xoves, 26 de xaneiro de 2012

PASENIÑO COA LINGUA. ACTIVIDADE PARA INFANTIL.

Duración:
1 hora e 30 minutosDirixido a: alumnado de infantil (4 e 5 anos)

http://dl.dropbox.com/u/22728933/ficha_inscricion_pasenino_coa_lingua.pdf

Consiste nunha xincana, na que o xogo se basea en superar correctamente as probas de linguaxe corporal que lles expoñemos co obxectivo de conseguir pezas dun quebracabezas xigante tematizado coa cidade de Vigo e con palabras en galego relacionadas coa nosa cidade e a nosa cultura.
Os tipos de probas abranguen dende un xogo de fichas de elementos de Vigo, probas de imitación, atención e concentración, unha pequena historia da monicreque Mariña, probas de musicalidade e coreográficas coa canción do Pirimpinpín, probas de dramatización... E para rematar, completaremos todos xuntos o quebracabezas Ible Dible, no cal os participantes poderán contemplar a riqueza lingüística e cultural da nosa cidade.

RELATOS DE TERROR


OITO CONTOS DE LOVECRAFT QUE AMOSAN COMO ESTE XENIAL AUTOR FOI O INVENTOR DUN NOVO XÉNERO.
Relatos de terror
reúne oito contos de Lovecraft ("A tumba", "Do máis alá", "Herbert West, reanimador", "O can", "A ceremonia", "El", "A besta da cova" e "O alquimista") que amosan como este xenial autor foi o inventor dun novo xénero, o conto materialista de terror, no que utiliza os símbolos que se manteñen no inconsciente das persoas para espertar eses terrores ancestrais que xacen dentro do noso cerebro. Trátase desa literatura de terror «cósmico» que se dirixe á parte máis fonda do cerebro, dominada polos instintos e emocións que están na orixe do xénero humano. 

http://dl.dropbox.com/u/22728933/Relatos%20de%20terror.pdf

CONVOCATORIA PREMIOS XERAIS

CONVOCATORIA PREMIO MERLÍN

mércores, 25 de xaneiro de 2012

II ENCONTRO DOS EQUIPOS DOCENTES POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Prezados/as amigos/as,

A Coordinadora Galega de ENDL convida aos coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüística no ensino a participar no  II Encontro de equipos e de docentes pola normalización , que terá lugar o  sábado 11 de febreiro no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela .
Esta xornada organízase como un espazo de encontro do grande colectivo dos profesionais do ensino que traballan pola normalización do galego para crear e fortalecer canles de colaboración, para intercambiar experiencias de institutos e colexios a través de encontros simultáneos, para reflexionar sobre as linguas no sistema educativo e para coñecer as actividades elaboradas pola CGENDL para o que resta de curso.
PROGRAMA E INSCRICIÓN
- Podedes consultar o programa na nosa páxina: http://ir.gl/fdf0b9
- A inscrición é gratuíta e formalízase a través de correo@coordinadoraendl.org sinalando nome e apelidos e centro de ensino.
EXPOSICIÓN DE MATERIAIS ELABORADOS POLOS EQUIPOS
Nesta edición haberá a posibilidade de mostrar os diferentes materiais que se realizan nos Equipos dos centros educativos para compartilos e facer visible moitas das actividades que levaron e levan a cabo. Ao carón do salón de actos, haberá un espazo para mostrardes aquilo que consideredes: calendarios, marcapáxinas, revistas, trípticos, camisolas, produtos audiovisuais... Agradecemos a vosa colaboración para que a experiencia resulte enriquecedora para todos as persoas asistentes. Precisamos que nos confirmedes a vosa achega de materiais antes do mércores 8 de febreiro.
CONVOCATORIA DE AXUDAS
A convocatoria rexistra unha diminución drástica do orzamento dedicado a este programa. Por iso mesmo, cómpre estreitar a colaboración e o traballo en rede. Nos próximos días enviaremos máis información e propostas de actividades para que poidades incluír nos vosos proxectos.
Por último, pedímosvos que nos axudedes a difundir esta información nos vosos centros e entre os vosos contactos así como a través das páxinas e outros sitios web.
Saúdos normalizadores
Consello Directivo
Coordinadora Galega de ENDL

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA OS PROXECTOS DE FOMENTO DE USO DO GALEGO

CONVOCATORIA CENTROS PÚBLICOS E PRIVADOS
 
Hoxe aparece no DOG a convocatoria de proxectos de Fomento. A data de finalización do prazo é  o 25 de febreiro.
 
ORDE do 20 de xaneiro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2011-2012 (ED101A).

ORDE do 20 de xaneiro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2011-2012 (ED101C).

ENLACES

http://dl.dropbox.com/u/22728933/AnuncioG0164-230112-11293_gl.pdf
http://dl.dropbox.com/u/22728933/AnuncioG0164-230112-11294_gl.pdf

ENCONTRO DA CGENDL CO SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Prezados/as amigos/as,
Informámosvos mediante esta comunicación do encontro que onte, luns 23, mantiveron representantes do Consello Directivo da Coordinadora Galega de ENDL con Valentín García, novo Secretario Xeral de Política Lingüística. Como podedes consultar nos anexos que vos remitimos, a CGENDL fíxolle chegar ao novo responsable da SXPL unha serie de demandas e propostas relativas aos Equipos e á situación do galego no ensino e na sociedade.
Entre as cuestións máis urxentes, adiantámosvos que a  convocatoria de axudas ao fomento do uso do galego nos centros escolares 2011-2012  será publicada nos próximos días e que as  cantidades adebedadas aos centros (exercicio 2011)  se pagarán no mes de febreiro.
A necesidade dunha coordinación efectiva, de formación, de defensa do traballo dos Equipos, etc. foron outras das demandas que a CGENDL lle expuxo ao SXPL e que esperamos contrastar coas vosas achegas, valoracións e propostas.
Saúdos normalizadores
CGENDL
ANEXOS
http://dl.dropbox.com/u/22728933/Propostas%20para%20o%20novo%20SXPL%20da%20CGENDL.pdf

PRESENTACIÓN DO VIDEOXOGO " AS COVAS DO FOLÓN"