O pasado venres 5 de novembro na Casa Galega da Cultura tivo lugar o acto de presentación en Vigo do libro ESTUDOS XURÍDICOS SOBRE O DECRETO PARA O PLURILINGÜISMO (Laiovento, 2010) coordinado por Luís Villares Naveira, Xuíz de Primeira Instancia e Instrución de A Fonsagrada e portavoz en Galiza de Xuíces para a Democracia.
O acto estivo organizado por Queremos Galego , a MESA pola Normalización Lingüística , o Área de NL da Universidade de Vigo , a Coordinadora de EDLG de Vigo e bisbarra e Edicións Laiovento. Na antedita presentación participaron tamén Alba Nogueira ( profesora de Dereito Administrativo da USC) e Héctor López de Castro ( avogado).
Os dicentes explicaron a ilegalidade do Decreto e argumentaron a súa explicación situando as políticas de normalización lingüística no marco lexislativo actual, sinalando, como a xurisprudencia existente xustifica o ensino en lingua galega, así mesmo, demostran que o Decreto para o Plurilingüismo é contrario a leis e tratados de ámbito internacional, estatal e autonómico, fundamentalmente, a Carta Europea da Linguas Rexionais e Minoritarias e a Lei de Normalización Lingüísitica, sen esquecer a Lei Orgánica da Educación, o Estatuto de Autonomía e a Constitución Española, normas de rango superior que se deben cumprir.
Para máis información premer no título do artigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario