luns, 26 de setembro de 2011

PRESENTACIÓN DO NOVO CURSO: CGENDL

Prezados/as amigos/as,

O curso comenza a súa andaina e con el empezamos tamén a mandarvos os primeiros correos. Neste caso para dúas cuestións de organización.

1.- Programacións . A CGENDL quere prestar a súa axuda na elaboración da programación dos Equipos de Normalización. Para iso, enviarémosvos nos próximos días a proposta anual de actividadesque poden ser de interese para incluír nas vosas programacións, aprobada no Consello Zonal da Coordinadora.

2. Actualización de datos. Nesta altura procedemos a actualizar a adscrición de coordinadores/as dos equipos e de docentes colaboradores/as:
- Aquelas persoas que deixan a coordinación teñen que enviar un correo de confirmación indicando se seguen traballando no mesmo ou noutro centro.
- Aquelas persoas que pasan a ser coordinadoras dun equipo neste curso deben cubrir o formulario: http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=arqweb/coordinadora/coorequipos.php
Saúdos normalizadores
CGENDL

Ningún comentario:

Publicar un comentario