mércores, 14 de setembro de 2011

GALIZA CO GALEGO

Se vos queredes unir a esta iniciativa aí vos deixamos a páxina e a información, máis unha breve definición do proxecto.

Definición da : Rede popular de ensino en galego

Estará composta por un conxunto de instalacións de ensino de tódolos niveis e modalidades que teñan como obxectivo a transmisión de coñecementos científicos e útiles para a formación integral da persoa e que a lingua vehicular (lingua franca), a do ensino sexa o galego.
Que a formación da persoa sexa realizada con criterios de pluralismo, respecto, tolerancia, diversidade, fora de toda influencia relixiosa (laico).
O conxunto das escolas (da rede popular) estará ao servizo do Pobo de Galiza, para poder ser usada por tódolos seus habitantes, será universal, e para todas aquelas persoas que desexen recibir unha educación en lingua galega.
A rede popular e cada unha das escolas, será privada, sendo os seus propietarios os seus usuarios e impulsores, correspondendo á comunidade escolar no seu conxunto a xestión educativa de cada centro e a participación no global da rede.
A rede manterá a súa independencia dos poderes políticos, a pesar das axudas que por lei lle puideran corresponder e desempeñarán a súa función para acadar os máximos resultados de competencia dos seus alumnos/as equiparables a nivel europeo, conforme ao establecido na lexislación educativa vixente.
En adíante e para evitar calquera interpretación que dificulte o seu contido a Rede popular galega privada de ensino en galego, pasará a denominarse:
Rede popular de ensino en galego.

http://limiargalego.blogspot.com/p/ano-2011-do-ensino-en-galego-apoian-as.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario