sábado, 25 de febreiro de 2012

Edición do libro dos 20 anos dos equipos de Normalización

Estimados/as amigos/as:
Como ben sabedes, no ano 2011 os ENDL celebramos 20 anos con Agustín Ferńadez Paz, e outros inciadores no labor de normalización lingüística no ensino alá polos anos 70, no mes de xuño nun acto que tivo lugar no Museo do Pobo Galego ( http :// www . coordinadoraendl . org / vinteanos / index . php ).
Desde a CGENDL pensamos que era moi necesario recoller graficamente todo o que se dixo ese día porque se non ninguén o ía facer e quedaría esquecido. É por iso que lle pedimos a todos os relatores desa xornada que puxesen negro sobre branco a súa intervención para elaborar un libro e complementalo cun anexos onde se recolle moito material normalizador desde hai décadas que estaría destinado a desparecer. (Anexámosvos un o índice e algúns anexos).
Agora temos o libro maquetado e só falta o financiamento para ediltalo. Como sabedes, a Coordinadora de ENDL é unha asociación sen ánimo de lucro, baseada no voluntarismo, que non dispón de fondos económicos. Por ese motivo é polo que recorremos a vós:
Precísanse 1500 euros para financiar a edición do libro e nós facemos unha proposta de colaboración económica aos/ás docentes para sufragar a edición:
Que vos pedimos?
- Colaboracións económicas de mínimo 20 euros
Que recibides a cambio?
- Un exemplar do libro.
- O recoñecemento nunha páxina final do propio libro baixo o epígrafe: “PERSOAS QUE COA SÚA COLABORACIÓN ECONÓMICA CONTRIBUÍRON Á EDICiÓN DESTE LIBRO”.
Quen pode colaborar?
- Principalmente docentes do ensino galego ou persoas interesadas
- A colaboración será sempre nominal e nunca a nome de centros educativos ou equipos de normalización.
Como colaboro?
Envíanos un correo cos teus datos persoais (nome e apelidos, teléfono e enderezo postal) a correo @ coordinadora . es e porémonos en contacto contigo.
Por favor, difunde esta información entre todas as persoas que pensas que poden colaborar.
Datas:
- Até o 16  de marzo.

Moitísimas grazas
Saúdos dinamizadores
CGENDL

Ningún comentario:

Publicar un comentario