xoves, 3 de marzo de 2016

BIBLIOTECAS VIVENTES: GRANDES TESOUROS


A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de
Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.
- Bibliotecas Viventes “Grandes tesouros”
Unha Biblioteca Vivente é unha biblioteca na que os libros son persoas; persoas con
historias singulares, coñecementos e experiencias sobranceiras en determinados
campos. A intención desta actividade, desta Biblioteca Vivente, é evidenciar a existencia
de prexuízos lingüísticos para poder rachar con eles, dignificar a nosa lingua e fomentar
o seu uso entre a mocidade. O catálogo de libros-persoa está artellado en tres
apartados: neofalantes, galegos/as convencidos/as e tesouros vivos.
Datas: 30 (mércores) e 31 (xoves) de marzo
Horario: hai que escoller un horario, 1 sesión por centro de ensino
de 10:00 a 11:40
de 12:00 a 13:40
Dirixido a: alumnado 4.º ESO e Bacharelato
Número de participantes: máximo 72 en cada sesión
Lugar de realización da actividade: no Verbum (avda. Samil, 17).
O transporte do alumnado ao Verbum vai pola conta do centro escolar
Os datos que se van pedir cando chamen por teléfono para solicitar a actividade son:
1.- número exacto de alumnos/as
2.- centro escolar
3.- persoa de contacto para esta actividade e correo electrónico desta persoa de
contacto
4.- teléfono de contacto. Por mor da premura nas datas, por favor se se pode dar un
tfno. persoal e non do centro, agradecémolo. Así evitamos chamadas aos centros e
axilizamos a reserva das “lecturas”
Para solicitar a actividade é necesario que chamen ao
teléfono 986 81 02 81 os días 10 (xoves), 11 (venres) de marzo
de 13:00 a 14:00

Ningún comentario:

Publicar un comentario