xoves, 16 de decembro de 2010

CONCURSO DE SMS DE FELICITACIÓN

A iniciativa procura dinamizar o galego nun ámbito do que o noso alumnado é coñecedor e usuario, o das novas tecnoloxías, nunhas datas nas que os SMS van encher os móbiles dos mozos e mozas con felicitacións preelaboradas que saltan de aparello en aparello. Para que a lingua tamén navegue pola rede e chegue a todo o mundo a través da creación de SMS, animámosvos a que difundades, en tan só 5 minutos, entre o voso alumnado esta proposta (anexamos o cartaz da actividade). Como poden participar?
  • Trátase de recoller e difundir na páxina da coordinadora os SMS que cree o noso alumnado para felicitar o Nadal e o Aninovo.
  • Procurarase que as mensaxes SMS, ademais de seren en galego, sexan orixinais e creativas, que a innovación e o enxeño conquisten os móbiles e a rede.
  • O alumnado cumprimentará o formulario (sobrenome/nick, idade, centro educativo, localidade, provincia, e-mail e o espazo reservado para o seu SMS).
  • Na páxina disporán dun dicionario galego de SMS, ao que poderán achegar novos termos SMS co seu significado, contribuíndo así a enriquecer esta ferramenta.
  • Para dinamizar a actividade, os usuarios da páxina poderán votar as súas mensaxes preferidas ata o 2 de xaneiro. Os 3 SMS máis votados recibirán cadanseu lote de agasallos.
Agardamos que estas propostas sexan do voso interese e pedímosvos a vosa colaboración para achegar novos recursos e difundir as actividades nos vosos centros (aulas, taboleiros, blogues, redes sociais, etc.).

Ningún comentario:

Publicar un comentario