a de contacto (tamén correo), e
- Observacións (dúbidas, suxestións, etc.).
Saúdos normalizadores
Consello Directivo
CGENDL
NARF TRÍO
NARF TRÍO
PRESENTACIÓN DO
LIBRO-DISCO “NAS TARDES ESCURAS”
NARF TRIO presenta o disco "Nas tardes
escuras" (El
Patito Editorial 2013), o máis recente traballo discográfico
de Fran Pérez "Narf", no que o cantor e
compositor explora a poesía de Rosalía de Castro dun xeito innovador.
O grupo, que ofrece un directo fresco e
contundente con L.A.R. Legido na batería e Alberte Rodríguez "Ho Chi
Ming" no baixo, interpreta a Rosalía desde a linguaxe electrificada do
rock cunha visión contemporánea e enérxica dos textos da poetisa.
O lanzamento
do disco tivo gran repercusión na prensa, na radio e na tv, con
críticas moi favorables.
"
...tensión eléctrica en los versos de Rosalía de Castro... Rosalía suena de otra manera:
urgente, cortante, poco lacónica... Rosalía suena dolorida pero
desafiante" CAMILO FRANCO. LA
VOZ DE GALICIA
" Narf
sacude a Rosalía... Nas tardes escuras es Una pequeña joya musical...una
singular sacudida energética rosaliana...el público podrá comprobar en su
potente directo la particular interpretación que Narf ha hecho de Rosalía de Castro "
ALFONSO PATO. EL
PAÍS.
" Narf
é un dos creadores musicais máis interesantes do panorama musical galego "
OSCAR LOSADA. LA
OPINIÓN.
ENTREVISTAS:
Telexornal 15/9/13. Festival de La Luz. Boimorto. NARF
TVG. Entrevista en ZigZag Diario: Narf,
Rosalía eléctrica en clave roqueira (07/11/2013)
Tfno:
+34 986-337069
Para asistir a estes actos, deben poñerse en contacto coa
Universidade de vigo no correo electrónico anl@uvigo.es sete días antes do 6 de novembro que é cando é a
actividade
luns, 13 de outubro de 2014
CURSO DE IMPROVISACIÓN ORAL EN VERSO E NARRACIÓN ORAL
Cursos de Improvisación
oral en verso e Narración oral
Actividades do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV) de Normalización Lingüística
Actividades do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV) de Normalización Lingüística
De outubro a maio.
Os mércores e xoves,
respectivamente, no IME-Instituto Municipal de Educación (cmño. do Chouzo, 2),
aula 17.
Comezo o 22 e 23 de outubro,
respectivamente
Toda a información na
web: snl.vigo.org
Obxectivos xerais
Dar a coñecer a poesía oral improvisada en verso
Intentar espertar o interese pola práctica desta técnica
Conseguir ao remate deste curso que o alumnado sexa quen de improvisar en verso
Aumentar as nosas competencias persoais no fomento das actitudes para a improvisación, da actitude creativa, do desenvolvemento da memoria
Aumentar as competencias lingüísticas e escénicas na expresión oral e na dimensión
lúdica da lingua
Aumentar a competencia musical
Vincular o alumando co noso patrimonio cultural, tomar conciencia deste legado e da necesidade de recuperalo, valoralo e transmitilo
Contidos
Parte teórica
Orixe e evolución da poesía oral improvisada
A improvisación oral no mundo
O proceso de creación da poesía improvisada
A literatura oral en Galicia
Outras coplas populares galegas
Manifestacións populares de carácter oral e improvisado
Concomitancias das improvisacións orais galegas con outras formas actuais de carácter urbano
Novos formatos para divulgar a poesía oral
Importancia da ambientación para incrementar o interese polas actividades
Parte metodolóxica
O ritmo, a rima e a métrica
Actividades
Xogos con palabras
Xogos con versos e poemas
Xogos de improvisacións
Exercicios con recursos literarios-musicias
Cuartetas didácticas
Creación de cuartetas
O profesorado
As aulas semanais serán impartidas por Josinho da Teixeira. Nas sesións especiais e nas regueifadas contaremos, ademais, con Luís O' Caruncho e Pinto d' Herbón.
Calendario
O curso comeza o mércores 22 de outubro. Todos os mércores, dende o 22 de outubro, e até finais de maio, desenvolveranse as aulas semanais.
O horario será de 18:00 a 20:00 h
Localización do centro
As aulas semanais van realizarse no IME (camiño do Chouzo, número 2). As especiais en diferentes espazos que se indicarán.
PROGRAMA DO CURSO DE NARRACIÓN ORAL DO CIOV-Centro de Interpretación
de Oralidade de Vigo
NIVEL 1
1.- Obxectivos xerais:
Que ao rematar o curso, os/as asistentes saiban.
a) Como armar un conto
b) Como contar
Ao final do segundo bloque, coincidindo co Día Internacional da Narración Oral o 20 de marzo, o alumnado realizará unha contada pública colectiva.
O remate de curso será unha segunda contada colectiva que coincidirá coa entrega de diplomas de asistencia.
Eventualmente, poderá haber algunha outra experiencia pública segundo se vaia desenvolvendo o curso.
2.- Contidos:
Estes contidos serán distribuídos en tres bloques e o seu desenvolvemento será práctico e en lingua galega.
BLOQUE 1
-Discusión e definición de oralidade: Que é? Por que? Para que? A quen?
-Categorización do relato: anécdota, lenda, mito, conto, fábula. Abordaxe á tradición oral
galega. As fontes
-Funcionalidade:
.Comunicación
.Construción da memoria histórica
.Asimilación da tradición oral como patrimonio
.Sociolingüística: normalización da lingua galega
.Estética: entretemento
-A diversidade de procedencia dos narradores: o teatro, a pedagoxía, os cursos de narración, a literatura, a animación editorial.
-A escoita e a observación: A recolleita do cotiá.
BLOQUE 2
-Recursos para a elaboración do repertorio: do contador coloquial ao contador escénico
-A dramaturxia do conto:
.Elaboración do argumento
.Personaxes
.Espazo
.Tempo: Ordenación e duración; A digresión
.Mecanismos de recepción
.Dimensión simbólica ou metafórica de cada un dos ingredientes para a elaboración da trama
.A diéxese
-A composición do repertorio espectacular: escolla, ordenación
BLOQUE 3
-O narrador en escena
-O público: a mirada ao espectador, a escoita
-As eventualidades
-A improvisación
-O ritmo
-A duración
-A voz
-O xesto
-A entoación
-A universalidade dos temas
-A adecuación á nosa realidade
-A adaptación
-O xénero
-A transgresión de xéneros
3.- O profesorado
A narradora oral é titulada superior en Arte Dramática Ana Carreira Varela impartirá o Nivel 1, segundo este programa.
4.- Calendario
As sesións serán os xoves de 18:00 a 20:00 consonte este calendario no Instituto Municipal de Educación do Concello de Vigo, na aula 17, no camiño do Chouzo, núm. 2.
BLOQUE 1
-Sesión 1: 23 de outubro
-Sesión 2: 30 de outubro
-Sesión 3: 6 de novembro
-Sesión 4: 13 de novembro
-Sesión 5: 20 de novembro
-Sesión 6: 27 de novembro
-Sesión 7: 4 de decembro
-Sesión 8: 11 de decembro
-Sesión 9: 18 de decembro
BLOQUE 2
-Sesión 1: 8 de xaneiro
-Sesión 2: 15 de xaneiro
-Sesión 3: 22 de xaneiro
-Sesión 4: 29 de xaneiro
-Sesión 5: 5 de febreiro
-Sesión 6: 12 de febreiro
-Sesión 7: 19 de febreiro
-Sesión 8: 26 de febreiro
-Sesión 9: 5 de marzo
-Sesión 10: 12 de marzo
BLOQUE 3
-Sesión 1: 26 de marzo
-Sesión 2: 9 de abril
-Sesión 3: 16 de abril
-Sesión 4: 23 de abril
-Sesión 5: 30 de abril
-Sesión 6: 7 de maio
-Sesión 7: 14 de maio
-Sesión 8: 21 de maio
-Sesión 9: 28 de maio
FICHA DE INSCRICIÓN
Achege estes datos ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org
Todas as persoas que envíen os datos, estarán admitidas no curso/s
As actividades son gratuítas
Pode elixir unha actividade ou as dúas:
Improvisación oral en verso Si Non (indicar o que proceda)
Comezo: 22 de outubro, remate en maio. Os mércores de 18:00 a 20:00
Narración oral Si Non (indicar o que proceda)
Comezo o 23 de outubro, remate en maio. Os xoves de 18:00 a 20:00
Clases no IME, Instituto Municipal de Educación, camiño do Chouzo, número 2 (aula 17)
Nome a apelidos: ________________________________________________________
DNI: _________________________________________
Enderezo: ______________________________________________________________
Código postal:____________________ Localidade: _____________________________
Teléfono/s de contacto: ____________________________________________________
Correo electrónico (lexible): ________________________________________________
sábado, 11 de outubro de 2014
mércores, 8 de outubro de 2014
NOVO NÚMERO DE OLLOS DE AULA
Prezados/as amigos/as,
Chegou un novo curso e con el o outono, e co outono un novo número de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado:
CGENDL
Chegou un novo curso e con el o outono, e co outono un novo número de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado:
- Descarga: http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
- Correo de contacto: ollosdeaula@gmail.com
- Subscrición: http://coordinadoraendl.org/lists/?p=subscribe&id=2
Nesta primeira entrega, Mª Montserrat Carrasco
Rodríguez, profesora de CC.EE. da UDC, aborda a creación dos hábitos de traballo
nos nenos/as, mentres que o inspector Fernando Carrasco Mera analiza os cambios
inminentes que introduce a LOMCE. Pola súa banda, a psicopedagoga Lines Salgado
presenta a aprendizaxe por proxectos, unha metodoloxía moi interesante para
introducir nas aulas. E, por suposto, non faltan á cita as atractivas propostas
lectoras que nos fai Gracia Santórum nas súas "Cadencias”. Agardamos que
estes contidos sexan do voso interese e das familias, de aí que coma sempre vos
animemos a distribuíla na vosa comunidade educativa e no contorno dos vosos
centros.
Así mesmo, informámosvos que o Consello Directivo
da CGENDL tomou a decisión de esixir a dimisión
de Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, polo
incumprimento reiterado das demandas dos Equipos e pola nefasta xestión levada
a cabo no seu departamento en todo este tempo de retrocesos para a lingua
galega no ensino e na sociedade. Por último, lamentamos a exclusión da
Coordinadora da rolda de reunións que o Comité de Expertos da UE que
avalía o cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas
mantivo esta semana en Santiago e achega unha síntese
das consecuencias para o galego nas aulas do Decreto 79/2010 ou do
Plurilingüismo. Nestas cuestións, como outras que atinxen ao noso
traballo nos centros, agardamos as vosas suxestións, propostas, denuncias, etc.
Saúdos normalizadoresCGENDL
O SOÑO DE ESTHER
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- O soño de Esther
Baixo a idea de que
os contos están para vivilos, Miguel Ángel Alonso Diz, achéganos esta e outras
historias coas que poderemos aprender dun xeito divertido as vogais, puntos
cardinais, os números e o amor pola nosa lingua.
A actividade leva
asociado un taller de “pintar con luz ou lightpainting”, coa que, facendo uso
da imaxinación e a creatividade, o alumnado poderá trazar no aire vogais,
letras e mesmo facer debuxos.
Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de primaria (1.º e 2.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino
Necesidades técnicas da actividade: dispor dun espazo
que non sexa moi luminoso para poder realizar a actividade. Toma de corrente
próxima.
Para calquera dúbida sobre o desenvolvemento da actividade
poden consultar con Miguel Ángel Alonso Diz
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 14 de outubro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 14 de outubro a partir das 09:30 e até as 14:00
Solicitude de
participación na actividade:
O soño de Esther para
primaria (1.º e 2.º)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude
ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 14 de outubro a partir
das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 25
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 16) para a
participación na actividade.
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
_____ 16 outubro (xoves), ás 09:30 _____ 22 outubro
(mércores), ás 09:30
_____ 16 outubro (xoves), ás 12:30 _____ 22 outubro
(mércores), ás 12:30
_____ 17 outubro (venres), ás 09:30 _____ 23 outubro (xoves), ás
09:30
_____ 17 outubro (venres), ás 12:30 _____ 23 outubro (xoves), ás
12:30
_____ 20 outubro (luns), ás 09:30 _____ 24 outubro
(venres), ás 09:30
_____ 20 outubro (luns), ás 12:30 _____ 24 outubro
(venres), ás 12:30
_____ 21 outubro (martes), ás 09:30 _____ 27 outubro (luns), ás
09:30
_____ 21 outubro (martes), ás 12:30 _____ 27 outubro (luns), ás
12:30
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
DOBRAXE NA ESCOLA
A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Dobraxe na escola
É unha actividade lúdico educativa que ten como
finalidade achegarlles aos nenos e nenas, dun xeito anemo e didáctico, o mundo
da dobraxe.
Fases:
Primeiro, utilizando monicreques, os actores e
dobradores, Manuel Pombal e Suso Pando, fan un xogo dramático moi divertido no
que nos mostran todos os pasos da elaboración dunha película; desde a creación
do guión ata a súa dobraxe.
Logo, sen abandonar o ton lúdico e teatral,
preséntalles os personaxes do “mini capítulo” que “o propio alumnado” vai
dobrar, sorprendéndose con exóticas versións orixinais, en idiomar que
probablemente xamais escoitaran.
Acto seguido, ensaiamos todos xuntos un fragmento do
película, aprendendo a encaixarmos as propias voces nas obcas dos personaxes.
-”Probámolo e experimentámolo todos...? Ben. Agora...
Quen quere saír?
Xa temos os/as dobradores/as. // Lemos o guión,
ensaiamos, axustamos e... // Silencio! Imos gravar! // Gravamos... e, moi
sorprendidos/as, escoitamos o resultado.
Duración: os responsables do desenvolvemento da actividade
poñeranse en contacto co centro escolar para axeitar a duración da actividade.
Faranse 4 sesións consecutivas de 50 minutos (máximo, 35 participantes por
sesión), adaptándose aos horarios do centro escolar
Dirixido a: alumnado de primaria (3.º, 4.º e 5.º)
Lugar de realización da
actividade: no propio centro de
ensino.
Horario: a actividade comezará ás 10:00, se ben, para
preparala, os responsables do desenvolvemento da actividade estarán no centro
escolar ás 09:00
Necesidades técnicas da
actividade: os responsables do desenvolvemento
da actividade poñeranse en contacto co centro escolar para solventar posibles
cuestións técnicas
Para calquera dúbida sobre o
desenvolvemento da actividade poden consultar con Manuel Pombal 605 06 69 17
Para solicitar a actividade é
necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 10 de outubro ao
correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por
correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 10 de outubro
a partir das 09:30 e até as 14:00
Solicitude de
participación na actividade:
Dobrase na escola para
primaria (3.º, 4.º e 5.º)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 10 de outubro
a partir das 09:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro: _________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 35
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 8) para a
participación na actividade.
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
_____ 15 outubro (mércores)
_____ 16 outubro (xoves)
_____ 17 outubro (venres)
_____ 20 outubro (luns)
_____ 21 outubro (martes)
_____ 22 outubro (mércores)
_____ 23 outubro (xoves)
_____ 24 outubro (venres)
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)