mércores, 14 de xaneiro de 2015

Acordo sobre a adxudicación das actividades programadas polo SNL

Na reunión de equipos de dinamización e normalización lingüística que tivo lugar o pasado martes 13 de xaneiro de 2015, acordouse o seguinte verbo da adxudicación das actividades programadas polo SNL.

"Os centros que asisten ás xuntanzas de coordinación e solicitan as actividades conforme co horario establecido o primeiro día de solicitude, terán PREFERENCIA sobre o resto dos centros á hora de se adxudicaren as actividades".

Acordo que se fai efectivo dende o día de hoxe, 14 de xaneiro de 2015.

Marta Souto González
Técnica de Normalización Lingüística

Ningún comentario:

Publicar un comentario