A CDEDLG de Vigo e Bisbarra súmase a esta iniciativa de " Polo correo do vento".
Bo día, convidámosvos a participar na campaña #Propónunhamuller dirixida á Real Academia Galega para que sexa unha muller á que lle dediquemos o Día das Letras Galegas de 2018.
É moi sinxelo, vía correo electrónico, redes sociais, correo postal... como queirades, propoñede unha muller!
Hai moitas máis, pero nós propoñemos as seguintes:
Avelina Valladares
Belén Feliú
Clara Corral Aller
Filomena Dato
Luísa Villalta
María de los Ángeles Tobío
María Victoria Moreno
Pura Vázquez
Xela Arias
Xosefa Iglesias Vilarelle
Moitas grazas!
Enrique Mauricio e Carlos Taboada.
Polo Correo do Vento
http://www.polocorreodovento.gal/
Ningún comentario:
Publicar un comentario