As concellarías de Normalización Lingüística e Xuventude do Concello de Vigo están a desenvolver un VIDEOXOGO sobre a nosa cidade. Xogando esta aventura as rapazas e os rapaces poderán coñecer moitos feitos importantes da historia de Vigo, do noso patrimonio e da nosa lingua. Poden participar os estudantes de 2º ou 3º Ciclo de Primaria dalgún centro de ensino de Vigo.
Para poder xogar esta aventura se necesitan personaxes e pódese colaborar na súa creación participando no concurso de debuxo dos protagonistas do videoxogo.
Cada estudante participará na categoría do seu ciclo de estudos e poderá optar aos premios do mellor personaxe RAPAZA e mellor personaxe RAPAZ.
Para máis información preme neste enlace:
http://www.viaxeascovasdofolon.com/ViaxeasCovasdoFolon_BasesConcurso.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario