sábado, 6 de novembro de 2010

O Magosto


O magosto é unha festa tradicional de Galicia e, con maiores ou menores similitudes, doutras zonas do norte e oeste da Península Ibérica (Babia, O Bierzo, La Cabrera, Laciana, Maragatería e Montaña de Riaño,, na provincia de León; Sanabria e Benavente e Os Valles.

Historia
Castañas asadas.

Desde o paleolítico o home alimentouse de castañas e landras. Coa expansión do cultivo de castaños polos romanos, o seu froito converteuse na base da alimentación da poboación, tanto como froito fresco, seco ou moído para facer fariña. No século XVI a chegada do millo e a pataca de América fixeron que as castañas perdesen o seu protagonismo na alimentación campesiña.
Hai varias teorías sobre a orixe do termo “ magosto” : Magnus Ustus (gran lume) ou Magum Ustum (resaltando o carácter máxico do lume).Tradicionalmente esta festa realizábase coa recolleita deste froito e servía tamén como agradecemento pola colleita recibida.
A festa
Nos días comprendidos entre o 1 de novembro (Todos os Santos) e o 11 de novembro (San Martín) (pode celebrarse, tamén en datas próximas), adoitase celebrar esta festa onde non faltan
as castañas asadas no lume, o viño novo e os chourizos.

Tixolo con castañas.
A festa consiste en realizar unha fogueira e, unha vez hai brasas, colócase sobre elas un cilindro metálico con furados na súa base, chamado “ tambor”  ou, nalgunhas zonas, tixolo. Sobre este recipiente, ou outro polo estilo, esténdense as castañas ás que previamente se lles realizou un corte nun extremo para que non salten ou exploten. Unha vez asadas pélanse e cómense. É común tisnarse a cara cos restos da fogueira, saltar as fogueiras, xa que trae sorte, así como realizar diferentes xogos tradicionais, contar contos e cantar cancións populares.
No caso de Ourense a festa celébrase coincidindo coa festividade do seu patrón, San Martín de Tours, o 11 de novembro. É costume estendido ir a un monte próximo (no caso da cidade un dos máis usados para este fin é o Monte Alegre) e acender unha fogueira na que se asarán a carne de porco, os chourizos e as castañas. Aproveitase a ocasión para a degustación do viño novo da colleita.

Festas irmás
Magusto
O magusto é a celebración da festa da castaña en Portugal. Nesta festa a xente faise bromas, mánchanse coas cinzas e cantan cancións. Realízase en datas festivas: no día de San Simón,
no Día de Todos os Santos ou no día de San Martín.
Na Aldeia Viçosa o "Magusto dá Velha" é unha tradición local. Leite de Vasconcelos consideraba ao magusto como o vestixio dun antigo sacrificio en honor dos mortos e refire que en Barqueiros era tradición preparar, a media noite, unha mesa con castañas para que os mortos da familia fosen a comer; ninguén máis tocaba as castañas porque se dicía que estaban “babadas dos defuntos ”.
A celebración do magusto está asociado a unha lenda que dicía que un soldado romano, ao pasar dacabalo viu un mendigo case ispo, como non tiña nada para darlle, cortou a súa capa pola metade coa súa espada; estaba un día chuvioso e dise que nese preciso momento parou de chover, de aí vén a expresión: "Verán de San Martín".

Ningún comentario:

Publicar un comentario