A Concellería de NL, a través
do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha
actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Obradoiros literarios
Proxecto Vigo Literario
Vigo tivo e ten unha presenza destacada na
literatura galega e na literatura noutras linguas. A cidade foi, e ségueo a
ser, referida nas páxinas do mellor da nosa literatura. Na obra de escritores e
escritoras como Cunqueiro, Méndez Ferrín, Domingo Villar, Cid Cabido, M.ª Xosé
Queizán, Rexina Vega, Vigo adquire, como territorio narrativo, un valor propio.
Houbo tamén autores noutras linguas como Torrente Ballester, Jules Verne, Ernest Heminway, Fialho de Almeida que
narraron Vigo.
O proxecto Vigo e Literatura pretende mostrar
Vigo como espazo literario e como recurso educativo. Entendemos que un proxecto
destas características pode servir para facer visíbel a obra de autores e
autoras galegos, que non sempre atopan espazo nos medios de comunicación
social. Este proxecto debe servir, tamén, para dar a coñecer a propia cidade e
a súa historia aos seus habitantes, os vigueses e as viguesas.
O obradoiro inclúe unha breve introdución centrada na
presenza de Vigo na literatura galega e outras literaturas, como a española,
portuguesa, inglesa. Trataranse cuestións como a evolución urbana e social da
cidade, como nos ollan desde fóra.
Haberá unha outra parte do obradoiro cunha dinámica
participativa. Valéndonos de fragmentos de obras literarias de diferentes
épocas, e que teñan como marco diferentes espazos de Vigo, trataremos de que o
alumnado sexa quen de os identificar sobre cartografía e imaxes da cidade.
Utilizaríamos ferramentas dixitais para a confección de mapas interactivos,
como Ikimap.
Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de 3.º, 4.º ESO e 1.º, 2.º Bacharaleto
Lugar de realización da
actividade: no propio centro de
ensino
Necesidades técnicas da
actividade: aula de informática,
proxector de vídeo
Para calquera dúbida sobre o
desenvolvemento da actividade poden consultar con Paulo Jablonski 666 93
43 47
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 4 de novembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org a partir das
9:30 e até as 14:00
Amais: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos
centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso
escolar.
Solicitude de
participación na actividade:
Obradoiros literarios Proxecto Vigo Literario
para 3.º, 4.º ESO e 1.º, 2.º Bacharaleto
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 4 de novembro
a partir das 9:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 25
Hai que indicar a preferencia (de 1 a 18) para a
participación na actividade.
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
_____ 14 novembro (luns) 9:30 _____ 18 novembro
(venres) 12:30
_____ 14 novembro (luns) 12:30 _____ 21 novembro
(luns) 9:30
_____ 15 novembro (martes) 9:30 _____ 21 novembro (luns)
12:30
_____ 15 novembro (martes) 12:30 _____ 22 novembro (martes)
9:30
_____ 16 novembro (mércores) 9:30 _____ 22 novembro (martes)
12:30
_____ 16 novembro (mércores) 12:30 _____ 23 novembro (mércores)
9:30
_____ 17 novembro (xoves) 9:30 _____ 23 novembro
(mércores) 12:30
_____ 17 novembro (xoves) 12:30 _____ 24 novembro (xoves)
9:30
_____ 18 novembro (venres) 9:30 _____ 24 novembro (xoves)
12:30
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario