A CDEDLG de Vigo e Bisbarra agradécevos a vosa colaboración durante este ano que remata e deséxavos un Bo Nadal e un Próspero Aninovo para vós e para a lingua!
Que o 2012 traia esperanza e feitos para a lingua de noso!
Parabéns a tod@s compañeir@s!
mércores, 21 de decembro de 2011
FELICITACIÓN GAÑADORA DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA CONSELLERÍA
A Secretaría Xeral de Política Lingüística con intención de favorecer o uso do galego nas mensaxes de felicitación de Nadal nos novos formatos e a través das novas tecnoloxías, así como de crear un corpo de presentacións de Nadal en galego para difundir na Rede entre o público xeral, pon á vosa disposición os seguintes recursos:
- Galería de presentacións de Nadal. Na ligazón que abaixo indicamos, podedes atopar os traballos gañadores e outros seleccionados que tamén participaron no Concurso de presentacións electrónicas de Nadal.
- Espazo con postais en galego. Este espazo, ademais de ofrecer diferentes modelos de postais, contén unha aplicación que permite felicitar directamente a través da Rede. Recoméndase utilizalas con correos xenéricos, non corporativos e podedes acceder indo á seguinte ligazón:
Aproveitamos tamén para desexarvos unhas felices festas coa presentación gañadora do concurso deste ano.
Bo Nadal!
No enlace que vén ou clicando no título do post podedes ver o ppt da postal gañadora.
http://dl.dropbox.com/u/22728933/postal%20nadal_ganhador_6infantil.ppt
venres, 16 de decembro de 2011
INFORMACIÓN SOBRE MATERIAIS NO WEB DO SNL DA CONSELLERÍA
20 ANIVERSARIO DOS EDLG
Este ano celébrase o vixésimo aniversario da creación, en todos os centros educativos de primaria e secundaria de Galicia, dos actuais equipos de dinamización da lingua galega. O amplo traballo realizado polos equipos durante estas dúas décadas permitiu alcanzar dous obxectivos fundamentais: por unha banda, promover unha imaxe positiva do galego e, por outra, favorecer a visibilización
e o uso do idioma nas actividades
do centro. Por este motivo,
a Secretaría Xeral de Política
Lingüística quere celebrar os
seus 20 anos de existencia, de ilusión
e de esforzo compartido mediante
dúas iniciativas. En primeiro lugar, unha exposición de revistas escolares elaboradas polos equipos desde o inicio da súa andaina, que pode visitarse do 15 de decembro 2011 ao 15 de marzo de 2012 no Museo Pedagóxico de Galicia (achegamos o díptico como documento adxunto). En segundo lugar, a conmemoración deste aniversario complétase cunha mostra virtual de 20 experiencias dinamizadoras, entre as que se atopan diversas propostas actuais para todas as etapas educativas. A través destas dúas iniciativas convidámosvos a celebrar conxuntamente o aniversario dos equipos e a homenaxe ao seu traballo.

Podedes acceder á mostra virtual a máis información sobre exposición de revistas dixitais na seguinte ligazón:
NOVOS MATERIAIS NO WEB
Ademais das actuacións que conmemoran o aniversario dos EDLG, a SXPL vén de publicar no espazo web outras iniciativas elaboradas polos EDLG durante o curso 2010-11. Achegamos en enlace adxunto máis información e as ligazóns para que poidades acceder.
Parabéns a todos/as!
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Gabinete Provincial de Normalización Lingüística
Rúa Fernández Ladreda nº 43, 8º andar
CP 36003.
Pontevedra
sxpl.pontevedra@xunta.es
ENLACE DE MATERIAIS E LIGAZÓNS ( CDEDLG de VIGO)
http://dl.dropbox.com/u/22728933/aviso%20dos%20materiais%20colgados%20na%20primeira%20quenda.doc
UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE O NADAL
Aquí vos deixamos unha unidade didáctica sobre o Nadal a proposta do SNL do Concello de Vigo.
Hai cantigas, pasatempos, contos e outras actividades para entreter ao alumnado nestas datas de lecer, tanto nas aulas como na casa se enlazades a Unidade aos vosos blogues.
http://dl.dropbox.com/u/22728933/unidade_didactica_nadal.pdf

xoves, 15 de decembro de 2011
II PREMIO APALPADOR
Este ano convócase de novo o " Premio Apalpador" para escolares, con algunhas variantes con respecto ao ano anterior, para máis información accedede á páxina " O sitio web do Apalpador". http://www.apalpador.com/?q=user
ACTIVIDADES DE NADAL
Esta fin de semana o SNL do Concello de Vigo oferta actividades para @s máis cativ@s nas que ocupar o tempo de lecer, estas son:
" Polo correo do vento" o venres 16 ás 18/00 h en Gran Vía de Vigo.
" Antón, o Apalpador" o sábado 17 ás 12/00 h na Biblioteca Central de Vigo
" Polo correo do vento" o domingo 18 ás 17/00 h en " Detrás do Marco".
Podedes ver os cartaces nos seguintes enderezos:
http://dl.dropbox.com/u/22728933/CC_gran_via_polocorreodovento.pdf
http://dl.dropbox.com/u/22728933/cartel%20_AOA%20_bibliotecacentral.pdf
http://dl.dropbox.com/u/22728933/detras_do_marco_polocorreodovento.pdf
Ademais clicando no título podedes acceder a tódalas actividades ofertadas para este Nadal.

sábado, 10 de decembro de 2011
FELICITACIÓNS DE NADAL
Prezados/as compañeiros/as,
Lembrámosvos que un ano máis poñemos á vosa disposición un espazo web para recoller as felicitacións elaboradas polo alumnado . As postais, unha vez dixitalizadas, poden ser enviadas a través da nosa propia páxina e dun modo moi sinxelo polos propios nenos e nenas, as súas familias e os docentes á dirección de correo electrónico que desexen. O prazo de recepción de postais segue aberto ata o 19 de decembro. Nos documentos anexos remitimos as instrucións e un modelo de autorización para podermos subir á rede os traballos do alumnado: http://www.coordinadoraendl.org/nadal2011/index11.php . Así mesmo, grazas á vosa colaboración acabamos de actualizar o monográfico especial Nadal 2011 con novos recursos didácticos para traballardes esta celebración nas aulas. Agardamos seguir completándoo coas vosas achegas e pedímosvos que nos axudedes a difundir esta iniciativa nos vosos centros e o voso contorno.
Saúdos normalizadores e moitas grazas por todo
Coordinadora Galega de ENDL
MODELO DE AUTORIZACIÓN
http://dl.dropbox.com/u/22728933/modelo%20autorizaci%C3%B3n%20postais.doc
xoves, 8 de decembro de 2011
martes, 6 de decembro de 2011
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede
Durante a segunda quincena de novembro desenvolveuse no Centro Autonómico de Formación e Innovación da Consellaría de Educación o curso “Competencia comunicativa e dixital nas áreas de Lingua”, dirixido ao profesorado de lingua galega e castelá co obxectivo de reflexionar sobre a integración das TIC no desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística nas aulas de linguas a partir do coñecemento dalgunhas experiencias, dunha boa escolma de boas prácticas, de secuencias didácticas de traballo co alumnado e de determinadas ferramentas. Foi unha mágoa non asistir como alumno aos relatorios de compañeiros e compañeiras aos que sigo como Rosa Salgueiro, Luciano Fernández ou Loly Lago, alma mater do imprescindíbel O Segrel do Penedo, mais a través da Aula Virtual do CAFI podemos acceder aos seus materiais.
ROMÁN LANDÍN
TEATRO XOANIÑA
Este ano propoñémosvos "Os Horacios e os Curiacios" adaptación da obra Bertolt Brecht e dirixida por Xerpo Cultural.
A cita será o 10 de Decembro as 18:00 horas no Auditorio de Salceda de Caselas e a recadación da venda de entradas será entregada á ONG Shanga India, quen leva traballando dende hai moitos anos en diferentes proxectos na India.
Unha tarde de teatro, cos máis pequenos...e non tan pequenos, de divertimento e risas.

Sempre gracias pola vosa colaboración e interés en todo o que facemos.....
Saúdos
E.I.Xoaniña
PUBLICACIÓN DE UNIDADES DIDÁCTICAS
Velaquí as unidades didácticas froito do Obradoiro de elaboración de unidades didácticas, publicadas polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, dependente da Vicerreitoría de Cultura, descargables en formato .pdf
- Ciencias experimentais
- Ciencias da saúde
- Ciencias sociais e xurídicas
- Ensinanzas técnicas
- Humanidades
domingo, 4 de decembro de 2011
CANTIGAS MEDIEVAIS GALEGO-PORTUGUESAS
Aquí vos deixamos unha páxina coas Cantigas galego-portuguesas: autores, cantigas, manuscritos, musica, cantigas musicadas... para traballar nas aulas.
xoves, 1 de decembro de 2011
POR QUE É BO APRENDER GALEGO?
ENLACE PARA ACCEDER Ó TRÍPTICO PUBLICADO POLA EOI DE PONTEVEDRA
http://www.blogoteca.com/galefas/index.php?cod=106797
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)