O Grupo de Teatro de Xoaniña ( integrado por nais, pais e profes de Xoaniña) ten o pracer de anunciar a súa próxima función.
Será o vindeiro Sábado 18 de Decembro ás 6 da tarde no Auditorio de Salceda, con
“A CABEZA DO DRAGÓN", unha adaptación da obra do mesmo título de Ramón María del Valle-Inclán, e que dirixe Irene Moreira.
Toda a recadación obtida coa venda de entradas será doada íntegramente a Shanga India, unha ONG que traballa e leva a cabo varios proxectos na India http://www.shangaindia.org/
O precio será de 2 euros para os adultos e 1 euro para os nenos/as.
Unha agradable tarde de teatro e risas polo Nadal cos máis pequenos (pero tamén avós, tíos, curmáns, amigos….)
Pero sobre todo unha pequena contribución a este proxecto que ten como obxectivo a escolarización dos nenos dunha rexión da India que está illada e non conta con ningún tipo de axuda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario