Editorial Galaxia acompáñate na
preparación do novo curso
|
|
|
|
|
|
Preparamos
o curso contigo, un ano máis
Editorial Galaxia quere acompañarte nesta fin de curso,
axudándoche enganchar o alumnado á lectura, de novo, o ano que ven.
Facémolo con boa
literatura, por suposto! Neste correo atoparás algunhas
das novas historias que acabamos de publicar e, tamén, algúns dos
libros máis lidos e queridos polo estudantado galego. Pero tamén nos
presta idear campañas
creativas para acompañar a lectura, na aula e fóra dela.
Por iso, ideamos con Os
Quinquilláns un novo proxecto teatral e literario
arredor de Cousas, de Castelao,
e continuamos co creado partir do Espantallo
Amigo de Xosé Neira Vilas, co que
xa gozaron 20.000 nenos e nenas das principais vilas de Galicia e que
no 2016 - 2017 pode chegar á túa.
|
|
|
Algunhas
novidades da colección Árbore
|
|
|
Teatro para
os máis pequenos da casa
|
|
|
O meu pesadelo favorito,
Libro do Ano 2016
|
|
|
|
Unha historia de extraterrestres, queixos con buracos que
non están baleiros e caixas de bicos inesquecibles, entre outros moitos
personaxes que aparecen e reaparecen dentro dun pesadelo que quizais é,
en realidade, un fermoso soño feliz. Un libro divertidísimo que as nosas
e os nosos pequenos lectores non van ser quen de deixar de ler dende a
primeira páxina.
A partir de 10 anos
184 páxinas
|
|
María Solar naceu e vive en Santiago de
Compostela. A súa actividade profesional sempre se centrou no xornalismo
e ten unha longa traxectoria en radio e televisión. Actualmente, presenta
A revista fin de
semana da TVG.
Como autora, céntrase no público infantil. Tamén dentro da colección
Árbore de Editorial Galaxia ten publicados A verdadedeira
historia da mosca da tele (a patir de 10 anos) e Vou ter un
irmán!!! (para primeiros lectores e lectoras).
|
|
Música e
literatura para os máis pequechos da casa
|
|
|
|
|
Anímaste a viaxar con el polo mundo adiante na procura
de ritmos do máis sorprendentes? Con música de primeira e unha
Paiopedia coa que vas alucinar!
|
|
|
Pirilampo e os poemas retranqueiros e festivos de
Manuel María. Unha combinación que é garantía de moitas horas de
diversión
|
|
|
|
|
Carmen Gil e Mamá Cabra únense para contar e cantar a
divertida historia de Discordia, unha bruxa que é feliz destruíndo a
paz.
|
|
|
Un novo achegamento, dende a música e a voz, a unha
das obras importantes de Manuel María.
|
|
|
|
|
Un traballo sorprendente que repasa moitos xéneros
musicais e que está cheo das vistosas ilustracións creadas pola
ilustradora Lidia V. Cardeiro
|
|
|
Dous grandes da música como Uxía e Magín van de visita
á casa dun grande da poesía como Manuel María e o cuco ponse a
cantar.
|
|
|
|
|
Materiais
didácticos inspiradores
Julia Fernández parte do seu labor
dentro da Pedagoxía Hospitalaria para contarnos Pequenas historias que nos axudan a
abordar a complicada mestura que nos nace dentro coas emocións
provocadas polo que nos vai pasando na vida.
|
|
|
|
|
|
|
A historia de xenerosidade ideada por
Xosé Neira Vilas está contada, na versión teatral de Lucho Penabade e
Tero Rodríguez, polos nenos que no seu día conseguiron superar a miseria
grazas á xenerosidade do espantallo amigo e que, xa convertidos en home e
muller, queren facer unha montaxe teatral que explique o sucedido.
Acompaña a representación teatral unha versión impresa ilustrada por
Xaquín Marín que o público leva consigo, para continuar os momentos de
risa e reflexión vividos no patio de butacas coa lectura demorada na
casa. O proxecto ofrece un traballo transversal que lles permite aos
espectadores-lectores comprender as relacións entre as distintas
linguaxes artísticas e que colleitou un grande interese entre o
profesorado galego.
|
|
O profesorado destacou a capacidade da
campaña para achegar o alumnado ao xénero teatral e á literatura e
considerárona moi útil para o desenvolvemento dun traballo previo e/ou
posterior na aula.
Para saber máis, bótalle un ollo a este vídeo resumo do espectáculo e contacta con nós. Contarémosche das
condicións e da dispoñibilidade.
|
|
Queres que os
teus alumnos e alumnas lean Cousas, de Castelao,
e asistan á adaptación teatral feita polos Quinquilláns?
Dende a
Editorial Galaxia propoñémosche unha campaña que ten como eixo
vertebrador Cousas,
unha das obras máis representativas de Alfonso Daniel
Rodríguez Castelao, e na que faremos converxer a literatura, as artes
escénicas e a plástica. Para ela, preparamos unha edición especial de Cousas,
a creación literaria máis orixinal que nos deixou o artista de Rianxo e
combinámola cunha montaxe
teatral realizada polos Quinquilláns Teatro. Emoción
e sentimento únense a un senso do humor extraordinario
facendo desta unha experiencia única.
|
|
|
A nosa
dirección é:
Editorial Galaxia
Avenida de
Madrid 44
Vigo, AL 36204
Spain
|
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario