martes, 11 de xaneiro de 2011

TEATRO " FAHRENHEIT 451"



Verbum - Casa das Palabras, en coprodución con Limiar Teatro, presenta o vindeiro mes de febreiro o espectáculo teatral  VERBUM FAHRENHEIT, baseado na novela de Ray Bradbury " Fahrenheit 451" . O argumento xira ao redor de dous personaxes encarceados por cometer o delito de ler nunha sociedade na que bombeiros incendiarios queiman os libros prohibidos. En prisión estes homes perden a súa identidade en favor da dos libros aos que representan e que conseguen salvar mediante a súa transmisión oral.
O espectáculo, que conta con textos de Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Manuel Rivas, Pessoa, Amalia Rodrigues, Martín Codax, Álvaro Cunqueiro, Estíbaliz Espinosa ou Castelao, está acompañado de música en directo e unha posta en escea futurista, e procura a participación activa do público na mesma, que deixa de ser un mero espectador para converterse en verdadeiros homes-libro.

DESTINATARIOS. Alumnado de Secundaria e Bacharelato
DATAS. 1, 2, 3, 4, 8, 9, 10 e 11 de febreiro de 2011
HORARIOS. Sesións ás 10 e ás 12h
DURACIÓN. 60 min.
AFORAMENTO. 100 participantes por sesión
ENTRADA DE BALDE
INFORMACIÓN E RESERVAS. 637 123 656 (Candy)

Agardamos a vosa participación!


Ningún comentario:

Publicar un comentario