Bases
1. Aspectos xerais: IV convocatoria do Concurso
de Fotografía convocado polo Museo Liste de Vigo co gallo da celebración do Día
Internacional dos Museos, co que se pretende fomentar o coñecemento e a
creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados
aspectos históricos e etnográficos da nosa cidade.
As fotografías a concurso serán valoradas atendendo, principalmente,
a tres criterios:
-
Estético: valorarase a beleza da
fotografía e a sensibilidade á hora de recoller certos aspectos que
singularicen e dignifiquen o elemento fotografado.
- Técnico:
valoraranse aspectos puramente asociados á técnica desta arte.
- Documental:
valorarase que as fotografías presentadas acaden o valor de documento gráfico
como forma de recoller e difundir coñecemento.
2. Temática: “Arquitectura da cidade de Vigo”.
O tema proposto para este ano ten a intención de recoller testemuñas
arquitectónicas cos máis diversos criterios. Os participantes poderán atender a
calquera aspecto arquitectónico que consideren: edificios de estilos
determinados, restauracións ou rehabilitacións, feismo arquitectónico,
urbanismo, arquitectura popular e construcións adxectivas, …
Os elementos fotografados deberán estar presentes a día de hoxe na
cidade. Han de ser fotografías actuais realizadas ex profeso para o concurso. É
imprescindible que xunto cos datos do participante aparezan identificados coa
súa localización os elementos fotografados.
3. Participantes e
número de obras: poderá participar todo aquel que o
desexe con un número máximo de tres fotografías, se ben nunca recaerán dous premios
no mesmo participante.
4. Categorías: establécense dúas
categorías de participación: 1º categoría: participantes ata 18 anos.
2º categoría: participantes a partir dos 18 anos.
5. Premios: establécense
3 premios por categoría. Os autores das obras gañadoras recibirán unha figura
conmemorativa e a exposición da súa obra durante un período de 15 días na sede da Fundación Liste
- Museo Etnográfico de Vigo.
Aínda que o concurso
convócase co gallo do Día Internacional dos Museos, a entrega de premios e a
inauguración da exposición das fotografías premiadas realizarase o día 17 de
maio, “Día das Letras Galegas” a partir das 12:30 h. na sede do Museo por ser festivo
na nosa Comunidade.
6. Presentación das
obras, identificación e envío: As fotografías serán
enviadas por correo electrónico en arquivos axuntos de xeito individual (un
arquivo por fotografía). O seu tamaño deberá ser de 2362 x 3543 píxeles, ou ben
20 x 30 cm. cunha resolución mínima de 300 puntos por polgada e en formato
jpeg. Non se admitirán fotomontaxes.
As fotografías serán enviadas en arquivo axunto cuxo nome será o
título da mesma, mentres que no texto da mensaxe especificaranse os datos do
participante que deberán incluír: categoría na que participan (idade se é menor
de idade); nome e apelidos do concursante; dirección postal (domicilio, código
postal, poboación, provincia); dirección de correo electrónico e teléfono de
contacto; título da foto e lugar de realización da mesma.
O enderezo de envío é: didactica@museoliste.org. Será enviado correo de
confirmación de recepción.
Todas as obras presentadas deberán ser orixinais, inéditas e non
premiadas con anterioridade en ningún concurso.
É imprescindible o cumprimento das devanditas bases.
7.
Prazo
de admisión das obras: ata o 25 de abril de 2017.
8. Selección de obras,
xurado e fallo: o xurado encargado de seleccionar as obras gañadoras
estará formado por expertos en fotografía, membros do padroado da Fundación
Liste e persoal técnico do Museo. O
fallo do xurado será comunicado aos gañadores vía telefónica e publicado na
páxina web do Museo e en prensa a partir do 12 de maio de 2016.
9. Outros:
- Cesión
dos dereitos de reprodución das fotografías gañadoras sempre que se mencione o autor e teña como fin a
divulgación e promoción cultural e, en calquera caso, sen ningún tipo de
beneficio económico.
- Os
autores responsabilizaranse da autoría e orixinalidade das obras presentadas
así como de que non existan dereitos de terceiros sobre as mesmas e de calquera
reclamación que por dereitos de imaxe puidera formularse.
- O feito de
participar implica a aceptación íntegra das presentes bases.
- En
todo aquilo non previsto nestas bases, a Fundación Liste - Museo Etnográfico de
Vigo resolverá o que proceda.
10. Información: a
través dos teléfonos 986244698 ou 986236767 e a través do enderezo didactica@museoliste.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario