mércores, 25 de marzo de 2015

CURSO DE ESCRITURA CREATIVA

“Obradoiro literario Aliteraclara”

IMPARTIDO POLA ESCRITORA Clara do Roxo

· Coñeceremos os elementos para dar forma ao texto.
· Utilizaremos pequenos textos de autoras e autores de estilos diferentes para facer unha lectura crítica sobre eles.
· Elaboraremos textos literarios propios en cada sesión.
· Aprenderemos a crear personaxes e situacións literarias
· Faremos un exercicio de síntese, aprenderemos a desprendernos do que sobra no texto unha e outra vez ate atopar a verdadeira esencia da escrita desbotando o que non é bo.

Información en 696 15 42 03

DATAS: 6, 13, 20 e 27 de abril e 4 de maio
HORARIO: de 17:30 a 19:30
LUGAR: local da AVV NovoVigo de Navia (rúa As
Teixugueiras, 11 -portal 6, oficina 9-B)

Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo, idade, teléfono e DNI) ao correo electrónico
claradoroxo@gmail.com
Preferentemente: xente moza

mércores, 18 de marzo de 2015

NÚMERO 20 DE OLLOS DE AULA

Prezados/as amigos/as,
 
Remitímosvos o número 20 de  Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Por mor das vacacións, esta entrega correspóndese co bimestre marzo-abril. Ademais de anexala neste correo, podedes descargala en:
No presente número a psicopedagoga Lines Salgado achéganos á mediación escolar; Pilar Sampedro, docente e membro da Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, analiza o papel que debe xogar a familia na iniciación á lectura; mentres que a pregunta desta entrega se centra en "Como detectar un trastorno da conduta alimentaria?". Coma sempre, Gracia Santórum preséntanos interesantes propostas literarias, musicais e de ocio. A contracapa convídanos a reflexionar sobre a estigmatización do modelo da fala dos galegofalantes que, ás veces, cometemos os propios docentes co noso "bolígrafo vermello".

Dende a CGENDL convidámosvos a que este novo número sexa do interese da comunidade escolar e pedímosvos axuda na súa difusión así como colaboración na proposta de temas, colaboracións, etc.

Saúdos normalizadores

CGENDL

  

AUTORIZACIÓN PAIS E NAIS PHOTOCALL CORRELINGUA

AUTORIZACIÓN PAIS E NAIS PHOTOCALL CORRELINGUA

CORRELINGUA é a denominación que adoptaron de maneira común a partir de 2001 as diversas carreiras en prol do idioma que se convocaron no país. É unha proposta de carácter lúdico, educativo e reivindicativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público que quere enviar unha mensaxe do dereito da infancia e a mocidade a medrar en galego.
Nesta edición, contaremos nos centros de ensino cun photocall onde participe o alumnado. Para poderen participar precisan contar con autorización da nai, pai ou titora/or legal. Por este motivo achegamos, para asinala, a seguinte autorización:

Eu                                                                                            con DNI ,
nai, pai, tutora/or legal de ,                                                 alumna/o do curso                        no centro de ensino                                                                                                                                                 AUTORIZO a publicación de imaxes do meu fillo/a nas publicacións (web, redes sociais, boletíns) que realice o Correlingua.
E para que conste, asino en                a               de                                de 2015


Correlingua
www.correlingua.org
Avenida de Lugo 2A, entresollado A
15701- Santiago de Compostela
tlf: 698180557

CORRELINGUA VIGO

Prezados/amigo/as:
O pasado xoves 12 de marzo mantivemos unha reunión de coordinación do Correlingua
2015 en Vigo onde se trataron as seguintes cuestións:
Data do Correlingua: venres 8 de maio.
Horarios: A marcha sairá ás 11:00 da Praza do Rei para chegar a Castrelos ás 12:00.
Os autobuses deberán achegarse sobre as 10:30.
O alumnado de Infantil irá directamente a Castrelos onde terá lugar o espectáculo (de
11 a 12) do músico e actor Paco Nogueiras.
Para maior aproveitamento da actividade é recomendábel visitar a súa páxina en internet
para que na actuación o alumnado coñeza a súa obra e interactúe con el. Aquí tedes o
enlace:
http://www.kalandraka.com/blog/2014/04/29/brinca-vai-novo-libro-cd-dvd-no-mes-dasletras-
galegas/
Unha das cancións que recomendamos ver é “O meu mundo é!”
Marcha do Correlingua: Haberá un concurso de animación da marcha que premiará ao
grupo que máis anime durante o percorrido.Esta animación poderá utilizar calquera
medio: cantigas, coplas, disfraces, pancartas...o obxectivo é facer unha marcha vistosa e
divertida coa implicación activa do alumnado.
Actuacións: A condución da actividade estará a cargo de Xurxo Souto. O grupo que
actuará en Castrelos será o gañador do certame musical Cantalingua, que se coñecerá
proximamente.

PHOTOCALL
Como falamos, este ano e como novidade, o Correlingua organiza un photocall para
levar aos centros de ensino durante o mes de abril.
Trátase de tirar retratos do alumnado (e profesorado, por que non?) diante dun fondo
igual para todos os Correlinguas, suxeitando "bocadillos" co lema do Correlingua deste
ano ou o que se nos ocorra alusivo ao fomento do galego. Temos unha moi boa
referenza na exitosa campaña "Gústame o galego" que levou adiante a CTNL
(botádelle un ollo enhttp://gustame.gl/).
No anexo vai o permiso que terían que asinar as nais e pais para aceptar que se suban
fotos das súas fillas e fillos.
A organización do Correlingua enviaría aos centros que quixesen participar o deseño do
photocall (o fondo da foto, para entendernos) por correo. Cada centro deberá deseñar e
elaborar os seus "bocadillos", para facer o fotocol hai tres posibilidades de partida:
1- Proxectar o deseño do fotocol sobre unha parede branca
2- Imprimilo en papel e pegalo nunha parede
3- Calcalo en papel corrido para poñelo nunha parede
Xunto co deseño do fotocol enviaríase tamén o permiso a cubrir polos pais para
podermos subir fotos da rapazada ás redes.
O profesorado encargaríase logo de coordinar a actividade e de enviar as fotos a
correlingua@correlingua.org para írmolas publicando nas redes sociais etc.

ACTUACIÓNS CENTROS DE ENSINO
Na reunión tamén falamos da posibilidade de que algún grupo de alumnos/as actúen
no remate do acto de Castrelos.; se hai algún centro interesado debe porse en contacto
coa organización.
Haberá froita para os participantes.
Agardamos da vosa participación para facermos entre tod@s un Correlingua dinámico e
participativo.
Ánimo e a inscribirse !!!!!!
Vémonos o oito de maio.
Vigo, 17 de marzo de2015

mércores, 4 de marzo de 2015

BASES DO CONCURSO DE ANIMACIÓN CORRELINGUA VIGO 2015


1.Poden participar todos os alumnos e alumnas dos centros inscritos no Correlingua 2014 na comarca de Vigo.
2. A participación no concurso será EN GRUPO.
3. A animación da carreira do Correlingua consistirá no desenvolvemento de ideas (a través de pancartas, disfraces, cantigas...) que contribúan a asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares.
4. Valorarase a mensaxe, a orixinalidade e a animación que o grupo lle dea á carreira.
5. Os centros deberán formalizar a inscrición neste concurso enviando un
correo electrónico a correlingua@correlingua.org antes do 2 de maio.
As inscricións deberán ter como mínimo os seguintes datos:
- centro e número dos integrantes do grupo. O grupo deberá levar algún elemento que os diferencie para poder localizalos no caso de gañaren o concurso.
6. O xuri estará composto pola Comisión Organizadora. A decisión do xurado será inapelábel.
7.- Os traballos premiados poderán ser reproducidos en campañas publicitarias e divulgativas do Correlingua. Para estes efectos os autores cederán os dereitos de reprodución á organización do Correlingua.
8. A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases.

CONVOCATORIA REUNIÓN DO CORRELINGUA EN VIGO. 12 DE MARZO D0 2015

Prezad@s amig@s:

O vindeiro 8 de maio terá lugar en Vigo, máis un ano, o Correlingua.
Con este motivo convocámosvos a unha reunión preparatoria que terá lugar o xoves 12 de marzo, ás 19.00 no IES San Tomé de Freixeiro (Gran Vía, s/n, Vigo), que contará coa seguinte orde do día:

1- Avaliación do Correlingua 2014.
2- Información concurso de animación da marcha e actividades para infantil e primaria.
3- Suxerencias e propostas para o Correlingua 2015.



Grazas pola vosa atención e un saúdo.

NOTA: O IES San Tomé conta con espazo para estacionar.
Correlingua
Avenida de Lugo 2A, entresollado A
15701- Santiago de Compostela
Facebook: Correlingua
tlf: 698180557