xoves, 9 de maio de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

A CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina web monográfica sobre Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013:
Este especial compila recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo, institucións, asociacións, etc. Con esta páxina pretendemos facilitar un ano máis o voso labor nos centros educativos; por iso, agarda polos vosos traballos, ideas e experiencias para partillar co resto do profesorado e as familias: correo@coordinadoraendl.org.
Co mesmo obxectivo, comprácenos darvos a coñecer o proxecto Enredamos, unha compilación moi completa de xogos populares organizada segundo unha clasificación moi clara a través de fichas descritivas, vídeos-demostración, ligazóns, etc.: http://enredoscampolongo.blogspot.com.es. O traballo está coordinado polo mestre Antonio Ferrer Moreira (CEIP Campolongo – Pontevedra) e podedes colaborar nel dirixíndovos a enredoscampolongo@gmail.com.
Dende a CGENDL animámosvos a participar nestas iniciativas e nesta rede colaborativa que construímos entre todos/as co voso traballo e o voso compromiso coa lingua e a formación do noso alumnado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario