martes, 6 de marzo de 2018

OBRADOIRO: CONTAMINACIÓN LUMINOSA"

O EDL da EOI de Vigo organiza un obradoiro sobre  "Contaminación luminosa" , o Xoves, 15 de Marzo ás 20 h.  Aula S1.

Presenta: Calidade do Ceo Nocturo
Ademáis haberá, a partir do 5 de marzo, unha exposición de Telescopios no vestíbulo da EOI . 

O obxectivo xeral do obradoiro é capacitar aos asistentes para criticar e valorar calquera tipo de iluminación artificial noctura dando as ferramentas necesarias para coñecer as consecuencias que os diferentes tipos de luz teñen na contorna na que se instalan. 
No obradoiro aprenderemos a diferenciar a mala e a boa iluminación, por que as temperaturas de cor son importantes, que cambios e consecuencias supuxo a tecnoloxía LED e a súa instalación desenfreada; falaremos de diferentes estudos científicos en materias diversas como economía, delincuencia, bioloxía, saúde, seguridade vial, medio ambiente, entre outros, e descubriremos como medir e interpretar resultados de contaminación luminosa para poder mergullar nesta problemática sen perdernos.
O desenvolvemento do obradoiro farase con exemplos reais, con xogos e favorecendo a participación dos asistentes.


Aforo limitado. 
Inscricións: 
  • na conserxería da EOI de Vigo,
  • no enderezo electrónico: eoi.vigo.edl@gmail.com ou 
  • no teléfono: 986260210

Ningún comentario:

Publicar un comentario