mércores, 26 de outubro de 2016

ELABORACIÓN DE SACOS AROMÁTICOS, 3º E 4º DE PRIMARIA

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Obradoiro ciencias: Elaboración de sacos aromáticos


A través da exposición de dez plantas aromáticas falaremos das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes...
No obradoiro, o alumnado realizará sacos de olor con diferentes herbas que levarán para a súas casas.

Duración: 1 hora

Dirixido a: alumnado de 3.º e 4.º de primaria

Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino.

Para calquera dúbida sobre este actividade, poden poñerse en contacto con Marcelo Rodríguez 686 99 87 06


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 3 de novembro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 3 de novembro a partir das 9:30 e até as 14:00


Amais: os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.



Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81 / Fax: 986 22 06 78
Correo: ofi.normalizacion@vigo.org / http://snl.vigo.org / facebook: vigo en galego
Solicitude de participación na actividade:
Elaboración de sacos aromáticos para 3.ºe 4.º de primaria


Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 3 de novembro a partir das 9:30 e até as 14:00


Importante:   non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (é obrigatorio cubrir todos os campos).


DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono: ____________________________

Número máximo de participantes nun grupo: 30

Hai que indicar a preferencia (de 1 a 8) para a participación na actividade:

Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.

______ 15 novembro (martes) 9:30                     ______ 17 novembro (xoves) 9:30
______ 15 novembro (martes) 12:00                   ______ 17 novembro (xoves) 12:00
______ 16 novembro (mércores) 9:30                 ______ 18 novembro (venres) 9:30
______ 16 novembro (mércores) 12:00               ______ 18 novembro (venres) 12:00

Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
class=MsoNormal style='margin-left:88.5pt;text-indent:-88.5pt'>Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario